Segunda-feira, Fevereiro 28, 2005

Que nos dean Brioche


Pois claro que si, un pouco de María Antonietismo.

Let's face the music & dance "Luiza Maria - Não corra atrás do sol"

Exploração


A Rádio UOL tem 363 canais de música que você pode ouvir à hora que quiser. Esses canais são atualizados semanalmente. Abaixo, você encontra a lista completa, organizada por estilo.
Para logo poder engordar ben os beneficios dos donos dos fios... e disfrutar.

Let's face the music & dance "Elza Soares - Timbó"

Sábado, Fevereiro 26, 2005

No popery


A vida de Peter Benenson foi um testamento corajoso a seu comprometimento visionário em lutar contra a injustiça no mundo

Let's face the music & dance "Sinead O'Connor - Heroine"

Trans


Estou derread* pero content*. Hoxe transplantei a miña primeira árbore: unha cerdeira de 4 metros de altura. Non sei se será xa moi tarde. Espero que non e que prenda.
Agora só resta que me adopten, e a facer música.

As Canções que Você Fez pra Mim "Nat King Cole - Let's face the music and dance"

Frío


Preciosa foto de OF Lamas.

As Canções que Você Fez pra Mim "This Mortal Coil - Song to the siren"

Pop will eat itself


Feito. Pérdenme as coloriñas. Estades todas convidadas.

As Canções que Você Fez pra Mim "Everything but the Girl - Single"

Sexta-feira, Fevereiro 25, 2005

Sudan I


Unha cadea de supermercados inagura hoxe unha simpática campaña para nos recrear con productos folclóricos da industria alimentaria de media Europa e parte de Turquía. Por vez primeira poderemos mercar productos abertamente empaquetados en Lituania. Xa estabamos cansos de mercalos baixo a etiqueta 'empaquetado na UE'. Espero que estes tamén leven leite radioactivo ucraíano, amidón tranxénico brasileiro, cacao roubado en Ghana e Sudan I. Albricias! Eu non o perdo. Viva el mal, viva el capital.

As Canções que Você Fez pra Mim "The Chemical Brothers - The State we're in"

Quinta-feira, Fevereiro 24, 2005

As pregarias atendidas


É melhor ser alegre que ser triste
Alegria é a melhor coisa que existe
É assim como a luz no coração
Mas pra fazer um samba com beleza
É preciso um bocado de tristeza
É preciso um bocado de tristeza
Senão, não se faz um samba, não


Unhas me veñen e outras me van. Agora non quero saír do meu tobo: tanto tempo carretando palliña para estarmos confortables e cando o consigues, zas, tes que marchar. Pero así é a vida. E hai que encarala co mellor dos sorrisos.

As Canções que Você Fez pra Mim "Maria Bethânia - Samba de benção" no disco Que falta você me faz

Existe alguém em nós


Parabéns.

As Canções que Você Fez pra Mim "Gal Costa e Caetano Veloso - A luz de Tieta"

Vão subir na vida, malandros!


O traballo é fodido para a xente de trinta e tantos... pero unha benzón para a xente de máis de 60.
Patrick Barkhan e Lucy Ward, Quinta Feira 24 de Febreriro do 2005. The Guardian.
Suponse que é a túa década máis dinámica, cando sobes na túa carreira a medida que a xente máis vella vai contando os días que lle restan para o retiro. Pero un novo estudio acaba con ese estereotipo, descubrindo que a xente de trinta e tantos está deseperada por deixar o traballo mentras que a que pasa de 60 é a máis feliz no choio.
Unha enquisa do 'Foro sobre a Idade da Xente Empregada', unha asociación adicada aos temas da idade no lugar de traballo, descubriu que o 93% da xente que pasa de 60 anos gusta do seu traballo (a máis alta porcentaxe en calquera grupo de idade) comparado con só un 54% entre a que ten trinta e tantos.
Os resultados do enquerito de máis de 1600 traballador*s entre os 16 e os 69 anos semella confirmar a crecente percepción de que o modelo tradicional de progreso na carreira xa non convence a moita xente.
Mentres que a xente de trinta e tantos é moito menos proclive a se aburrir no traballo, tamén é a que menos ganas ten de traballar.
A presión que sofre a xente de trinta e tantos, que moitas veces traballa máis de 40 horas á semana, e asemade, as demandas das novas familias, conducen ao estrés e a un forte desexo de reducir as horas de traballo, segundo o estudio "A idade e o traballo".
O estudio conclue que "sempre estamos motivados para o cambio e o desenvolvemento, pero bótanos para atrás esa idea desfasada de que a xente nova comeza por abaixo e o retiro se produce cando estás no máis alto"
...
"Non é que estea aburrida, pero está deprimida polo feito de que o traballo se convertera na totalidade da súa exitencia e de que a meirande parte da súa enerxía, do seu intelecto e da súa vida emocional a teñan que empregar en subir na vida. Está cansa e decátase que está a perder o contacto co*s amig*s ou está a perder aspectos do desenvolvemento das súas crianzas que nunca van recuperar"
...

