Ai, que decepción. Tampouco é que baixaramos a mirar. Foi como ir no tren chuchú ata chegar á caótica Praza da Republica e sair liscando d'alí. Isto é o famoso norte de Italia, a potencia económica, Centroeuropa? A xente a cruza as avenidas por onde lle petaba, os coches aparcados enriba de onde se supón que debería haber herba, o asfalto en mal estado, a sinalización caótica, os edificios feos... O caracter latino. Foi pasar o San Gotardo e xa o notar no xeito de conducir, nos coches que locían, nun certo desleixo... Benvidos á casa. Aínda que ao seu lado Barcelona é unha marabilla.
As canções que você fez pra mim "Pet Shop Boys - Red letter day"