Sábado, Dezembro 31, 2005

Venturoso Ano


Feliz aninovo!

Let's face the music & dance "Massive Attack - Be thankful for what you've got"

Sexta-feira, Dezembro 30, 2005

A perruca do Andy


Hoxe comezou ou meu blond ambition tour e estou contento. E a miña xefa contoume que estivo para casar cun home rariño, pero pensouno mellor.

Let's face the music & dance "Camera Obscura - Happy new year"

Quarta-feira, Dezembro 28, 2005

Brutalismo


Se nos poñemos a facer unha lista non saberíamos por onde empezar.

Let's face the music & dance "Sigur Rós - Hoppípolla"

Vati-queer


Ay Bentiño, hace un viruje que no se para.

Un papa ultra-facha manifestamente mari. Canto durará este espectáculo? Supoño que máis co do Luciani.

Let's face the music & dance "The Fall - Hey, Luciani"

Terça-feira, Dezembro 27, 2005

Sweet home Alabama e ao carallo!


Sorprendinme a min mesmo ao entrar pola porta e exclamar: "Miña casiña, meu lar!" ao voltar a BCN. Hai que ver o que nos pode mudar a vida en pouco tempo.

Let's face the music & dance "Richard Hawley - The ocean"

Trans-Europe Express


Vigo - BCN : uns 1200km. Ata 23 horas de tortura. Nos días que para en Siberia. Senón, só 17h00'.
Londres - Inverness : uns 900km. 8h08'. Sen tren de alta velocidade.
Paris - Niza : uns 930km. 6h03'
Milano - Lecce : uns 1100km. 9h34'. Sen tren de alta velocidade.
Braga - Faro : uns 600km. 6h51'. Sen tren de alta velocidade.

Let's face the music & dance "Kraftwerk - Trans Europe Express"

Docu-dramas


- É posible topar na rede os bos documentais que poñen nas cadeas de pago unha vez emitidos? Para cando unha comunidade de intercambio de tv en galego-portugués ou castelán ao estilo da UKNova?
- O que hai é que estudar os posts d'Opaco ;)

Let's face the music & dance "Kraftwerk - Computer liebe"

Segunda-feira, Dezembro 26, 2005

Galicia calidade


Food poisoning: ou foi a hostelaría corunhesa ou foi unha coñecida marca de pizzas.
Isto é o que che pasa cando ves de visita a paises terceiromundistas ;)
O caso é que este nadal fixen de caganer sen o pretender. Algo xa se me está pegando. Irremediablemente.

Let's face the music & dance "Kraftwerk - Radioaktivität"

Sexta-feira, Dezembro 23, 2005

Pastorinho


Os cristiáns que se cren bos publicitan para este nadal no mercado español-y-sus-colonias a cabra solidaria.
Pero digo eu, fai falta un bollo para publicitala? Non chegaba co careto da cabra? A min particularmente resúltame ofensivo. Está claro que estou moi sensible.

Let's face the music & dance "Kylie Minogue - Giving you up"

Fio maravilha


Hoxe volvendo da Corunha no tren marabilleime como cada inverno coa color dos vimbios e os contrastes que fan coa xeada e co verde dos praderíos. A media tarde a tonalidade era espectacular. Fíos dourados subindo cara ao ceo. Neste país tan feo?
Logo cheguei á casa e púxenme a procurar na rede testemuñas gráficas do fenómeno. Porque hai tan pouquiñas fotos bonitas, gratuitas e accesibles? Un día haberá que ir facer un safari.
Xa non m'acorda a que altura do ano armaba as viñas meu avó. Deberían estar xa apañado? Con tanto abandono, non sabería dicir se esa paisaxe é neo ou paleo.
Falando da neo-paisaxe: resulta difícil desfrutar desa trapallada feita a partes iguais polos gallegos themselves e quen os explota. Que xente máis ruín. Mira que é difícil escarallar un país na zona temperada e sen petróleo! E conségueno!

Let's face the music & dance "Calexico - Not even Stevie Nicks"

Quarta-feira, Dezembro 21, 2005

Viva o nadal!


Jennifer e Dawn diante do Queen Vic.

Ai agora!:
The French And Saunders Christmas Special
Dawn French and Jennifer Saunders are back for a one-off special this Christmas, featuring spoofs and sketches and an irreverent look at some celebrities.
There are "appearances" from Boy George, George Michael, Jackie Stallone and Brigitte Neilson and there's a visit to The Beckenhams Folk Festival, with a special appearance from singer Rufus Wainwright.