As Canções que Você Fez pra Mim "The Smiths - Work is a four letter word"

Quarta-feira, Fevereiro 23, 2005

Suxestión


I say to myself, you're such a lucky guy.
Xa me podo ir convencendo.

As Canções que Você Fez pra Mim "The Tempations - Just my imagination (running away with me)"

O número da Besta


Non, non está na axenda da Paris Hilton.

As Canções que Você Fez pra Mim "Santeiro - O paxaro"

Garda


Qué non lle poñan un nome absurdo. Ou si.

As Canções que Você Fez pra Mim "Shania Twain - That doesn't impress me much"

Papagaios


Viva a renovación urbana. Non lera publicidade tan graciosa desde as curas-milagre e a captación-sectaria.
"Manchas y olores repugnantes en sus sábanas" Insuperable.

As Canções que Você Fez pra Mim "The Crystals - He hit me (and it felt like a kiss)"

Terça-feira, Fevereiro 22, 2005

The NME I used to know!


Cómo íamos sospeitar que tiñamos a nosa propia Shandie Shaw! E aínda non se sabe nada?
Obrigado Regueifeiro, xa chegou o compi!

As Canções que Você Fez pra Mim "Andee Silver - Teño saudade"

Postcode lottery


Onde se vive mellor: en Madrid, en Bilbo, en Donostia, en Girona, en Barcelona ou en Badajoz?

As Canções que Você Fez pra Mim "The Marvelettes - Destination:Anywhere"

Básico


Todo o mundo ten dereito á liberdade de opinión e de expresión; este dereito inclúe o de que non se lle moleste por mor das súas opinións, e o de investigar e recibir informacións e opinións e o de difundilas, sen limitación de fronteiras, por calquera medio de expresión.

As Canções que Você Fez pra Mim "Neneh Cherry - Woman"

Segunda-feira, Fevereiro 21, 2005

Patty Bouvier


Ía casar cunha especie de muller onte á noite en Springfield "a cidade onde todo o mundo pode casar - incluso os pailáns".
PS Por causa dos pailáns o episodio levaba "advertencia aos pais".


As Canções que Você Fez pra Mim "Mecano - Une femme avec une femme" Hai cancións que inducen á lesbofobía ;)

Qué mal gusto!


Xa postos a se espiren en solidariedade coas víctimas do tsunami, por qué non se revolven na lama e simulan levar días afogados. Algún xa ten o bandullo hinchado.
Qué vai ser o próximo? Lencería fina e víctimas do terrorismo? T-shirts molladas e violencia doméstica?

As Canções que Você Fez pra Mim "Madonna - Justify my love"

O salvaxe oeste


Estas aldeanas de Sussex estaban tan cansas de ver pasar os coches coma centellas que os decidiron multar elas mesmas.
Pearl, de sesenta e nove anos, levanta o brazo, apunta e preme o gatillo.
"Cuarenta e unha. Apañámolo, Jean" comenta.
O Peugeot está a 100 iardas de distancia e frea en canto mira a parella cos chalecos reflectantes.
Pero xa é demasiado tarde porque a outra xa está a apuntar a matrícula sen facer caso da cara de can d* condutor*.
Logo das bandas, das cámaras e da falsa policía, esta é a última iniciativa na procura de reducir a velocidade excesiva, e pode que se extenda próximamente a outras áreas. Despois de todo non custa un só penique á facenda pública.
Vintedúas voluntarias das aldeas do West Hoathly e Sharpthorne no West Sussex foron adestradas e equipadas pola policía para denunciaren *s conductor*s que pasen das 37 millas por hora.
...

