"En toda sociedade as árbores proporcionan alimentos: frutas, noces, condimentos e inclusive flores e follas. As árbores son a fonte dos productos farmacéuticos e a súa madeira úsase na construcción e coma leña. Da cortiza que as protexe extráense substancias medicinais, resinas, tecidos e a mesma cortiza. A súa médula e o sistema de transporte da agua producen unha madeira duradeira que se usa para fabricar mobles e crear a pasta de papel dos libros e periódicos. Ademais, delas extráense as bases dos perfumes. Os bosques supoñen o 75% da biodiversidade mundial. As árbores reciben a chuvia e liberan a agua pouco a pouco nas barcias dos ríos e absorben o dióxido de carbono do aire e substitúenno por osíxeno. Plántanse árbores para recuperar paisaxes degradadas e proporcionar alimento aos animais famentos. Protexen o litoral e as ribeiras. Algunhas serven para dar sombra e frear o vento e moitas outras cultívanse para decorar. Hai centos de milleiros de anos, na meirande parte do mundo predominaban as árobres, os nosos debanceiros eran primates que vivían nelas. Estas árbores eran fonte de alimento e curación moito antes de que a humanidade adquirira consciencia. Aínda influen intensamente na nosa mente: a fraga prohibida dos contos, as fragas sagradas, a árbore da sabedoría e da vida. Fascínannos enormemente as árbores máis altas e vellas, que abarcan xeracións de vidas humanas. O seu tamaño xigantesco atraenos tanto coma o dos dinosaurios. Quizais o máis importante sexa que proporcionaron os materiais de construcción e os combustibles da maior parte das civilizacións, xa fora como madeira ou fosilizados coma carbón mineral. Empréganse máis árbores para fabricar combustibles que para a construcción, por iso as tribos de América do Norte crían que os primeiros colonos europeos abandoaran o seu país porque ficaran sen leña. Ao me criar no campo inglés, antes de que chegara a presión despiadada da agricultura intensiva, puiden vagar polas fragas e ao longo das sebes e aprender cousas sobre as árbores e os animais aos que lle serven de acubillo. Estar nunha selva tropical, entre as secuoias de California, os eucaliptos xigantes do sudeste de Australia ou nos vestixios dos piñeirais de Escocia inspira un respetio que poucas experiencias poden provocar. Por iso deberiamos facer o posible por conservar estas bases da civilización, ás árbores, por razóns económicas e porque delas depende grande parte do noso ben estar espiritual." David Mabberley
As canções que você fez pra mim "New Order - Perfect kiss"
Mamoa en Hampstead Heath, Londres. Hai que aturar ao Adam Hart-Davis (só Inglaterra pode producir individuos así), pero a terceira entrega de 'Como se levantou Londres' inclúe xemas como o episodio adicado ás prácticas funerarias.
As canções que você fez pra mim "New Order - True faith"
Aproveitando o agradabel tempo do que desfrutamos hoxe - e que era festivo nos meus paises de acolhida- fomos dar un paseo pola beirinha do mar. Visitamos o pobre Museo do Mar e laiamo-nos de que o restaurante que terá as melhores vistas na cidade aínda non estea en funcionamento. A companha, o sol, o mar, os peixinhos, a paisaxe e a arquitectura fixeron-nos felices.
As canções que você fez pra mim "Tracey Thorn - It's all true"
"Inspirada pola clásica serie de televisión Civilisation de Lord Clark, esta nova serie de catro episodios está conducida polo artista e crítico Matthew Collings, quen fai unha selección persoal dos máis importantes momentos artísticos da historia. Desde a Grecia Antiga ata o época contemporanea, Collings investiga como a arte moldeou o noso mundo. Deste xeito ofrecenos unha prespectiva única das cuestions políticas e sociais dos nosos días. A súa exploración levao a través dunha viaxe épica por formidables localizacións de Europa, Exipto, China e os Estados Unidos" (sen que lle importe un pataco o cambio climático, ou o que é aínda peor, importándolle moitísimo, igual que a tod*s)
As canções que você fez pra mim "Caetano Veloso - Alegria, alegria"
"A diva destroy punk das letras francesas, escritora de novelas nas que as protagonistas ocupan posicións tradicionalmente reservadas aos homes (sangue, sexo e rock'n'roll) e da controvertida e censurada Fódeme (2000), ofrécenos un ensaio en primeira persoa no que ataca os tabús do feminismo liberal: a violación, a prostitución e a pornografía. A transformación dos vellos modelos de xénero e da sexualidade está en marcha. Imprescindible e terapéutico" Beatriz Preciado
As canções que você fez pra mim "Bezerra da Silva - Eu sou favela"