sexta-feira, maio 30, 2008

Ferromodelismo


Adoro compartir aficións con Richard Channing e con Hermann Göring. Boys will be boys, better let them have their toys...

As canções que você fez pra mim "Chic - Good times"

L'Autruchienne


Receita pra sexta á noite: Comportarse coma a cadela austríaca e tentar esquecer.

As canções que você fez pra mim "Siouxsie & The Banshees - Hong Kong garden (strings intro)"

terça-feira, maio 27, 2008

Not meant to be


Fode.

As canções que você fez pra mim "The Doors - The end"

segunda-feira, maio 26, 2008

Queer as love


Como estou!

As canções que você fez pra mim "Love - Alone again or"

It's a very complicated situation, cousin Sonia


"Natasha, to love is to suffer. To avoid suffering, one must not love. But, then one suffers from not loving. Therefore, to love is to suffer, not to love is to suffer, to suffer is to suffer. To be happy is to love, to be happy, then, is to suffer, but suffering makes one unhappy, therefore, to be unhappy one must love, or love to suffer, or suffer from too much happiness, I hope you're getting this down."
("Nataxa, amar é sofrer. Para evitar sofrer, unha non debe amar. Pero, entón unha sofre porque non ama. Daquela, amar é sofrer, non amar é sofrer, sofrer é sofrer. Ser feliz é amar, ser feliz, entón, é sofrer, pero sofrer fai a unha infeliz, daquela, para ser infeliz unha ten que amar, ou amar sofrer, ou sofrer por mor de demasiada felicidade, espero que me sigas")

As canções que você fez pra mim "Minnie Ripperton - Les fleurs"

domingo, maio 25, 2008

O Grand Tour


A etapa alpina.

As canções que você fez pra mim "Caetano Veloso - Alegria, alegria"

O castelo de Monterrei


Derradeira etapa da viaxe. Dá peniña que estea case todo a cair, mais o conxunto é espectacular. O de sempre: que non farían os paises ricos e cultivados cunha riqueza patrimonial coma a nosa! Na subida ao castelo papoulas e rosas silvestres e na cabeça as rosas não falam, simplesmente as rosas exalam o perfume que roubam de ti...

As canções que você fez pra mim "Maria Bethânia - O quereres"

Lagoa de Sanabria


O noso lago glaciar, despois de termos visto tantos! Faltaba a neve nos cumios. Pra iso haberá que ir antes. E antes mete medo o tarde que chega a primavera ás duras terras fronteirizas do Tera.

As canções que você fez pra mim "Los Panchos - Basura"

Castela en primavera


Ese grande país europeo.

As canções que você fez pra mim "Gal Costa - Súa estupidez"

Soria


Camiños de ferro abandonados e deserto poboacional.

As canções que você fez pra mim "Maria Bethânia - Fera Ferida"

Béziers


As ramblas deberían ser coma o paseo Allées Paul-Riquet. Coincidiunos cun mercado de plantas e flores surtidísimo, o que falaba do amor pola xardineiría d*s languedoquin*s e do tempo e dos cartos que teñen.

As canções que você fez pra mim "Eurythmics - Love is a stranger"

Arles


As the flames rose to her roman nose, and her walkman started to melt .....

As canções que você fez pra mim "Rose Royce - Love Don't Live Here Anymore"

Briançon


A Valença do Minho dos Alpes cocios, unha das vilas máis altas en Europa, xenial cando o Grande Duque comentou: "E que por aí viñan os autrichiennes" sinalando o paso de montaña.

As canções que você fez pra mim "Maria Bethânia - Explode Coração"

Os Alpes cocios


Foi cando vimos a neve de máis perto en toda a viaxe. Subir e baixar o porto de montaña do Montgenèvre foi moi pintoresco. A experiencia máis alpina cando xa viñamos de volta.
A foto é da encantadora Xuliana.

As canções que você fez pra mim "Pulp - Something changed"

Turin


Ai, que decepción. Tampouco é que baixaramos a mirar. Foi como ir no tren chuchú ata chegar á caótica Praza da Republica e sair liscando d'alí. Isto é o famoso norte de Italia, a potencia económica, Centroeuropa? A xente a cruza as avenidas por onde lle petaba, os coches aparcados enriba de onde se supón que debería haber herba, o asfalto en mal estado, a sinalización caótica, os edificios feos... O caracter latino. Foi pasar o San Gotardo e xa o notar no xeito de conducir, nos coches que locían, nun certo desleixo... Benvidos á casa. Aínda que ao seu lado Barcelona é unha marabilla.

As canções que você fez pra mim "Pet Shop Boys - Red letter day"

Lago Maggiore


Magoa non ter máis tempo. Percorrimos a estrada da marxe occidental do lago desde Locarno ata Verbani e non vimos (nin visitamos) a Isola Bella, de tanta sona. Miramos outras desde a beira. Cousa linda, máis ou menos como a ría d'Arousa cando sexa un protectorado suizo.

As canções que você fez pra mim "Maria Bethânia - Viramundo"

Locarno


As marquesas arruindadas puideron por fin sentarse a tomar un xelado na Piazza Grande para gastar os últimos francos. Que bo tempiño tivemos! Abofé que aquilo era a Riviera. O último que fixemos foi xogar á lotería inmediata. Por se había que ficar. E marchar sen pagar unha multa de transito. Aínda han de vir a por nós!

As canções que você fez pra mim "Blur - Tender"

Lugano


Día laborable ás 12 da mañá. Unha chea de yuppies, todos traxeados a dar voltas polo centro. A constatación de que aqueles suizos falaban italiano non deixaba de ser sorprendente, e un alivio despois de catro días en terras xermanofonas. Pasear e mercar os souvenirs da Suiça.

As canções que você fez pra mim "New Order - Thieves like us"

Bellinzona


Gustei dos castelos, patrimonio da humanidade. Lugar estratéxico coma ningún, estivemos no Montebello, moi bonito e ben coidado, e aquilo de mirar as viñas embaixo dos cumios nevados daba ghloria. A Xuliana ha de ter bonitas fotos do lugar. Aínda estan por mirar.

As canções que você fez pra mim "Kirsty MacColl - Days"

Por baixo do Paso de San Gotardo


Fronteira natural, lingüística, cultural e de todo. O paso de montaña aínda estaba pechado ao tránsito. Non o abren ata xuño. Iso dá idea do alto que é, 2108 metros sobre o nivel do mar. Comentoume a Purull que cando foi ela en autobús por alí o chofer cagouse en todo, e case tiveron que baixar a empuxar. Aínda así quedoume pena de non o coñecer. E tamén onde estivo aquela Ponte do Demo, tan romántica. Coma nós...

As canções que você fez pra mim "Siouxsie & the Banshees - This wheel's on fire"