
O profesor de literatura inglesa John Mullan explora o exponencial incremento nas taxas de leitura que tivo lugar a mediados do século XVIII na Grande Bretaña, cando ler pasou de ser unha actividade de ricos ao pasatempo nacional de hoxe en día.
No 1695 unha pequena enmenda da constitución permitiu o abrollo de multiples publicacións, sen as que o país sería case irrecoñecible. Foi a época na que naceron as primeiras revistas e xornais, e quizais o máis importante, a novela.
Mullan lévanos desde as roucas
coffee houses, altamente politizadas, ata as primeiras bibliotecas de empréstamo, os espazos de socialización dos últimos anos do Setecentos; olla dentro do armario da lady do século XVIII (onde ela agochaba a súa novela); e celebra o heroi da revolucion leitora, o doutor Samuel Johnson.
As canções que você fez pra mim "
Peter Gabriel - The book of love"