Quinta-feira, Junho 30, 2005

Vodam-se, conservador*s!



Agora xa poden casar con xente do seu mesmo sexo.
Grazas a nós, as usual.

PS "We are not legislating, ladies and gentlemen, for remote unknown people - we are expanding opportunities for the happiness of our neighbours, our work colleagues, our friends, our relatives" Jose Luis Rodriguez Zapatero. Faltoulle dicir 'for ourselves', pero bueno:
Ladies and gentlemen, we are floating in space.

Let's face the music & dance "The Style Council - Shout to the top"

Quarta-feira, Junho 29, 2005

Compás


Estou toleando coa miña lista de destinos laborais preferidos: Cantas combinacións distintas de 500 números se poden facer con 1000 números?. Isto é como xogar á lotería sabendo que algo -malo, menos malo ou regular- vai tocar.
La vida es una tómbola, non é?

Let's face the music & dance "Hermans Hermits - East West"

Terça-feira, Junho 28, 2005

Botámolos!


Congratulémonos. Algo así só acontece unha vez na vida: 16 anos! 16 tristes anos!
Mais tamén saibamos que o espectáculo non remata ata cantar a señora gorda.

Let's face the music & dance "Cartola - Alegria"

Orgulho


Fin da Marcha no Rossio.

Alterando o sistema espacio-funcional: Vigo capital Lisboa.
Tive imenso prazer.

Let's face the music & dance "Jorge Ben - Bicho do mato"

Segunda-feira, Junho 27, 2005

Países Galaicos e Lisboa.


Ando escarallada, máis que fabulosas ferias de San Xoan tiven!
Grazas, miñas amig*s. Xa vos irei contando.

Let's face the music & dance "Clara Nunes - Meu sapato ja furou"

Estadista


Debería agardar a que o parlamento español aprobe a lei, mais chámollo agora: estadista.

Let's face the music & dance ""

O carallo 29


Pares que non saimos del.
Alomenos arestora eu si teño a certeza que vou pra lá.

Let's face the music & dance "Neil Diamond - New York boy"

Segunda-feira, Junho 20, 2005

Freistaat Bayern


Aínda non.

Let's face the music & dance "Pizzicato Five - Happy sad"

Butterfly ballot


Non se pode facer unha valoración aínda. Decían na televisión que estábamos 'na prorróga' e é que o símil futbolístico foi a frivolidade que caracterizou esta campaña. O PP demostrou que efectivamente pode sacar os votos de debaixo das pedras. Queda claro tamén que se someteu ao electorado progresista a unha dura proba, quizais demasiado dura vendo ao candidato do PSdeG que non deu a talla. Queda a pena de que a derrota do PP, que perdeu a maioría absoluta aquí, non sexa máis clara pero o electorado galego xa votou e votou 'se va el caimán'.

Con proporcionalidade directa, circunscripción única e revisando os dereitos electorais d*s estranxeir*s de orixe galega a cousa xa estaría clara. Sería o xusto.

Let's face the music & dance "The Proclaimers - A letter from America "

Domingo, Junho 19, 2005

Matar o velho


Tarefas para hoje.

Let's face the music & dance "Beth Carvalho - Apesar de você"

Sábado, Junho 18, 2005

Vera Drake


Esposa, nai, criminal.

Let's face the music & dance "The Propellerheads & Shirley Bassey - History repeating"

Yes, I do.


.

Let's face the music & dance "The Mamas & the Papas - Go where you gonna go"

Creando verdade coma cristal saíndo do forno da inspiración.


Que precioso edificio!
I wanna get juxtaposed with you.

Let's face the music & dance "Super Furry Animals - Juxtapozed with you"

Doutor Who?


O termo Dalek é usado ás veces en sentido metafórico para describir á xente, normalmente autoridades, que actúa coma robots e non é quen de rachar coa súa programación.

Let's face the music & dance "The Timelords - Doctorin' the tardis"

Sexta-feira, Junho 17, 2005

Fordismo


Grazas, Subagá.

