Segunda-feira, Fevereiro 27, 2006

Collons, que difícil é!


Escápaseme o galego por todos os lados! Espero que só sexa agora ao principio.
O deseño gráfico e os debuxos son horriveis.

Bailemos nós ja todas tres "Regina Spektor - Us"

Un xeito de vida que é máis fácil para a xente que ten cartos?


Lavar cueiros, ler, fregar as escaleiras: os luxos que hai que ter. E non gastar o tempo e os cartos que tanto nos custa gañar en trapalladas.

Bailemos nós ja todas tres "Jorge Ben - Oba, la vem ela"

Não acredito


Unha relixión con fieis tan contentes!

Bailemos nós ja todas tres "Leonard Cohen - Suzanne"

O maior show da terra







Asista.

Bailemos nós ja todas tres "Sílvio Caldas - Lenço no Pescoço"

Sábado, Fevereiro 25, 2006

Martin Parr


Fico espantado.

Bailemos nós ja todas tres "Madonna - Sorry"

Facer o bobo


Emereci, por un momento calquera pensaría que estamos perdid*s.

Bailemos nós ja todas tres "Simply Red - Money's too tight to mention"

Fracaso colectivo


Recendo de magnolias, doce e fresco,


(e de súpeto o olor da carne queimada
)

Bailemos nós ja todas tres "Siouxsie & the Banshees - Strange fruit"

Sexta-feira, Fevereiro 24, 2006

Book (p)review 2


.

Bailemos nós ja todas tres "Iggy Pop - The passanger"

Book (p)review 1


.

Bailemos nós ja todas tres "Honey Cone - Stick up"

Quinta-feira, Fevereiro 23, 2006

A importancia de chamarse Ernesto


Debería ser clasificado o noso herdeiro ao trono coma un disedente político? A verdade é que cando imaxinamos un disidente político non pensamos en xente que vive en palacios e castelos e que se move por aí en carrozas tiradas por cabalos.

Bailemos nós ja todas tres "Deborah Harry & Iggy Pop - Well did you evah?"

Segunda-feira, Fevereiro 20, 2006

L'Année dernière à Matamá



Coincidindo coa chegada da primavera o xardín do pelagato actualízase, coas fotos do ano pasado.

Que triste é deixar atrás as túas crianças. Aínda que fiquen en boas mans.

Bailemos nós ja todas tres "All Saints - Pure shores"

Domingo, Fevereiro 19, 2006

Ravalquistan


Mira ti por onde vou poder mercar o pilliti ao lado da casa.
Síntome tan indentificado cos paquistanianos ;) Aínda os vin onte a xogar ao criquet sobre o duro pavimento do Parc Tres Xemeneies.

Bailemos nós ja todas tres "Harold Melvin & The Blue Notes - Wake Up Everybody"

Sábado, Fevereiro 18, 2006

Watching the catalonian


Imos aló. Teño ganas de ver que similitudes e que diferencias hai coas manis do pobo do que veño.

Bailemos nós ja todas tres "Jackie Wilson - Higher and higher"

Quarta-feira, Fevereiro 15, 2006

Prunus Nigra



Bailemos nós ja todas tres "Alizée - J'en ai marre"

A árbore do amor



Cercis siliquastrum

Bailemos nós ja todas tres "Erasure - Make Me Smile (Come Up and See Me)"

The beautiful ones


Okupar, remexer nos contenedores, tentar ollar a túa cervix, o berro primario, marx, freud, 'o personal tamén é político', 'a propiedade é un roubo'... todo metido nun saco.

Esta é a historia de Villa Road, toda unha rúa okupada a finais dos 70, no momento no que por todo o país había xente que vivía xunta en comunidades politizadas. *s okupas eran de esquerdas, e formaban parte dunha xeración cunha visión mediatizada pola ideoloxía marxista. Crían que a revolución estaba a chegar e que o estado sería vencido.
Villa Road no sur de Londres congregou unha comunidade extraordinaria de máis de 200 persoas.
Anarquistas mesturad*s con hippies e feministas. Nais solteiras desafiuzadas somaban forzas con revolucionari*s marxistas. O núcleo central de Villa Road estaba formado universitari*s branc*s de clase media. Es*s intelectuais politizad*s con vencellos con varios grupos de esquerdas lideraron as campañas anti-capitalistas que se deron na zona.
*s vilarroadenses estaban en contra da familia nuclear, xa que crían que negaba o total potencial individual. Levábanse mal coa policía, que era vista coma a personificación do estado. Identificabanse políticamente coa clase traballadora, e apoiaban a*s folguistas. Tamén eran os primeiros días do feminismo, e as mulleres de Villa Road tentaban liberarse da dominación masculina asistindo a grupos de auto-coñecemento e a lecturas marxistas. Á vez que participaban do activismo político, había xente en Villa Road estaban intersada en transformar o seu inconsciente a través da sicoterapia. Esto foi posto en práctica dun xeito extremo no número 12, que era unha comuna do berro primario, liderada pola carismática e totalmente amateur Jenny James, que agora ten unha comuna en Colombia, e que concedeu unha entrevista exclusiva a este programa.
No calido verán do 76, *s vilarroadenses fixeron barricadas para se defenderen do desafiuzamento e da demolición. Gañaron unha victoria parcial: a metade da rúa salvouse a aínda está en pé hoxe en día. A revolución comunista, pola contra, non se materializou.
O programa tamén fala da máis vella das comunidades okupas de Londres, a St Agnes Place, unha rúa próxima a Villa Road. Resistiron ao desafiuzamento durante 30 anos, pero foron expulsad*s polo concello en decembro do 2005.


