
A desfrutar deste moi digno esforzo.
Non é A History of Britain, pero tamén ten aqueladas reconstruccións históricas (de verdade era preciso poñerlles efecto granulado?), que, para estaren feitas cun orzamento e un talento lóxicamente menor, non quedan mal. Ao guión de seguro que se lle poderían buscar defectiños desde o punto de vista ideolóxico e historiográfico, pero en xeral non hai queixa. A abundancia de imaxes fermosas do noso patrimonio, evitando case sempre a sombra da Desfeita, facilitan a reconciliación con ese país a monte, aínda que só sexa por uns instantes.
E ademais sae un señor que entran ganas de afondar no tema, do ben que dá a lección. E eu que me queixaba dos presentadores estrela!
As canções que você fez pra mim "The Rolling Stones - U Cant Always get what u want (Soulwax Mix)"