O que faltaba por chegar: pisos sob a protección oficial... de Ikea.

Let's face the music & dance "The Flatmates - Shimmer"

Non máis herois


'Rebelarse vende', por Joseph Heath e Andrew Potter
Dorothy Bartoszewski
Data de publicación: 9 de decembro de 2004
HarperCollinsPublishers, 358 páx., $29.95, tapa dura.
Andas en bicicleta, reciclas, mercas productos ecolóxicos. Xa sei que non é fácil, pero queres mudar as cousas. Desgraciadamente estás a perder o tempo.
Esta é só unha das provocadoras afirmacións recollidas en 'Rebelearse Vende: o negocio da contracultura'.
O libro apunta cara algunha das maiores vacas sagradas da esquerda (ben, neste caso poñamos que non sexan 'vacas' senón 'pavos de tofú'). Iconas como Naomi Klein, Michael Moore, Adbusters, reverenciados conceptos do activismo (como 'apropiarse da tecnoloxía', "pensar globalmente, actuar localmente", a 'simplicidade voluntaria', a 'comida lenta', a ecoloxía profunda) son severamente castigados aquí. Soa a discurso da dereita, pero os autores en realidade son esquerdistas de toda a vida que queren facer a esquerda máis efectiva.
Segundo eles, o problema subxacente da esquerda é que se tragar a idea da contracultura - é máis, que lla venden. A teoría contracultural di que rebelarse contra as normas sociais mina o sistema capitalista. Pero a contracultura é en realidade perfectamente compatible co capitalismo. Isto acontece porque unha vez que fican cubertas as necesidades esenciais, a xente consume para se distinguir unha da outra. Non queremos ser asociados cos xanninguéns, argumenta 'Rebelarse vende', queremos demostrar que somos diferentes aos xanninguéns. 'Rebelarse' é outro xeito de nos distinguir do resto, e outra razon para consumir (A popularidade das motos Harley-Davidson é un caso típico.)
Andar en bicicleta, reciclar, e comer alimentos ecolóxicos son outro xeito de nos distinguir dos demais. Aínda por riba, estos feitos compensan os excesos doutros, facilitandolles que sigan a vivir a vida ao grande (Mecaghonacona!).
Entón que funcionaría para mudar a sociedade? A activismo político sen glamur, procurando mudar as leis e as institucións, din os autores, pero a esquerda resístese porque relaciona a lei co totalitarismo.
Se nos deran a oportunidade sería difícil non concordar coas ideas do libro, moitas das cales son estimulantes (e ilustradas dun xeito ameno, con referencias á cultura pop, Billy Idol incluido). Desafortunadamente, o tón fachendoso e algúns razonamentos febles debilitan 'Rebelarse vende': a esquerda non é para nada anti-regulamento, ou necesariamente anticapitalista; o feito de que algúns participantes na 'Masa crítica' leven bicis carísimas non serve para descalificala; e si, a revista 'Real Simple' é absurda, pero iso non significa que a simplicidade voluntaria o sexa.
Toda vía, os autores apoianse claramente no rebeldes que eles son. Contradictorio? Pois claro, pero como dí o libro, 'rebelarse' é o que vende.

Let's face the music & dance "The Stranglers - No more heroes"

Quinta-feira, Junho 16, 2005

Dê, dê, dêdêredê


A sorrir eu pretendo levar a vida Pois chorando eu vi a mocidade perdida

A disco music, ou discothèque, ou simplesmente 'disco' é um estilo de dança que se origiou no início dos anos 70, principalmente a partir de músicas dos estilos funk e soul. Inicialmente, popularizou-se entre gays e negr*s nas grandes cidades norte-americanas, e deriva seu nome da palavra francesa discothèque (passando a significar boate, clube noturno). O nome "disco music" passou a abranger as variedades mais aceleradas e dançantes do soul e do funk, com alguma influência do pop e da salsa.
...
Entre as tendências sociais que contribuíram para o crescimento da disco music estão o aumento de consumo de gravações musicais entre negros e hispânicos acima do consumo do público branco, além do aumento da independência financeira das mulheres, da liberação gay e a revolução sexual.

