
Coñecido no mundo enteiro polos seus
magníficos xardíns, o castelo de
Sussinghurst no condado de Kent foi a morada de Vita Sackville-West, poeta, xardineira e amante (tivo unhas 40 amantes, aparte do seu home).
No tempo da
Vita, Sissinghurst era unha casa familiar, aínda que fose un tanto
excéntrica. Trala súa morte pasou ao National Trust. Agora o seu neto Adam Nickleson e a súa muller Sarah Raven pretenden levar a cabo certos cambios.
Adam é da opinión de que o caracter agrícola da propiedade foi eliminado e quere rehabilitalo. Sarah mentres tanto soña con conseguir que o restaurante sexa auto-suficiente e se abasteza da colleita dos campos circundantes.
Contan con apoios - e tamén con algunhas resistencias - desde o principio para mudar o xeito con que o National Trust fai as cousas. Pronto fica claro que o seu retorno a
Sissinghurst pode que non sexa un leito de rosas.
As canções que você fez pra mim "
Kylie Minogue & Nick Cave - Where The Wild Roses Grow"