Bailemos nós ja todas tres "Suede - Beautiful Ones"

Terça-feira, Fevereiro 14, 2006

Super Fast Levante


Xa o estamos apañando.
Caberá unha autocaravana?

Bailemos nós ja todas tres "My Bloody Valentine - Soon"

Segunda-feira, Fevereiro 13, 2006

Serio ataque de morriña a tempo real


Non, non podo ter morriña diso!

Bailemos nós ja todas tres "Sinead O'Connor - You do something to me"

Saudades da Finca da Marquesa





A escola de xardineiría arboricida tamén domina a escena barcelonesa. A verdade é que o Parc de la Ciutadella dá un pouquiño de pena. Incluso máis pena co noso.

Bailemos nós ja todas tres "Marianne Faithful - Why d'ya do it?"

Domingo, Fevereiro 12, 2006

Preparándose mental e técnicamente para un mundo sen petróleo


Suecia pretende dar o maior paso enerxético nunha economía occidental avanzada cara á liberación total do petróleo nos próximos 15 anos - sen construir unha nova xeración de centrais nucleares.

Bailemos nós ja todas tres "Meck - Thunder in my heart again"

Un reparto equitativo dos bens escasos


Que me dis!

Bailemos nós ja todas tres "Morrissey - You're the one for me , fatty"

Horta virtual






Todo é segundo o webcam co que se mira. Atent*s a estas próximas catro semanas.

Bailemos nós ja todas tres "The Four Tops - Ask the lonely"

This is a journey into sound


Grazas, Parzival.

Bailemos nós ja todas tres "Erik B. & Rakim - Paid in Full (Coldcut mix)"

So aquestas amendoeiras frolidas


Fotografía de Joao Peixoto

Por estes lares xa se anuncía a primavera.

Bailemos nós ja todas tres "Kate Bush - Wuthering Heights"

Sábado, Fevereiro 11, 2006

Isbín tullirs


Volta e dálle!

Let's face the music & dance "Bryan Ferry - More than this"

Sexta-feira, Fevereiro 10, 2006

SM


Uff, e eu perdín isto!

Let's face the music & dance "Ian Dury & the Blockheads - Hit me with your rythmn stick"

Sir Palomo Gómez Borrego


Estades seguros de que hoxe non é día do april's fool?
En todo caso, parabéns. Botáchedelo! (A saber o que faría! - aparte do que xa se sabe)

Let's face the music & dance "Paralisis Permanente - Quiero ser santa"

Quarta-feira, Fevereiro 08, 2006

Et vaig a arrencar els collons


Debe ser o que quere dicir esta horrible mascota, en vista da miña experiencia vespertina na oficina do (non) Acolliment Lingüístic.
Porque un ten vontade, senón...

Let's face the music & dance "Excesso - Es loucura"

Sketchs


Pareceume a min, ou isto é un só un recheo na carreira do xenial König?

Let's face the music & dance "The Bangles - Eternal flame"

Terça-feira, Fevereiro 07, 2006

O novo cisma de Occidente


"Son quen de abenzoar submarinos nucleares, pero son incapaces de abenzoar unha parella gei": De como a igrexa anglicana está a piques de rachar.

Let's face the music & dance "Blondie - The tide is high"

Fasten your seatbelts, it's going to be a bumpy night!


Da Paradanta para o mundo.
Parabéns, Margo ;)

Let's face the music & dance "Fangoria - Hagamos algo superficial y vulgar"