Let's face the music & dance "Sister Sledge - We are family"

Lárguese!


Se algo nos deberon ensinar as últimas eleccións estadounidenses é que os insultos á intelixencia, o machismo, o autoritarismo (por patético que sexa), as descalificacións e as pallasadas venden entre grande parte do electorado. Isto é, poden axudar a gañar as eleccións ao candidato máis impresentable.
A momia está sendo o rei da campaña, incluso na súa ancianidade, e seguramente xa dun xeito inconsciente e descontrolado.
Non me estrañaría que a filtración do video fose do interese do Partido. Nos países onde a democracia 'espectacular' está fondamente asentada coma nos EUA, na Rusia e no Iraq de Saddam Hussein estas exhibicións funcionan. Por que non en GZ? Haberá quen pense: 'Que guicho está o vello!'. Un golpe de efecto para tentar amortiguar a imaxe de abuelete senil, e trocala pola dun golden boy mentalmente atlético, que aínda ten a suficiente forza para botar broncas. Hai moita xente que pensa que iso é saber mandar.

Seguramente eses efectos indesexables sexan limitados. Ademais no video hai un bonito detalle significativo: os seus servos xa se atreven a lle suxerir "Haga lo que le dé la gana". Que ven sendo algo así como lle dicir 'Fuck off and die'.

Let's face the music & dance "Peaches - Shake yer dix"

Quarta-feira, Junho 15, 2005

Parole, parole, parole


"Aceptei porque a escrita mecánica é un dos meus problemas e como ademais nun blog non tes que ter coñecementos específicos sobre o tema que tratas... vin que podía estar ben."
Aguilloado por estas fabulosas declaracións do Quico Cadaval, púxenme a buscar algo que lle lera á Paglia, que coma sempre, di barbaridades desas que invitan a reflexionar:
"O formato blog é, segundo o meu punto de vista, a decadencia da web. Non vexo os blogs coma unha nova fronteira senón como un paso atrás cara o xornalismo impreso obsesionado coas palabras - palabras, palabras, palabras!
A xente di que o mellor de escribir un blog é que non hai control editorial - é pura liberdade de expresión sen control institucional. Está ben, claro, pero escribir non é masturbarse - tes que auto-editar.
E a web para min é un medio visual - non me conecto para ficar atrapada nunha páxina chafalleira inzada de prosa indixerible.
Un blog debe resultar controvertido e ser o antídoto para a escritura inepta de moitos das revistas de coloríns de hoxe en día." Para rematar dicindo que ela inventou os blogs.

Logo pensei: haberá algún tipo de conexión entre a Paglia e o Jon Stewart? Estaría invitada algún día no show? Sería digno de ver e escoitar ese duelo de titans.
"Salon - 30/10/04 ... Parece que houbo un renacemento da sátira política - especialmente co "Daily Show". Gustas del?
Camille Paglia -
Teño amig*s e colegas que son grandes fans do Jon Stewart. Eu respectoo - especialmente despois da fabulosa patada no cu que lle deu a eses falsos do Tucker Carlon e do Paul Begala do "Crossfire"- pero nestes tempos conflicitivos non me apetece escoitar reflexións cómicas sobre as novas. Levo obsesionada coas novas desde un ano antes do comezo da guerra no Iraq. Todos os días foron unha agonía - imaxinar non só ás nosas forzas morrendo e sendo mutiladas alá, senón tamén aos milleiros de cidadáns iraquianos inocentes - que case non teñen sitio na nosa prensa - que están a sofrer e a morrer baixo os nosos bombardeos. Non estou de humor para ver shows de parodías das noticias." O 'Daily Show' é magnífico, pero é certo que hai temas que non se prestan a coñas, como Iraq.