As Canções que Você Fez pra Mim "Siouxsie & The Banshees - The Passanger"

Qué ben senta a emigración 1



As Canções que Você Fez pra Mim "Maria Bethânia - Ronda"

Domingo, Fevereiro 20, 2005

There are some bad people on the right


On a government scheme
Designed to kill your dream
Oh mum, oh dad
Once poor, always poor
La la la la la
Interesting drug
The one that you took
Tell the truth - it really helped you
An interesting drug
The one that you took
God, it really really helped you
You wonder why we’re only half-ashamed ?

As Canções que Você Fez pra Mim "Morrissey - Interesting drug"

É hoje


A estrelinha com cabeça.

As Canções que Você Fez pra Mim "Fernanda Abreu - Hoje"

Sábado, Fevereiro 19, 2005

Pagar


Por estrictas razóns antropolóxicas.

Oh my gosh
he's making eyes at me
and I don't mind at all, yeah yeah
oh my gosh
he's making my imagination run
wiild, no, no, no


As Canções que Você Fez pra Mim "Basement Jaxx - Oh my gosh"

Sexta-feira, Fevereiro 18, 2005

Reparações


8 meses para se poñer guapo: dentista, steticien, personal trainer, terapeuta, flores de bach, cuncas tibetanas, ioga, pilates, fitness postural...
Máis que nada por cumprir aquilo de que 'cando van, van coma rosas'.
Agora estou un pouco negro.

As Canções que Você Fez pra Mim "Gal Costa - Brasil"

Underwater love


Finalmente.
Dalgunha maneira acabamos por aboiar. Sobre todo nós as crianças, como dicían en 'C'est arrivé près de chez vous'.

As Canções que Você Fez pra Mim "Moby - Lift me up"

Amor e McJobs


Esta xente di que son xenios á altura dos deuses e eu concordo.
Aínda que vaian vellos e encarguen bonitos videos absurdos onde o amor indie* trunfa sobre as condicións socioeconómicas do tardocapitalismo. E aínda que o seu novo album non sexa bo de todo. Agás 'Jetstream'.

* Cada vez que escoito a palabra indie acórdome de L-Kan e éntranme calofrios.

As Canções que Você Fez pra Mim "New Order - Fast Synth" Outra vez..

Quarta-feira, Fevereiro 16, 2005

Terça-feira, Fevereiro 15, 2005

Dot e as súas amigas


Este non é un serial británico, é o Dickens do noso tempo e poden disfrutar del en media Europa e parte do estranxeiro.
Mentras nós a 1000km e a anos luz.
Feliz aniversario.

As Canções que Você Fez pra Mim "Gwen Stefani - What you waiting for (Jacques Lu Cont remix)"

Oh yeah!


A Europa que eu quero.

As Canções que Você Fez pra Mim "New Order - Fast Synth" A primeira grande canción do 2005. Non me fodan que non vai estar finalmente no disco!

Siouxsie e a suástica


"...Levabaa (hai 29 anos), como moita outra xente na escena punk daquela, por varias razóns: por fetichismo à la Salon Kitty, Il Portiere di Notte, Cabaret, etc; e sí, non hai dúbida de que tamén o fixo coma un xeito xuvenil de levantar o dedo e lle dicir ao stablishment "mira qué noxo". Creo que é xusto dicir que ela ao final se decatou das implicacións do símbolo e fixo unha máis que patente demostración de que non respresenta as súas opinións políticas de ningunha maneira: usando a montaxe do John Heartfield para o single "Mittageisen/Love in a Void", adicándolle ao memsmo artista "Metal Postcard", usando a estrela de David para "Israel", etc. Estou dacordo con que o famoso "moitos xudeos para o meu gusto" é unha frase estúpida e irresponsable en calquera contexto (ainda que Sioux, e Severin, quen realmente escribiu a letra, dixeron que en realidade se referían aos peixes gordos do mundo dos negocios, sen importar a súa relixión), pero aínda así, incluso xa no 1977, mudaron a frase, e para demostrar que non son nazis, converterona en "demasiados fachas para o meu gusto". Que máis queredes dela - que vos pinte un cadro?
Sempre pensei que non é xusto que Siouxsie sexa a única persoa que xente coma Neil Martin e outros sinalen co dedo. Varios membros dos Stooges non se resistían a usar a suástica, John Lydon luciu a Cruz de Ferro e a aguía nazi ou a suástica durante os seus días cos Pistols, Nick Cave usouna no ep "Mutiny" e noutras ocasións. Os moi santificados The Clash ,"amigos da xente corrente", nunca foron reprendidos polo seu flirteo co uso de camisetas e brazaletes da Facción do Exército Vermello e as Brigate Rosse (quizais sexa axeitado idolatrar asasinos de esquerda que rebentan civís inocentes nas estacións de trens), e Bowie excusa os seus saúdos co brazo en alto en Victoria Station coma froito da inxenuidade e da paranoia producida polas drogas. E podería seguir.
A conclusión é que Siouxsie fixo algo que foi un pouco estúpido e irresponsable cando tiña 19 anos e desde aquela fixo todos os esforozos para dicir que os Banshees non son fascistas e creo que xa é tempo para deixala en paz. Non creo que a aparición no Uncut doutra foto dela levando o brazalete coa suástica e unha referencia á guerra-lóstrego na foto sexa moi apropiada.
O feito é que Siouxsie non é nazi, e que 'The Scream' é aínda un dos mellores cinco discos de todos os tempos."

