
Unha relación semellante non podería durar alén da ebriedade amorosa inicial ("o tempo de te apertar cos meus brazos") porque "chegaría o día na que a mirada dun rapaz te tiraría do teu fatal erro". E apostilla "Se me dis que me amarás coma a un pai causaríasme horror; se pretendes amarme coma unha amante, non te crerei".
O rexeitamento resulta doloroso para un Chateaubriand namorado que lle di ao seu corresponsal "Choro bagoas de fel pola tua perda". Mais que, polo outro lado, se sente ofendido polo feito de que ela crera que sucumbiría fácilmente aos seus encantos xuvenís: "Xulgáchesme de xeito vulgar; pensaches, ao ver o estado de turbación no que me pos, que consintiría en facerte soportar os meus aloumiños".
As canções que você fez pra mim "The Smiths - Paint a vulgar picture"