News alert! Acabo de descubrir que non teño por que ir buscar opinións autorizadas tan lonxe da casa ;)

Let's face the music & dance "Toquinho, Vinicius & Chico Buarque - Poeta, poetinha"

Deica, e grazas polo peixe


Xa mirei a metade da 'Guía' e paseino pipa.

Let's face the music & dance "Big Audio Dynamite - Just play music!"

Terça-feira, Junho 14, 2005

Chavala!


A imaxe clásica da 'chav' nos media británicos é a dun personaxe de telecomedia, Vicky Pollard, de 'Little Britain'. Todo un logro do seu creador, Matt Lucas.

'Chav' é unha palabra de moda na Britania, que curiosamente semella ter a mesma orixe caló que os nosos 'chaval' e 'chavala'. Segundo a Wikipedia, 'chav' é un termo despectivo propio da xiria popular. Refírese ao estereotipo cultural correspondente a unha persoa que non ten educación nin cultura, e que é propensa a un comportamento antisocial ou inmoral. A etiqueta é aplicada normalmente, aínda que non sempre, a adolescentes e xente nova branca con orixe na clase traballadora ou na clase media baixa. 'Chav' úsase para os dous sexos, aínda que o 'chav' masculino ás veces é chamado 'chavster', e a 'chav' feminina 'chavette'. ... . É similar aos termos estadounidenses 'white trash', 'wigger' ou 'nigger'. A resposta a este termo varía entre a aceptación ou a súa crítica como nova manifestación de clasismo.
Como vedes non é nada novo baixo o sol, pero se cadra o 'chavismo' ou o 'white trash' se está a extender máis que nunca. Incluso entre nós. Por que?
É o tardocapitalismo. Julie Burchill defendeu este ano no The Guardian ás raparigas 'chav' argumentando que a reducida mobilidade social demostraba que a educación como saída tradicional da pobreza tiña un poder limitado. Xaquelogo, Burchill asegura que o lóxico é que as 'chavs' aspiren a imitar modelos como os de Jade Goody ou Victoria Beckham.

