A teoría do Caos ten mala fama, xa que trae á mente imaxes de tempo impredecible, quebras económicas e erros científicos. Mais existe unha cara fascinante e oculta do caos, e a cienca comeza a entendela.
Resulta que a teoría do Caos resposta a pregunta que a humanidade leva facéndose durante milenios - como chegamos ata aquí?
Neste documental Professor Jim Al-Khalili tenta descubrir un dos grandes misterios da ciencia - como é que un universo que comezou sendo só pó remata tendo vida intelixente? Como é que xorde a orde da desorde? É unha idea que en principio desafiaría á lóxica e contraven a intuición, e para moita xente, resulta desacougante.
Pero o profesor Al-Khalili expón a ciencia que se agocha tras a beleza e a estructura do mundo natural e descobre que lonxe de ser froito da maxia ou dun acto de deus, é de feito unha parte intrínsica das leis da física. Sorprendentemente, resulta que as matemáticas do caos poden explicar como e porque o universo crea unha exquisita orde e estructura.
E o mellor é que non hai que ser cientista para entendelo. O mundo natural está cheo de incribles exemplos de como a natureza transforma a simplicidade en complexidade. Desde as árbores e as nubes ata a humanidade - despois de mirar este filme nunca seremos quen de ollar o mundo do mesmo xeito.
As canções que você fez pra mim "Primal Scream & Kate Mosh - Some velvet morning"