Mostrar mensagens com a etiqueta the climate wars. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta the climate wars. Mostrar todas as mensagens

segunda-feira, dezembro 08, 2008

Morreu o conto


Monbiot cre que unha acción drástica combinada cunha forte determinación política é precisa para combater o quecemento global. Asegura que o cambio climático "é a cuestión moral do século xxi" e que resta pouco tempo para discutir ou obxectar unha serie de medidas de emerxencia que pararían o cambio climático. Entre esas medidas estaría o uso das últimas tecnoloxías para mitigar a emisión de gases que provocan o efecto estufa, outorgar a cada cidadán unha "cota persoal de emisión de co2"; novas regulacións constructivas axeitadas ao estandar aleman da passivhaus; a prohibición das bombillas incandescentes, as estufas exteriores e outras tecnoloxías ineficientes e aplicacións que destragan recursos; a construcción de parques eólicos en mar aberto, o cambio da rede de gas por unha de hidróxeno; unha rede de autobuses que faga que as viaxes en transporte público sexan máis rápidas que en coche privado; todas as gasolineiras cun servicio de empréstimo de baterias electricas con facilidades para o seu recambio, o abandono da ampliación e extensión da rede de estradas, reducir a capacidade dos aeroportos nun 90%, e o peche de todas as áreas comerciais das aforas remprazadas por almacéns e un servizo de reparto.
Tamén cre que a recesión económica pode ser algo positivo para o planeta "Non vai sendo hora de que recoñezamos que acadamos a terra prometida, e que debemos permancer aquí? Porque habíamos de querer deixar este lugar para explorar a escuridade que vai deixar a loucura consumista e o colapso ecolóxico que lle segue? De seguro a política racional dos governos do mundo rico ten que ser a de manter as taxas de crecemento tan perto de cero como sexa posible."
Recoñece que a recesión pode ser dura, mais apunta que o crecemento económico provoca unha situación aínda peor.
Monbiot mercou un Renault Clio diesel despois de se mudar a unha pequena vila en Gales no 2007, o que lle deparou acusacións de hipocresía.


As canções que você fez pra mim "New Order - The Village"