sábado, fevereiro 07, 2009

A orixe das especies


Este documental conta a pouco coñecida historia de como Darwin chegou a escribir a súa grande obra mestra, Sobre a Orixe das Especies, un libro que explica a marabillosa variedade do mundo natural coma resultado da morte e da loita pola supervivencia.
Nos vinte anos que lle levou plasmar a súa brillante tese nun libro revolucionario, Darwin viviu un loita persoal tan turbulenta coma a da natureza que estudaba. Por fortuna, deixounos probas da súas investigacións, observacións da natureza e fondas expresións de amor e afecto por aquelas persoas que o rodeaban. Tamén deixou testemuña escrita das súas traxedias familiares, das súas doenzas e dos seus momentos de dúbida, a medida que traballaba na publicación do libro que había mudar o xeito no que ollamos o mundo.
A historia recolle as notas segredas e a correspondencia de Darwin, acompañadas de filmacións sobre a historia natural, poderosas imaxes da época e contribucións de biógrafas e cientistas contemporáneas.


As canções que você fez pra mim "Sandra de Sá, Alcione e Luciana Mello - Black Is Beautiful"