sexta-feira, janeiro 30, 2009

O que Darwin descoñecía


O documental que conta a historia da teoría da evolución desque Darwin a postulara na "Orixe das Especies" no 1859.
A teoría da evolución grazas á selección natural é hoxe en día ortodoxía científica, pero cando foi enunciada por vez primeira causou unha inmensa controversia, desde o mesmo campo científico e por suposto desde o relixioso. Foi criticada polas poucas probas aportadas e pola excesiva extrapolación. Darwin, sendo o cientísta honesto que era, non tivo máis remedio que concordar. Sabía que a súa teoría estaba chea de "dificultades", pero confiou nas futuras xeracións para que estudaran o seu traballo e foran quen de probar a verdade esencia da súa visión, xusto o que a ciencia fixo nos últimos 150 anos.
O biólogo da Evolución Armand Marie Leroi repasa a viaxe científica que levou ao renacemento triunfante da teoría de Darwin. Argumenta que coa nova ciencia da bioloxía do desenvolvemento evolucionario (evo devo), é posible elevar a teoría ata un novo nivel - ir alén da explicación do que aconteceu no pasado e comezar a predicir como se podería evoluir no futuro.


As canções que você fez pra mim "The Creatures - Fury Eyes"