Richard J, Hull, East Yorkshire. Uncut, Marzo do 2005.

As Canções que Você Fez pra Mim "Siouxsie & the Banshees - Peek-a-boo"

Jamie once again


A nova serie do Jamie Oliver no Channel 4 recolle a súa campaña para mudar os menús das escolas. Rematar coa comida procesada e lista para quentar chea de aditivos. Adiante coa comida saborosa e nutritiva, preparada con ingredientes frescos. Na cociña din que non vai poder ser. As crianças non van probar nada que leve algo remotamente verde.
Está este proxecto condeado ao fracaso? Estás de coña. Canto máis díficil é, máis convencido está o Jamie. Vai marear a*s polític*s, convencer a*s cociñeir*s, e cautivar ás crianças - e de paso determinar un novo estandar de comida saudable e saborosa nas escolas.


As Canções que Você Fez pra Mim "Michelle Shocked - On the greener side"

Segunda-feira, Fevereiro 14, 2005

Dragostea Din Tei en galego!


Xa temos versión brasileira do maior éxito en romanés de todos os tempos. E nada de 'amor baixo os tileiros'. Aquí é directamente 'tesão, sedução, líbido no ar. No meu quarto tem gente até fazendo orgia'. Creo que non vai valer para a campaña do Bloque.

Podes escoitar un cacho aquí.

As Canções que Você Fez pra Mim "Latino - Festa no apê "

Bezerra da Silva


Morreu, e non souben ata hoxe por non ler as esquelas.

Como ele próprio explica, sua ligação com o mundo musical se deu por causa do "medo da fome". Diz também que a única saída que tinha era "lutar por dias melhores", pois "tinha dias que trabalhava e não comia". Não se cansa de afirmar que saiu do ramo da construção civil porque achava que algum dia iria "virar uma escada, um tijolo, um saco de cimento".
Cantor e compositor de verve ácida, Bezerra da Silva atira contra as injustiças sociais. Uma boa demonstração disso é a faixa "Partideiro Sem Nó na Garganta" do disco "Presidente Caô Caô", na qual canta:
"Dizem que sou malandro, cantor de bandido e até revoltado
Porque canto a realidade de um povo faminto e marginalizado".

ou então a faixa "Vítima da Sociedade" de seu disco "Malandro Rife", na qual afirma:
"Se vocês estão a fim de prender o ladrão.
Podem voltar pelo mesmo caminho
O ladrão está escondido lá embaixo
Atrás da gravata e do colarinho".

Suas músicas são quase sempre de outros compositores ou então de parcerias que ele cultiva há muitos anos. Seus parceiros são poetas dos morros como 1000tinho, Barbeirinho do Jacaré, Baianinho, Em Cima da Hora, Embratel do Pandeiro, Trambique, Zé Dedão, Popular P., Pedro Butina, Simão PQD, Wilsinho Saravá, Rubens da Mangueira, Pinga, Dunga da Coroa, Jorge Laureano, Adelzo Nilto, Edson Show e uma imensa lista de outros ilustres desconhecidos que Bezerra faz questão de divulgar em seus discos.
Nas letras dos sambas desses compositores se expressam os conflitos sociais de uma população marginalizada. Tudo através de uma ótica bem humorada, mas também áspera. São letras com palavras afiadas, de gente que tem uma visão sociológica amadora, porém lutadora e inconformada.