Leituras sagradas


"Si, amigos, a Fe é unha cousa moi bonita, pero moi necia"
"O historial delicitivo da Igrexa é abraiante: un auténtico rosario de tropelías e atropelos contra a humanidade que xa o quixeran para eles un Hitler ou un Stalin nos seus mellores momentos xenocidas".
"Imaxinan un tribunal de Nuremberg, ou da Inquisición, xulgando aos Padres da Igrexa por crimes contra a Humanidade? Nosoutros sí, moito. Ainda que a verdade, é moi difícil xulgar a estes paxaros, nin sequera despois de violar a 100 ou 200 nenos se lles pode meter man. Os seus susperiores limítanse a trasladalos a outro escenario menos queimado onde poder seguir cometendo as súas picardías..."
E logo, a reviravolta da Grace:
"Todos pasamos a nosa triste existencia facendo enormes probas de fe, e comungando con rodas de muiño xigantes; Vd., coma min e coma o veciño do 5º sen ir máis lonxe, cremos no Poder do Diñeiro, a Apariencia e a Mentira, que son Ideas, Artificios, trasuntos que non teñen existencia nin corporiedade, que os demostrar sería tan peliagudo como demostrar a Terceira Persoa, pero, ai de Vd!, e de nosoutros, se non houbera tarxetas de crédito, cinismo e roupiña pra fardar..."
"É fácil cebarse cuns crimianis que fan barrabasadas, poñamos no Cono Sur, no nome do Papa ou do seu coro celestial, pero quizais é máis duro enfrontarse co espello polas mañás e recoñecerse coma un miserable, un egoísta, un hipócrita, que tamén os temos de clase media-alternativa"
En 'El Cristianismo y sus papas. Un tratado para entendernos' de Galactus Segundo, D'alessandro o Undécimo e a Papisa Grace.

Let's face the music & dance "Morrissey - You have killed me"

Decadente, aburrido, superficial


"O mundo occidental e o seu xeito de vida é decandente, aburrido e superficial. Non temos cultura. En especial, a xente nova sofre danos cerebrais pola publicidade e o consumo." Vivienne, are u serious?

Let's face the music & dance "Pet Shop Boys & Dusty Springfield - What have I done to deserve this"

Betinha


Para iso están as amigas.
"Betty cría que a liberación das mulleres non acabaría coa civilización tal como a coñecemos; eu agardaba que se a mulleres se liberaren acabarían coa civilización tal como a coñecemos"

Let's face the music & dance "House of Love - The Beatles & the Stones"

Domingo, Fevereiro 05, 2006

9 a 5


Melbourne, hai 150 anos: 8 horas para traballar, 8 horas para o lecer, 8 horas para durmir.

Na rexión de Alcoi o anarquismo fixo folga no 1873 para conseguir a xornada das oito horas. No 1919 en Barcelona, despois dunha folga de máis de 100.000 persoas durante 44 días que conseguiu parar a economía catalana, o goberno cedeu e garantiu as demandas d*s traballador*s que incluían a xornada de 8 horas, a liberdade sindical, e o reingreso das persoas despedidas.
Deste xeito, o estado español foi o primeiro no mundo que aprobou unha lei establecendo a xornada de 8 horas.

Estou dacordo con ese señor de dereitas: os horarios españois son nefastos.
Eu non estou exilado porque si.

Let's face the music & dance "Les Rita Mitsouko - Nuit d'ivresse"

Food miles


Food miles é a expresión que define a cantidade de quilómetros que percorre a comida antes de chegar á consumidor* (ou ao prato), e que resulta un bo indicador do seu impacto ambiental e o dos seus componentes. Achádegos recentes indican que non só é preciso considerar a cantidade de quilómetros que percorreu a comida senón tamén o medio de transporte. Os efectos medioambientais positivos da agricultura ecolóxica poden ser neutralizados por longos percorridos en comparación cos de calquera outra producción local. Asemade, as viaxes en carros privados cara grandes centros comerciais poden ter maior efecto negativo que uns poucos camións achegando os bens ás tendas locais ás que se pode chegar a pé ou en bicicleta.

Hoxe entrei na máis publicitada das tendas ecolóxicas do Principat. Todo estaba carísimo, e a metade estaba producido sabe d**s onde. Aínda así fixen unha compriñas e despois conteillo a un bo amigo:
"Eso es para pijas que despues se van a comer al macdonalds"
Como me coñecen. Só que no canto dunha bigmac, foi un durum kebab.

Let's face the music & dance "Simon & Garfunkle - Troubled water"

Circle jerk club


"Estamos a falar dunha cultura masturbatoria. Unha vez que o que se nos promete ten un nivel tan alto, a única opción que nos queda é poñérmonos tod*s a nos masturbar. E iso é exactamente o que está a pasar na internet. E-promiscuidade. Millóns de persoas pagheandose. A internet fai que a xente (fai que eu mesmo) esteamos máis interesados nos carallos grandes do que antes...
A cuestión é como o porno muda as espectativas da xente. Aínda que todo sexa hiper-real, o problema coa hiper-realidade é que tende a reemprazar a realidade. Está na natureza da mente humana que sempre prefiramos o irreal fronte ao que é real. E agora por primeira vez na historia, case que somos capaces de nos mergullar completamente no irreal...
Cando eu era novo, tiñas sorte se dabas cunha copia de quinta o sexta man dunha revista porno nos vestiarios da escola. Agora *s adolescentes poden baixar tanto porno hardcore como queiran...
Hai unha xeración de homes novos que non crecen vendo outra cousa máis que carallos enormes en acción. Sería interesante especular cal vai ser o efecto desa sobre-exposición...
" Mark Simpson no docu 'O pene máis grande do mundo'.

Let's face the music & dance "Les Rita Mitsouko - Les histoires d'A"