Pánico na casa Burberry:
O máis gracioso é o desaforado interese d*s 'chavs' por certas marcas comerciais 'pijas' e polo consumismo. O medo a ser asociado coa imaxe dun ou dunha 'chav' provoca unha terrible aceleración na 'carreira armamentística' do consumismo, xa que ninguén por riba na escala social está dispost* a ser asociad* co chavismo. Pero a cousa está difícil, nos días en que calquera trapalleira coma min pode atopar o último modelo de óculos de sol de Chanel por €20 no mercadiño de Salgueiriños. Por non falar dos perfumes, das zapatillas deportivas, dos bolsos...
E agora unha anécdota tirada de 'Rebelarse Vende':
"O anos 2000 foron cruciais para a marca de roupa Burberry. O seu debuxo de cadros escoceses comezou a se ver por todos os lados coma un ingrediente sutíl: unha elegante bufanda de lá, o forro dunha chaquetea, o discreto peche dun bolso. A orixe da marca é a gabardina Burberry que se deseñou para os oficiais británicos durante a 1ª Grande Guerra. Co tempo iríase asociando á cómoda elegancia da nobreza rural inglesa. A finais da década de 1990, a casa Burberry fixo unha magnífica campaña de relanzamento protagonizada pola modelo Stella Tenant (a aristocrática neta dos duques de Devonshire). Case de seguido, as tendas máis exlusivas comezaron a distribuir toda a gama Burberry de roupa, óculos de sol, bolsos, zapatos e colares de can.
Nembargantes, aos dous anos a empresa viuse coa auga ao pescozo. En palabras do seu xefe de mercadotecnia John Williamson, "cando caes nas mans da masificación perdes o control do cliente". Na Grande Bretaña, a compañía tocou fundo cando unha concursante do programa televisivo Grande Irmán 4, Tania do Nascimento, estivo semanas paseando pola pequena pantalla cun biquini e unha bandana Burberry, diante dun público de millóns de persoas. Poderíase considerar isto unha boa publicidade para a marca? En absoluto. Nascimento fixérase famosa pavoneando as súas fazañas sexuais e xurarndo que, se gañaba, gastaría os cartos do premio en aumentar o peito con implantes de silicona.
O problema, segundo os publicistas da casa, é o carácter 'transicional' da marca Burberry. O seu pedigrí aristocrático convirtea nun símbolo de estatus social. Quen leva roupa de Burberry está a dicir: "Preocúpame máis a elegancia clásica ca moda". Por suposto, cando a casa lazou a súa campaña de renovación, unha abrumadora maioría da poboación non sabía a diferenza entre Burberry e calquera outra tela escocesa. Quen esataba 'ao tanto' vestía a marca para poder telegrafiar unha mensaxe a outras persoas entendidas e intercambiar con elas sutís miradas de recoñecemento mutuo. Burberry era un símbolo de distinción. Como xa vimos, a distinción implica tanto un elemento de inclusión coma un de exlusición. Consite tanto en reafirmar a pertenza ao grupo superior dos informados, como en negar a pertenza ao grupo inferior dos desinformados.
O máis importante da elegancia é que non pode tela calquera. Burberry podía protexer a exclusividade do seu producto mantendo os prezos moi altos, aínda que é moi difícil conseguir vencellar unha marca comercial cun deseño de cadros escoceses. Por iso comezaron a se multiplicar por todas as partes os plaxios de Burberry. A súa clásica trama de cadros fíxose inmediatamente asequible para a grande masa - persoas como a concursante Nascimento- que tiñan un concepto da elegancia totalmente oposto á imaxe de marca que se pretendía cultivar. E que as prendas Burberry puidesen comunicar a mensaxe "gústanme os reality shows e operarme as tetas", no canto de "prefiro a elegancia clásica", chegou para que a maioría dos membros da élite non quixeran saber nada do asunto."

Por certo, acaban de prohibir a entrada nun par de pubs de Leicester á clientela que leve Burberrys, para previr o comportamento antisocial dentro do recinto.
Trabúcome, ou é certo que Burberry tamén era unha marca moi querida polos militantes e simpatizantes do noso benquerido partido conservador?

Let's face the music & dance "The Cure - Why can't I be you?"

Agora eu quero você, te ver torcendo a favor


Nunca pensei que había secundar un chamado ao 'boto' útil. Mais con esa estreita marxe, estas son circunstancias excepcionais, non si? Recordemos que aquí non hai segunda volta.
E xa teremos tempo para botar pestes. Outras.

Let's face the music & dance "Péri e Duda Mendonça - Bote fé"

Segunda-feira, Junho 13, 2005

Life's a bitch


In this Celebrity big brothel.

Let's face the music & dance "The Hidden Cameras - I want another enema"

Álvaro Cunhal, 1913 - 2005


Destacado dirigente comunista, formou-se em direito pela Universidade de Lisboa em 1935 e no mesmo ano foi eleito secretário geral da Juventude Comunista. Em 1949-51 promoveu a reorganização do PCP e em 1961 foi eleito seu secretário geral cargo em que se manteve até 1992, quando foi substituído no cargo por Carlos Carvalhas. Grande parte da sua vida decorreu nas prisões, na clandestinidade e no exílio. Depois de 25 de Abril de 1974 regressou a Portugal e foi ministro sem pasta nos primeiros governos provisórios. Líder incontestado e carismático tem exercido forte influência na política e nos movimentos sociais que demarcam o seu percurso. É membro do Conselho de Estado desde 1982.

Let's face the music & dance "Avante Camarada"

Domingo, Junho 12, 2005

Blame it on the boogie


Viva a música negra. Canto tempo había que non bailaba.