I can't wait. Esta é a miña Saturnalia.

Let's face the music & dance "Acid House Kings - Tonight is forever"

Canto máis gastamos, máis content*s estamos. Máis ou menos.


Por George Monbiot. Publicado no Guardian o 28 de Decembro do 2000.

A actual economía industrial funciona do xeito seguinte: apañamos os recursos nun buraco dalgún lugar do planeta, usámolos unhas cantas semanas, e despois deitámolos noutro buraco noutro lado do mundo. Isto é coñecido como a Creación do Valor. A creación do valor mellora a nosa calidade de vida. A mellora na calidade de vida fainos máis felices. Canto máis levamos dun buraco a outro, máis felices somos.
Desgraciadamente, non estamos a carretar o suficiente. Dacordo co Worldwatch Institute, usamos máis bens e servizos desde o 1950 que en todo o resto da historia da humanidade. Pero aínda así non estamos contentos. Mira ti que no mesmo período de tempo multiplicouse por 10 a xente de 25 anos con depresión na Britaña. Unha de cada catro persoas adultas sofre de falta crónica de sono, e un quinto das crianzas teñen problemas psicolóxicos. Nos últimos 13 anos, as reclamacións ás aseguradoras por mor de problemas mentais subiron nun 36 por cento. Estudos norteamericanos suxiren que entre o 40 e o 60 por cento da poboación sufre de enfermidades mentais nalgún momento. A OMS predí que no 2010 a depresión será a segunda enfermidade máis importante no mundo desenvolvido. Como non nos poñamos a consumir coma tol*s, non vamos a ser felices.
Neste momento do ano as taxas de consumo crecen espectacularmente. Para sermos máis felices, transportamos recursos dun buraco cara ao outro o máis rápido que podemos. O meu concello infórmame de que a cantidade de lixo que a xente produce aumenta nun 12 por cento nos meses de decembro e xaneiro. Curiosamente, a incidencia da depresión tamén aumenta. As chamadas a*s Samaritan*s increméntanse nun 8 por cento entre o nadal e o aninovo. Pero as figuras son enganosas. Canto máis deprimid*s estamos, mais gastamos en antidepresivos e en alcohol. Canto máis gastamos, calquera economista nolo pode explicar, máis felices somos.
Hai uns cantos anos, regalaronme unha kettle polo nadal, e hoxe perde auga. Podería amañala se puidese desmontar a base. Pero un dos parafusos ten forma de estrela cunha agulla no medio, deseñada para previr reparacións, xa que non existe unha ferramenta no mercado axeitada para sacalo. A miña kettle é de usar e tirar, nada de para toda a vida. Así que terei que tirala e axudar a crear o paraíso na terra comprando outra.
Desde os vertedoiros e as incineradoras onde se depositan os nosos agasallos rotos, as nosas caralladas desbotadas, as nosas árbores do nadal e os nosos envases non reciclables son depositados, espállanse milleiros de felicitacións. Entre os beneficios que trae o lixo está o beneficio para a profesión médica. As crianzas que nacen a menos de tres quilómetros de terreos tóxicos segundo unha investigación publicada no Lancet, teñen máis posiblidades de sufrir anomalias que as nacidas noutros sitios. As incineradoras liberan dioxinas e metais pesados que causan cancer, defectos de nacemento e endometriose. Isto crea postos de traballo e incrementa o fluxo de diñeiro na economía, o que incrementa a felicidade humana.
Aínda que as cifras da ONU parecen suxerir o contrario, a xente da Britaña de seguro é máis felice que a xente doutros paises máis pobres, porque satisfacemos a maioría das nosas necesidades. De feito os anuncios axúdannos a satisfacer necesidades que nen sequera sabiamos que tiñamos, revelándonos que as nosas vidas son menos satisfactorias do que pensabamos. Cando tiña 18 anos, sairon as cremas facias para homes. Ata entón os homes non tíñamos nin idea de que a nosa pel estaba envellecendo prematuramente. Desde entón, os homes coñecimos moitos inventos que as mulleres xa coñecían de vello. Descobrimos que eramos máis feos, tiñámos mías granos, eramos máis gordos e máis impresentables do que podíamos sospeitar. E, removendo máis recursos dun lado para o outro, conseguimos facer algo ao respecto.
A sociedade de consumo serve á xente pobre máis que a ningúen, xa que á vez expón o trapalleiras que son as súas vidas, proporciona grazosamente os medios para que deixen de selo. Nalgúns casos, como conta o Citizens' Advice Bureaux o mes pasado, o interese na nosa felicidade crece ata nun 1800 por cento ao ano, espallando a felicidade entre os milleiros de persoas que traballan de prestamistas. Como nos recordan os bancos e as empresas, as tendas e os economistas, o noso anceio de felicidade non ten cancelas.
Coma sempre, por suposto, neste particular momento do ano, alguen pretende amargar a festa. E, como era de esperar, *s verdes están a protestar porque o planeta está a morrer de consumismo. A xente, argumentan, está a ser desprazada dos seus lugares de orixe por mor dos buracos, a tala dos bosques e o crecemento dos cultivos industriais; os escosistemas están sendo envenenados e os recursos esgotados; a Terra estáse a quentar grazas á enerxía que é precisa para mover as cousas dun buraco ao outro.
Pero eu lles diría: non paga a pena que morra o planeta a cambio da felicidade que estamos a ter?


