Quarta-feira, Dezembro 31, 2008

Pola vella


A celebrar o aninovo pola hora da fachada atlántica europea.

As canções que você fez pra mim "Handel - Water music (Air)"

Sexta-feira, Dezembro 26, 2008

Eartha Kitt, 1927-2008


.

As canções que você fez pra mim "Eartha Kitt - I want to be evil"

Harold Pinter, 1930-2008


.

As canções que você fez pra mim "New Order - Your silent face"

Sexta-feira, Dezembro 19, 2008

Soziale Sicherheit


.

As canções que você fez pra mim "Young@heart - I wanna be sedated"

Sábado, Dezembro 13, 2008

De como a arte conformou o noso mundo


HOW ART MADE THE WORLD é unha viva e estimulante investigación sobre a influencia de longo alcance que ten a arte na sociedade. Foi emitida pola PBS no verán do 2006.
O recoñecido historiador da arte da Universidade de Cambridge, o señor Nigel Spivey, conduce á espectadora nunha viaxe que tenta comprender a capacidade única que ten a humanidade para explicar o mundo a través dos símbolos artísticos. Falando nunha linguaxe clara que fuxe dos tecnicismos, e coa axuda da infografía, Spivey explora as últimas hipóteses de historiadoras, neurocientíficas e psicólogas ao redor do profundo e universal desexo da humanidade pola creación artística.
Cada episodio dunha hora comeza co plantexamento dun misterio actual que Spivey tenta resovlver a través do exame dalgúns dos máis exquisitos artefactos descubertos ata o de agora. Combinado aspectos da historia, a arqueoloxía, a ciencia forense, a socioloxía e a estética, Spievy conduce unha extraordinaria expedición visual que abrangue máis de 100.000 anos e os cinco continentes: desde as grandes galerias da arte prehistórica das covas de Altamira e Lascaux, ata as pinturas rupestres das poboacións nativas norteamericanas e africanas, pasando polos tesouros do antigo Exipto e a Grecia clásica, ata chegar a imaxinería da cultura popular e da publicidade que nos bombardea na era dixital.
Aparte dunha investigación na historia da arte, How art made the world explora as funcións esenciais que desenvolveu a arte nas primeiras civilizacións e, nalgúns casos, aínda desenvolve nas sociedades modernas. Alén diso, a serie busca respostas a cuestións tan peliagudas coma: Que fixo que as nosas antergas comezaran a crear arte por vez primeira? Que forzas incosncientes guían a man artística? Por que desde o principio a raza humana preferiu imaxes do corpo humano con características distorisionadas ou esaxeradas?
"A cuestión fundamental do programa" comenta Spivey, "é que de todas as características que nos definen coma especie, ningunha é tan básica coma a inclinación a facer arte. Os grandes simios poden pintar un lenzo se se lles proporionan pinceis e se lles explica como, pero non producen instintivamente arte ningunha. Só a raza humana desenvolve a capacidade de crear imaxinería simbólica". De feito, a ciencia atopou crecentes probas de que os nosos cerebros están "programados" para a arte e que as formas, colores e estructuras inherentes á arte están orixinadas no profundo da nosa psique colectiva. Esta serie usa o último na investigación das razóns biolóxicas, sociais e ata políticas detras dos movementos artísticos do pasado. Spievey demostra como os grandes puntos de inflexión na historia da arte teñen eco a través dos tempos, e como definen a paisaxe visual onde habitamos hoxe.
How arte made the world tira partido da última tecnoloxía infográfica para animar os sombrios restos do mundo antigo que o tempo e a humanidade se encargaron de destruir. Xa sexa o explendor de Persépole ou Luxor, a gloria da antiga Roma ou da cidade bíblica de Xericó, a infografía permite á moderna espectadora marabillarse con imaxes que non foron contempladas en milleiros de anos. Ao mesmo tempo, a cinematografía das serie emprega modernas técnicas, incluidas as cámaras desde helicopteros que ofrecen incribles vistas dos antigos xacementos ata macro-lentes que son quen de camputar fascinantes detalles.

As canções que você fez pra mim "New Order - Sub-culture"

Segunda-feira, Dezembro 08, 2008

Morreu o conto


Monbiot cre que unha acción drástica combinada cunha forte determinación política é precisa para combater o quecemento global. Asegura que o cambio climático "é a cuestión moral do século xxi" e que resta pouco tempo para discutir ou obxectar unha serie de medidas de emerxencia que pararían o cambio climático. Entre esas medidas estaría o uso das últimas tecnoloxías para mitigar a emisión de gases que provocan o efecto estufa, outorgar a cada cidadán unha "cota persoal de emisión de co2"; novas regulacións constructivas axeitadas ao estandar aleman da passivhaus; a prohibición das bombillas incandescentes, as estufas exteriores e outras tecnoloxías ineficientes e aplicacións que destragan recursos; a construcción de parques eólicos en mar aberto, o cambio da rede de gas por unha de hidróxeno; unha rede de autobuses que faga que as viaxes en transporte público sexan máis rápidas que en coche privado; todas as gasolineiras cun servicio de empréstimo de baterias electricas con facilidades para o seu recambio, o abandono da ampliación e extensión da rede de estradas, reducir a capacidade dos aeroportos nun 90%, e o peche de todas as áreas comerciais das aforas remprazadas por almacéns e un servizo de reparto.
Tamén cre que a recesión económica pode ser algo positivo para o planeta "Non vai sendo hora de que recoñezamos que acadamos a terra prometida, e que debemos permancer aquí? Porque habíamos de querer deixar este lugar para explorar a escuridade que vai deixar a loucura consumista e o colapso ecolóxico que lle segue? De seguro a política racional dos governos do mundo rico ten que ser a de manter as taxas de crecemento tan perto de cero como sexa posible."
Recoñece que a recesión pode ser dura, mais apunta que o crecemento económico provoca unha situación aínda peor.
Monbiot mercou un Renault Clio diesel despois de se mudar a unha pequena vila en Gales no 2007, o que lle deparou acusacións de hipocresía.


As canções que você fez pra mim "New Order - The Village"

Domingo, Dezembro 07, 2008

Agora Baldrick nos ensina xeoloxía


e resulta sorprendente.

As canções que você fez pra mim "A guy called Gerald - Voodoo ray"

Suck my duck


!

As canções que você fez pra mim "Armand Van Helden - Shake that ass"

Desde as rúas escuras de detrás da Bata


Grazax, Maribolheras.

As canções que você fez pra mim "Les Rita Mitsouko - Nuit d'ivresse"

Sábado, Dezembro 06, 2008

Crise constitucional



As canções que você fez pra mim "Mcnamara - Hija De Puta Internacional"

Sexta-feira, Dezembro 05, 2008

L’insurrection qui vient


Desacelerar o biopoder.

As canções que você fez pra mim "The Clash - Guns of Brixton"