quarta-feira, fevereiro 25, 2009

Non é o teu típico líder conservador


Too close to home.

As canções que você fez pra mim "Massive Attack - Teardrop"

domingo, fevereiro 22, 2009

Foi onte


O maior show da terra!

As canções que você fez pra mim "Fernanda Abreu - É hoje"

sábado, fevereiro 21, 2009

Gay panic defense


Produce vergonza que sete membros dun xurado na miña cidade concedan credibilidade á estratexía de defensa baseada no "medo ao gai", algo que non tragan nin na América profunda. Confiemos en que os recursos poñan fin a este escándalo.
Que atrasadiña está tanta xente!

As canções que você fez pra mim "Melissa Etheridge - Scarecrow"

De como a leitura conformou o mundo moderno


O profesor de literatura inglesa John Mullan explora o exponencial incremento nas taxas de leitura que tivo lugar a mediados do século XVIII na Grande Bretaña, cando ler pasou de ser unha actividade de ricos ao pasatempo nacional de hoxe en día.
No 1695 unha pequena enmenda da constitución permitiu o abrollo de multiples publicacións, sen as que o país sería case irrecoñecible. Foi a época na que naceron as primeiras revistas e xornais, e quizais o máis importante, a novela.
Mullan lévanos desde as roucas coffee houses, altamente politizadas, ata as primeiras bibliotecas de empréstamo, os espazos de socialización dos últimos anos do Setecentos; olla dentro do armario da lady do século XVIII (onde ela agochaba a súa novela); e celebra o heroi da revolucion leitora, o doutor Samuel Johnson.

As canções que você fez pra mim "Peter Gabriel - The book of love"

quarta-feira, fevereiro 18, 2009

It's only rock'n'roll, but I like it


'A los huevos tuyos' e o 'Antikaraoke': que comezo de semana!

As canções que você fez pra mim "The Rolling Stones - It's only rock'n'roll (but I like it)"

Autoestima


Como está el servicio! (que no ens parla en català).

As canções que você fez pra mim "Albert Pla - Violiaciò"

quinta-feira, fevereiro 12, 2009

Ler: There's more to life than books, you know, but not much more


A escritora de temas científicos Rita Carter conta a historia de como a moderna neurociencia está a revelar que ler (cousa que a meirande parte de nós dá por feito) é en realidade un poderoso proceso mental. Carter explica como clásicos coma "O Monte dos Vendavais" permiten nos introducir dentro doutras mentes, e comprender o mundo desde diferentes puntos de vista; e, asemade, pregúntase se a nova revolución dixital pode poñer en perigo os valores da leitura clásica.

As canções que você fez pra mim "The Smiths - Handsome devil"

segunda-feira, fevereiro 09, 2009

O Ghaghán de Melbourne


Con esas bonitas árbores.

As canções que você fez pra mim "Elis Regina, Jair Rodrigues & Elza Soares - Se Acaso Você Chegasse"

sábado, fevereiro 07, 2009

A orde de Orange


Mañá desfilan os unionistas, para provar que só é possível filosofar em alemão:
A língua é minha pátria
E eu não tenho pátria, tenho mátria
E quero frátria.


As canções que você fez pra mim "Caetano Veloso & Elza Soares - Língua"

A orixe das especies


Este documental conta a pouco coñecida historia de como Darwin chegou a escribir a súa grande obra mestra, Sobre a Orixe das Especies, un libro que explica a marabillosa variedade do mundo natural coma resultado da morte e da loita pola supervivencia.
Nos vinte anos que lle levou plasmar a súa brillante tese nun libro revolucionario, Darwin viviu un loita persoal tan turbulenta coma a da natureza que estudaba. Por fortuna, deixounos probas da súas investigacións, observacións da natureza e fondas expresións de amor e afecto por aquelas persoas que o rodeaban. Tamén deixou testemuña escrita das súas traxedias familiares, das súas doenzas e dos seus momentos de dúbida, a medida que traballaba na publicación do libro que había mudar o xeito no que ollamos o mundo.
A historia recolle as notas segredas e a correspondencia de Darwin, acompañadas de filmacións sobre a historia natural, poderosas imaxes da época e contribucións de biógrafas e cientistas contemporáneas.