Let's face the music & dance "Morrissey - America is not the world"

Terça-feira, Dezembro 20, 2005

Super bitch-o preguiça


Xa temos enriba ese momento do ano. Grazas.

Let's face the music & dance "La Terremoto de Alcorcón - Time goes by con Loli"

Cars & girls


Os dous artigos indispensabeis hoxe.

Let's face the music & dance "Prefab Sprout - Cars and girls"

Segunda-feira, Dezembro 19, 2005

Torturando barbies


E lexislando "entre aspas".

Let's face the music & dance "Devendra Banhart - This is the way"

Sexta-feira, Dezembro 16, 2005

Music non stop


Abofé, Reguefeiro, ten moi boa pinta. Canto hai que aprender.


Let's face the music & dance "Röyskopp - Remind me"

Quinta-feira, Dezembro 15, 2005

A doutora Livingstone, supoño.


Así, polo rego, dereitiñ*s!

Let's face the music & dance "Loretta Lynn - Portand Oregon "

Segunda-feira, Dezembro 12, 2005

Milenari*s


A ver, a ver... onte viña unha reportaxe moi interesante no xornal sobre '*s milenari*s' que non tiven ocasión de ler.
PS Merda, hai que rexistrarse. Xa o farei logo.

Let's face the music & dance "The Magnetic Fields - Absolutely cuckoo"

Green and pleasant land


Como en GZ: levántate e... arde.

Let's face the music & dance "Rufus Wainwright - Crumb by crumb"

Domingo, Dezembro 11, 2005

O que?


Dicídeme que non é verdade!

Let's face the music & dance "Marcos Valle - Os dentes brancos do mundo"

Quinta-feira, Dezembro 08, 2005

Supernova


O acontecemento do ano na miña casa.
Próximamente a lista do mellorciño dos últimos 12 meses.

Let's face the music & dance "Lambeth Community Youth Steel - Sound of silence"

Quarta-feira, Dezembro 07, 2005

Tippoo's tiger






Selvaxerías ...

Let's face the music & dance "Le Tigre - They want us to make a symphony out of the sound of women swallowing their own tongues "

Domingo, Dezembro 04, 2005

Paki-lover


Gustaríame coñecer como vive, pensa e sinte a xente á que o Estado lle presta servizos coa colaboración remunerada da miña persoa.
O tema das migracións e dos contactos entre as culturas é fascinante. Estou a desenvolver certa inclinación cara á comunidade paquistaniana (particularmente cara a algúns membros, tamén hai que dicilo), e por sorte din cunha moi boa serie documental británica que fala da mesma.
Alí levan máis de 40 anos con esta experiencia.

Let's face the music & dance "Asian Dub Foundation & Sinead O'Connor - 1000 mirrors"

Sábado, Dezembro 03, 2005

The Rebel Sell Capital of Europe


Típico cartaz guai-clasista, marca da casa desta cidade.

Anda que eu tamén, irme a meter na capital d*s guais!
A xente é tan guapa, tan alternativa, tan cool... que dá ganas de saír correndo.

PS É mentira. En realidade estou desexando coñecer o Razzmatazz. Será que eu tamén quero ser guai?

Let's face the music & dance "KT Tunstall - Black horse and the cherry tree"