Let's face the music & dance "Phase II - Reachin'"

Si tu me dices ven


"Traballei moitos anos nunha oficina e todos os días miraba pola fiestra e dicíame: 'eu quero traballar aí fóra'. Pensei que era tarde de máis. Teño 37 anos e estou en cuarto de carreira"

Let's face the music & dance "Pere Ubu - Waiting for Mary"

Newsxplotation


Infórmame todo o que queiras.

Let's face the music & dance "The Hidden Cameras - Music is my boyfriend"

Bad hair day


Onte coñecín finalmente a depilación facial coa axuda dun fío entre os dedos. É unha antiga técnica de depilación, predominante no sur da Asia e no Oriente Medio, do que nos falaron na nosa última viaxe a Londres.

Avantaxes da depilación cun fío fronte á cera
• Non arrinca capa ningunha da pel.
• O pelo non crece de novo tan rápido.
• A pel non se pon tan rubia nin irritada.
• Pode apañar pelos un a un.
• Non é preciso que o pelo estea crecido. Apaña ata os pelos máis finos da superficie da pel.
• Non fai que saia máis pelo, nin que saia máis forte.
• Deixa a pel suave


Let's face the music & dance "Big Audio Dynamite - Just play music!"

Sábado, Junho 11, 2005

Zaragoza de luxe


Vía Renas & Veados.
Hot, hot, hot.

Let's face the music & dance "The Cure - Hot Hot Hot"

Dirty old man


O bo das ideoloxías en descomposición é que sempre podes botar unhas risas co seu patetismo.
Se non fora que aquí hai tempo que non se atura co cheiro.

Stop press - El Partido Popular «se honra en contar con muchas meretrices entre sus militantes y simpatizantes»

Let's face the music & dance "Sisters of Mercy - This corrosion"

Sexta-feira, Junho 10, 2005

Fashion victim


Alá vai a metade das miñas vacas sagradas: o situacionismo, o Mondo Brutto, Naomi Klein, Malcolm X, Guy Debord, o punk, ...
"Esta é unha breve lista das cousas que ao longo dos últimos cincuenta anos se consideraron tremendamente subversivas: fumar, deixar un home o cabelo longo, levar o cabelo curto unha muller, deixar barba, a minisaia, o biquini, a heroína, a música jazz, o rock, a música punk, a música reggae, o rap, as tatuaxes, deixar crecer o pelo nas axilas, o grafiti, o surf, o monopatín, o piercing, as garavatas estreitas, non levar suxeitador, a homosexualidade, a marighuana, a roupa rota, a gomina, o cabelo cortado en crista, os pantalóns de cadros, as verduras orgánicas, o calzado militar, o sexo interracial. Hoxe en día, todos os elementos desta lista saen no típico video de Britney Spears (coa posible excepción do pelo baixo as axilas e as verduras orgánicas)."

Non é como para estar dacordo con todo, pero xúrovos que poucas veces lera algo tan demoledor. E aínda non cheguei á segunda parte.

Let's face the music & dance "Mercedes Sosa - Tu que puedes vuelvete"

Gauche divine et galicienne


Imprescindible. Xa nos podemos poñer tod*s a lelo.

Let's face the music & dance "New Order - Touched by the hand of god"

O derradeiro sacrificio


"Non esquezas, en calquera caso que unha tendencia plurianual diáfana pode inverterse do xeito menos pensado en poucas semanas, ou mesmo días"

Let's face the music & dance "The Carpenters - Desperado"

Quinta-feira, Junho 09, 2005

Na finca da marquesa


Nesta cidade tamén hai cousas boas. Magnífico web.

Let's face the music & dance "Siouxsie & the Banshees - This Town Ain't Big Enough For The Both Of Us" + "Sparks - This town ain't big enough for the both of us"

Terror


A non chegar nin aos 35 deputad*s.

Let's face the music & dance "Fatboy Slim - Talking bout my baby"

Os tempos son chegados


Tamén para unha nova alcaldesa.