As canções que você fez pra mim "Sandra de Sá, Alcione e Luciana Mello - Black Is Beautiful"

quarta-feira, fevereiro 04, 2009

A árbore da vida


Right here, right now.

As canções que você fez pra mim "Fatboy Slim - Right Here, Right Now"

terça-feira, fevereiro 03, 2009

Gothic Revival


..

As canções que você fez pra mim "The Creatures - Miss the girl"

Revolution won't be advertised


É simpatiquísimo o cacharro este!!

As canções que você fez pra mim "Gil Scott-Heron - The Revolution Will Not Be Televised"

segunda-feira, fevereiro 02, 2009

As candeias


Hoxe é a festa da miña parroquía, e xunto co resto da fachada atlántica europea celebrámos os primeiros sinais da primavera.
Entramentras, as nosas irmás negras...

As canções que você fez pra mim "Maria Bethania - Faixa de cetim"

sexta-feira, janeiro 30, 2009

O que Darwin descoñecía


O documental que conta a historia da teoría da evolución desque Darwin a postulara na "Orixe das Especies" no 1859.
A teoría da evolución grazas á selección natural é hoxe en día ortodoxía científica, pero cando foi enunciada por vez primeira causou unha inmensa controversia, desde o mesmo campo científico e por suposto desde o relixioso. Foi criticada polas poucas probas aportadas e pola excesiva extrapolación. Darwin, sendo o cientísta honesto que era, non tivo máis remedio que concordar. Sabía que a súa teoría estaba chea de "dificultades", pero confiou nas futuras xeracións para que estudaran o seu traballo e foran quen de probar a verdade esencia da súa visión, xusto o que a ciencia fixo nos últimos 150 anos.
O biólogo da Evolución Armand Marie Leroi repasa a viaxe científica que levou ao renacemento triunfante da teoría de Darwin. Argumenta que coa nova ciencia da bioloxía do desenvolvemento evolucionario (evo devo), é posible elevar a teoría ata un novo nivel - ir alén da explicación do que aconteceu no pasado e comezar a predicir como se podería evoluir no futuro.


As canções que você fez pra mim "The Creatures - Fury Eyes"

quarta-feira, janeiro 28, 2009

Manifestación orgánica da cretinización


"Nunha entrevista publicada póstumamente, o historiador Hugh Trevor-Roper laíabase da "americanización e cretinización" da Grande Bretaña, un fenómeno fomentado alegremente polo magnate da imprensa Robert Murdoch. Toda persoa que leve observando a Grande Bretaña nos últimos cincuenta anos sabe do que se fala, e toda persoa que vivira en Londres nos últimos vinte anos sabe que a capital é unha manifestación orgánica desa cretinización." A. N. Wilson en "London: A short History", 2005.

As canções que você fez pra mim "Millie Small - My boy lollypop"

segunda-feira, janeiro 26, 2009

Árbores deitadas


Foto de Adrián Loira
Na Alameda, na Ciutadella e nos Kew.

As canções que você fez pra mim "The Cure - A forest"

domingo, janeiro 25, 2009

Airiños da miña terra


Visitar Gallecs no medio do temporal.

As canções que você fez pra mim "Alaíde Costa - Insensatez"

sábado, janeiro 17, 2009

A música que mudou América


Imperialismo cultural, do mellor.

As canções que você fez pra mim "Smokey Robinson & The Miracles - The tears of a clown"

Non é doado ser verde


Que non se me escape o artigo sobre as potencialidades do minifundio.

As canções que você fez pra mim "Cocas - It's not easy being green"