Collimos as bicicletas e miramos a catedral, pasamos por riba da entrada cuberta ao foro romano, fomos ata Porte Mars, baixamos polas Promenades ata o Cirque, e voltamos á autocaravana ao lado da Biblioteca Carnegie (parte do rico patrimonio art decó da cidade que tivo que ser reconstruida despois da 1a grande guerra).
O que non vimos foi Saint-Remi. Tocounos futebol e non puidemos cargar auga e electricidade porque parece ser que o poste de abastecemento estaba ao lado do estadio. Durmimos no aparcamento para autocaravanas á beira da autestrada na Comédie.
As canções que você fez pra mim "Les Rita Mitsouko - Alors c'est quoi?"




