domingo, abril 15, 2012

A meirande infamia dos últimos cinco séculos


"A pesar da longa loita na súa contra, o racismo aínda continúa contamiando as nosas mentes. A persistencia do seu poder fai que a moita xente se lle neguen oportunidades, xustiza ou dereitos humanos. Institucións clave permanecen racialmente monolíticas e os privilexios raciais continúan. Durante cinco séculos o racismo lexitimou asasinatos, masacres e xenocidios. A idea da supremacía branca demonizou, brutalizou e deshumanizou as poboacións non brancas do planeta. O racismo foi a forza global detrás do expolio de continentes, a destrucción de civilizacións e o exterminio de pobos enteiros. A herdanza da escravitude e dos imperios crearon a división fatal entre Occidente e o resto do mundo.
En termos científicos as diferencias raciais non teñen ningunha significación real. Aínda así o racismo continua a conformar destinos individuais e colectivos ao longo do mundo."


As canções que você fez pra mim "Sigur Rós - Ég anda"