Let's face the music & dance "Moloko - The time is now"

Quarta-feira, Junho 08, 2005

O destino das pequenas nacións


"Tras el desayuno estilo sueco --conjugado con pequeños detalles asturianos" LOL

Let's face the music & dance "Morrissey - Such a little thing makes such a big difference"

Estasi di santa teresa


No te tardes, que te espero.

Let's face the music & dance "Cola Boy - 7 ways to love"

Terça-feira, Junho 07, 2005

Minhoca


Marabillosas imaxes, cumprida e selecta información, e unha fermosa voz. Quen quere máis?

Let's face the music & dance "The Beloved - Your love takes me higher"

Don't worry


You'll be sorry.

Let's face the music & dance "Wet Wet Wet - With a little help from my friends"

Unha palabra túa abonda para me enfermar


Mon dieu, se a Franza está así*, xa non che digo como estarán os neocóns!
*"Philippe Boggio relata o primeiro encontro hai oito anos entre M. de Villepin, 51, e o filósofo de moda Bernard-Henri Lévy.
Durante a conversa, M. de Villepin comparou ao filósofo e escritor cun "Cristo sen as feridas". Levy, que agora ten 56, ficou fondamente impresionado pola comparación, e dacordo con varias fontes - entre elas a súa muller - acordou esa noite sangrando polas palmas"

Let's face the music & dance "Army of Lovers - Crucified"

Segunda-feira, Junho 06, 2005

Culture of lawfulness


Sería unha frivolidade comparar a situación siciliana coa nosa, pero ghoder, que documental máis ilustrativo acabo de ver.
Un must see en plena campaña electoral!
(Por certo, o patético home vello sufriu outro pequeno arrouto de escatoloxía. Terá a ver co medo a saír da fase anal?
En realidade estaba a nos desexar sorte:
Merda, merda pra você
Desejo merda
Merda pra você também
Diga merda e tudo bem
Merda toda noite e sempre a merda)

Let's face the music & dance "Chico Buarque & Caetano Veloso & Rita Lee & Luis Caldas - Merda"

Big Beautiful Woman


Unha lenda viva, para escarnio dalgúns.

(Que falta de respecto! Como en catro liñas se pode demostrar que es unha porca chauvinista: "inmensa", "con sus 63 años", "subió al escenario a dar sus rítmicos alaridos". Só che faltou dicir 'de negra'.
Debes ter un traballiño, rapariga, para compatibilizar o 'xornalismo' coas túas visitas á corporación dermoestética!
Non me toques á Raiña, puta!
Adios Barbie.)


Let's face the music & dance "Aretha Franklin - Angel"

Good riddance


...ou como din por aí, 'vai ao carallo'.

Let's face the music & dance "St Etienne - People get real"

Market forces


Is that Maggie in the middle? Lindo gharsé.
Hai 30 anos a Britania votaba maioritariamente a favor da integración europea.

Let's face the music & dance "Joe Smooth - Promise land"

Domingo, Junho 05, 2005

Pornografía dura


Visións incompatibles con deus todopoderoso.

Let's face the music & dance "The Sugarcubes - Deus (remix)"

Hand in glove


And if the people stare
Then the people stare
Oh, I really don't know and I really don't care

Let's face the music & dance "The Smiths - Hand in glove"

Pre-Raphaelitas


Picture this.

Let's face the music & dance "Blondie - Picture this"

Sábado, Junho 04, 2005

Brixton Academy


Foi interesante coñecer finalmente a Brixton Academy, aínda que fose asistindo a eses aburridos concertos de rock. Por certo, a xente en Londres ten tanta pasta para ir fin de semana si e fin de semana tamén a concertos?
O que máis me gustou por suposto foi o exercicio de exhibicionismo cando o protagonista dí: 'En Inglaterra bailamos así'.
Bonito xardín.

Let's face the music & dance "Fatboy Slim - Star 69" What the fuck?