
Teño dificultades para recordar cal era cada unha das seis grandes catedrais goticas que miramos nesta viaxe en Francia. Vou ter que facer unha taboa comparativa. Todas parécense moito no seu aspecto exterior. Penso que o mellor é intentar recordar as prazas ou edificios que as rodeaban. A de
Orléans precisamente foi destruida polos hugonotes no século XVI, e reconstruida despois en estilo supostamente gótico. Tiña unha gran praza peatonal diante da fachada principal, e a un dos lados estaba a oficina de turismo e polo outro unha moderna mediateca.
Noutra praza estaba a estatua ecuestre de Xoana de Arco, e polo centro da Rue Royale pasaban os tranvías, e polos lados os coches aos que lles baixaba unha barreira para que non se saltasen o semáforo cando a xente saída do tranvía cara aos soportais.
As canções que você fez pra mim "
Koxie - Garçons"