Leva xa un ano á venda en Norteamérica un sinxelo aparatiño que permite apagar á vez todos os televisores nun radio de 14 metros. É dicir que podes ir por aí deixando sen televisión edificios enteiros. Esta xente di que quizais comecen a ler ou a conversar, pero eu moito me temo que no meu bloque se habían de poñer a berrar ou a bater uns nos outros. Non sei se sería peor o remedio ca enfermidade.
Let's face the music & dance "David Bowie - This is not America"
Servidor*s públic*s renunciando aos seus empregos por motivos ideolóxicos? Non o verán os nosos ollos. Co peseteras que son as que aspiran a supernumerarias.
Let's face the music & dance "Andee Silver - L'amore dice ciao"
Free at last! "O Juneteenth celébrase o 19 de Xuño, para conmemorar o día no que *s escrav*s de Galveston, Texas, tiveron noticia por primeira vez da 'Declaración de Emancipación', dous anos despois de que fora proclamada. O Juneteeth é a máis antiga celebración da fin da escravitude nos EUA".
Let's face the music & dance "Sly & Robbie - Free at last"
The Temptations (tamén chamados 'The Tempts' ou 'The Temps') son un grupo de cantantes fichados pola Motown nos EUA, que teñen un repertorio que inclúe o doo-woop, o soul, a psicodelia, o funk, o disco, o R&B e as baladas tradicionais. Formado en Detroit, Michigan, no ano 61, The Temptations sempre estiveron constituidos por cinco vocalistas e bailaríns afroamericanos. O grupo, coñecido pola súas perfectas coreografías, as súas distintivas harmonías e os seus elegantes traxes, é considerado tan decisivo para o soul como o foron The Beatles para o rock. Á altura do ano 82 levaban vendidos máis de 22 millóns de albums, polo que son o grupo máis exitoso na historia da música negra, ademais de seren o mais sobranceiro grupo vocal masculino dos 60. Asemade, son os artistas máis vellos da Motown (despois de Stevie Wonder) e botaron máis de 40 anos nesa etiqueta: 16 anos desde o 1961 ata o 1977, e outros 24 do 1980 ao 2004. Do 1977 ao 1980 estiveron fichados pola Atlantic Records. Hoxe en día (2005) The Temptations seguen a actuar coma grupo independente, pero só cun dos cantantes orixinais, o fundador Otis Williams, entre os seus membros. Coma o seu grupo xemelgo, The Supremes, a formación dos Temptations mudou frecuentemente ao longo do tempo. O grupo orixinal incluiu membros de dous grupos vocais de Detroit: provenientes dos Ottis Williams & The Distans estaban Otis Williams (segundo tenor/barítono), Elbridge 'Al' Bryant (primeiro tenor) e Melvin Frnaklin (baixo); e provenientes dos The Primes, Eddie Kendricks (primeiro tenor/falsetto) e Paul Williams (segundo tenor). Entre os máis salientables membros posteriores dos Temptations estiveron os solistas David Ruffin e Dennis Edwards ( ámbolosdous tiveron exitosas carreiras en solitario logo de deixar o grupo); Damon Harris, Richard Street (tamén membro dos Distant); Roy Tyson e Ali-Ollie Woodson. Ao longo da súa carreira The Temptations conseguiron catro números un nas listas pop e dez números un nas listas de R&B. A súa producción proporcionoulles tres premios Grammy, así como outros dous Grammies que foron cara aos productores e os compositores que crearon o seminal éxito do 1972 'Papa was a rolling stone'
Let's face the music & dance "The Temptations - You're my everything"
Isto aínda non está traducido ao galego, verdade? E que o quero ler para sobrelevar a idea da 'Solución Final'. Antes de que nos ataquen co filme. E cos bulldozers.
PS Están traducidos ao galego do Sur. Obrigado, JM Outeiro.
Xa sei que escollemos a play-station, pero logo así estamos tan podres!
Os Allotments: No Reino Unido un allotment é unha leira arrendada cada ano a un prezo simbólico polos concellos ou por unha asociación independente á xente que que queira cultivar os seus propios alimentos. É ser considerado coma un exemplo de xardineiría comunitaria para a xente das zonas urbanas e ata certo punto das rurais. O sistema dos allotments comezou no século XVIII: por exemplo, un gravado de 1732 amosa Birmingham, na Inglaterra, arrodeada de leiras, e algunhas delas chegaron ata os nosos días. Despois da Lei das Enclosures e da Commons Act do 1876 a terra dispoñible para a xente pobre minguou grandemente. Como consecuencia desenvolveronse as leis dos allotments. O primeiro corpo legal sobre o tema foi a Small Holdings and Allotmente Act do 1908, que foi modificada pola Allotment Act do 1922 e as sucesivas leis dos Allotments deica 1950. Estas leis obrigan aos concellos a manter unha "axeitada cantidade" de terra, normalmente unha grande agra que pode ser subidvidida en pequenas leiras para residentes que han pagar unha renda simbólica. A renda está establecida no que unha persoa "pode chegar a pagar" (1950). No 1997 a renda media por 3 cuartillos eran uns €30 ao ano. Cada leira non pode exceder de medio ferrado e debe ser utilizada para a producción de froitas ou vexetais para o consumo de quen arrenda e da súa familia (1922). O tamaño exacto e a calidade das leiras non está definida. O concello ten o deber de asegurar o número suficiente de leiras para cubrir a demanda. No 1997 os ingresos totais polos allotmentes foi de máis de 3 millóns de € e os gastos pasaron dos €10 millóns. O número total de leiras variou moito ao longo do tempo. No século XIX e a comezos do XX, o sistema dos allotments proprocionou a maioría das verduras frescas consumidas pola xente pobre. No 1873 había 244.268 leiras e no 1918 ao redor de 1.500.000. Aínda que o número decreceu nos anos 20 e 30, subiu ata 1.400.000 durante a 2ª Grande Guerra e aínda había uns 1.117.000 no 1948. Este número decreceu desde entón, caendo ata os 600.000 a finais dos 60. O Enquérito Thorpe do 1969 investigou este declive e apuntou coma causas a diminución da terra disponible, a crecente prosperidade e o crecemento das actividades de ocio. A pesares do crecente interese nos temas ambientais desde os 70, que renovou o interese polos allotments a taxa de declive só se ralentizou, pasando dos 530.000 allotments no 1970 aos 497.000 do 1977, a pesares de que había unha considerable lista de espera. No 1980 rematou esa tendencia, e xa no 1997 o número de allotments caiu ata os 265.000, cunha lista de espera duns 13.000 e unhas 44.000 leiras desocupadas. *s usuari*s dos allotments teñen unha asociación que defende os seus intereses, a National Society of Allotment and Leisure Gardeners, coñecida coma NSALG.
Let's face the music & dance "Quinteto Tati - Valsa quase antidepressiva "
Qué leverías no cesto, Dot, de vivires en Perpignan?
Gustaríame que houbera unha empresa na industria da distribución alimentaria deste país que sobuese copiar este modelo, e non ter que claudicar perante aos franceses. *s hippies son admirables, pero teñen unha influencia tan minoritaria na sociedade! Ou non?