Cando planexamos a viaxe cara ás Holandas miramos nas guias pra ver que lugares se nos suxerían polo camiño (e que aínda non coñeciamos). Angoulême foi a primeira sorpresa. Pequena capital de provincia de 46.000 habitantes, semella unha cidade conxelada no século XIX, coas súas fermosas casas de caliza color manteiga. A guía di: "as murallas permiten un longo e estimulante paseo con vistas ao val do Charente", pero se vas á última hora do día, co sol a se poñer no horizonte e con todo a xente xa retirada ás súas casas ou ao terraceo que tanto lles gusta, a sensación é impoñente.
As canções que você fez pra mim "Les négresses vertes - Voilà l'été"