As Canções que Você Fez pra Mim "Bezerra da Silva - Eu sou favela"

Esta xente morena


Fomos coñecer os xardíns do pazo de Ortigueira en Ribadulla e ficamos sorprendidos do seu estado de abandono e da caótica disposición das especies. Aínda así ten unha chea de lugares encantadores e gustaríame volver visitalos durante a primavera.
O que sí resultou admirable foi o famoso paseo das oliveiras, que seica ten uns cincocentos anos de antigüidade.
Tivemos o privilexio de saudar ao fillo do señor marqués-golpista. Estaba a podar un arbusto, e segundo nos contou con admiración o lacaio que nos atendeu "non paraba". Foi gracioso pensar que a plebe pasea polo xardín mentres a aristocracia choia, pero témome que só se trataba dun espellismo.

As Canções que Você Fez pra Mim "Maria Bethânia - Purificar o subaé"

Life is sweet


Ou de como a mala vida imita á arte. Apenas unhas semanas despois de ollar aquela escena, a miña glote tamén é golpeada no peor momento.
Resultado: gomítote un pouco enriba. Non pasa nada. Sempre ten que haber unha primeira vez.
Cómo para presumir agora de garganta profunda! O alcohol é malísimo. Nunca leves un borracho á casa.

As Canções que Você Fez pra Mim "My Bloody Valantine - You made me realise"

Sexta-feira, Fevereiro 11, 2005

Gardening is the new Rock'n'Roll


O Quilombo celebra o seu primeiro ano de existencia explorando as posibilidades do Flickr, e segunido a máxima punk do "faino ti mesm*" (xustificación para todo tipo de aberracións) presenta o primeiro show do Xardín do Pelagato.

As Canções que Você Fez pra Mim "Pop Will Eat Itself - Def Con One"

Quinta-feira, Fevereiro 10, 2005

Portus adurni


Mirei o primeiro episodio de 'A History of Britain' da BBC. Fantástico, non só para quen lle guste saber do tema.
Hai tempo que os botaron na RTP. Imaxino que haberá que ir buscar nos tratados de Tagilde e de Westminster (1373) as razóns de por qué os emitiron.
E de paso, quizais, lairse de a peste botara ao Duque de Lencastre da GZ uns anos despois.

PS Marabilloume ver unhas murallas de Lugo á beira do mar.

As Canções que Você Fez pra Mim "The Beatles - I am the Walrus"

A toma do palacio de inverno...


...no século XXI.

PS "Se Dante escribira hoxe o seu Inferno podería engadir un décimo círculo - visitar ikea un domingo". Se algunha vez vos toca formar parte do mogollón, fixádevos no barullo que forman lectores de códigos de barras e impresións de tickets nas caixas.
Impresiona. Parece dicir "Esta máquina infernal non a para ninguén. E se for preciso, bombardease Iraq, ou ou que faga falta". Aínda así, hai sitios máis silenciosos, e máis letais.

PSS Paréceme fascinante o tema: "A dignidade humana vale máis que un sofá de €60. Consumidores do mundo unídevos. Non tedes nada máis que perder ca vosa chaise longue".
"...mercar é a nosa relixión e Ikea unha das súas igrexas máis poderosas. Pero alomenos xa non nos tragamos ilusións sobre a vida no outro mundo. Alomenos as nosas aspiracións son cousas que podemos atopar nesta vida. E alomenos algunhas das cousas que nos tragamos paga a pena telas. A verdade é que postos, prefiro Ikea. Só que non a reverencio, iso é todo".

As Canções que Você Fez pra Mim "Bow Bow Bow - I want candy"

Quarta-feira, Fevereiro 09, 2005

Hokey cokey pig in a pokey!


Dot vai ser servidora pública. Aínda máis do que o é hoxe en día. ;)
E vai traballar onda Selma nun sitio así:


PS Obrigadísimo por atenderdes á miña terapia durante todo un ano. Próximamente desde o estranxeiro. :(

As Canções que Você Fez pra Mim "Harold Melvin & The Blue Notes - Wake up everybody"

Terça-feira, Fevereiro 08, 2005

Computer love


As filloas e a interné van acabar connosco.

As Canções que Você Fez pra Mim "Kraftwerk - Computer love"