
Neste episodio, George, o noso Restoration Man, coñece a Gareth, un home decidido a non vivir nunha casa sen personalidade.
O Gareth e a sua muller Jill soñan ter unha casa única para viviren coa súa familia. Malia non ter experiencia previa na construcción, o Gareth non resiste a mercar unha antiga igrexa no Pembrokeshire, e planexa rehabilitar o abandonado edificio el mesmo para aforrar cartos.
Pode que sexa un edificio único, mais está rodeado por tumbas de centos de mortos e iso significa unha chea de formalidades. Ainda por riba, o pequeno orzamento forza a Gareth a atopar a meirande parte dos materiais a través de ebay.
Gorges ofrece una man para axudar co deseño e co estrés que supón para a familia o proceso da rehabilitación.
Despois do visto e prace das arqueólogas, Gareth pode seguir co seu traballo. Como non chegan os cartos, el mesmo fai o traballo especializado.
Gareth e Jill tentan seguir preceptos ecolóxicos, e así instalan un panel solar, unha bomba de aire quente e un sistema de recollida de augas pluviais. A igrexa quentará-se cunha estufa central que queima madeira e o illamento ha de ser esencial.
Malia a falta de experiencia do Gareth, remata a igrexa de maneira moi xeitosa. A cociña de planta aberta, a sala de estar e o comedor son espaciosos e luminosos, mentes que arriba o luxoso baño e as ocorrentes habitacións aproveitan ao máximo as fiestras orixinais da igrexa e a súa estructura de madeira.
As canções que você fez pra mim "The Housemartins - Build"






































