
O historiador e presentador Niall Ferguson (
da dereita civilizada, of course) condúcenos a través dunha fascinante viaxe polo tempo e polo espacio coa intención de explorar o impacto do Imperio británico no mundo contemporáneo. Desde os primeiros asentamentos en Virxinia ata o seu declive logo das dúas Grandes Guerras, os aspectos positivos e negativos do Imperio son ilustrados analisando eventos clave xunto cos seus e as súas protagonistas.
O señor Ferguson usa un amplo ábano de fontes orixinais coma citas, documentos, gravacións e fotografías, á vez que toma en consideración eventos recentes na procura de paralelismos históricos.
A serie é altamente entretida, formativa e estimuladora do pensamento, e proporciona unha excelente e equilibrada ollada sobre o Imperio e o seu legado no mundo.
As canções que você fez pra mim "
The Kinks - Victoria"