Segunda-feira, Janeiro 31, 2005

Against all odds


A figura pública da semana non é outra ca este señor, Chris Smith, primeiro parlamentario abertamente gai nun país do noso entorno (1984), que logo chegou a ministro (1997-2001), e que agora revela que ten o virus da sida desde hai 17 anos. Ademais foi quen conseguiu que os museos británicos foran gratuitos, e que se lles recoñeceran dereitos ás parellas de feito d*s parlamentari*s, un grande pulo cara a que acontecese noutros ámbitos laborais. Tamén se opuxo á invasión do Iraq. Magoa que non pense seguir sendo parlamentario.
Por outra parte algúns científicos abondan na súa teima por saberen a qué se debe esoutra enfermidade, e agora saen con que "a nosa principal hipótese é que unha chea de xenes, interactuando posiblemente con influencias ambientais, explican as diferentes orientacións sexuais"
Alan Wardle do grupo a prol dos dereitos dos gais Stonewall contestou "É un estudio interesante que contribue ao debate sobre a cuestión. Pero malía saber se a orientación sexual está determinada pola bioloxía ou pola cultura ou polas dúas cousas, o máis importante é que as lesbianas e os gais sexan tratad*s con igualdade e que se lles permita vivir as súas vidas sen discriminacións".

As Canções que Você Fez pra Mim "Sly & the Family Stone - (You caught me) Smilin'"

Domingo, Janeiro 30, 2005

High farming


Os curiosos muiños do Folón e do Picón no noso val sub-tropical, deberon ser todo un espectáculo en funcionamento.

Por certo, entérome agora que morreu o bo do John Seymour.

As Canções que Você Fez pra Mim "Smokey Robinson - Walk on by"

Sendero Luminoso


Canso do sedentarismo e da miña vida de loner decidín apuntarme a actividades propias de divorciadas e lesbianas civilizadas. Paseino moi ben. Movinme, apañei beneficiosos raios solares e respirei aire puro.
A media de idade do grupo debía andar polos cincuenta anos, pero é unha marabilla escoitar (neste país) xente máis vella dicir "Cada día me siento más anormal. Y cada día soy más feliz"

As Canções que Você Fez pra Mim "Dionne Warwick - Walk on by"

Quinta-feira, Janeiro 27, 2005

The late Katrin


Vin Career Girls (e gustoume). Non me decatei de que unha das protagonistas era a reporteira en No Man's Land. Non foi ata que lin por aí "the late Katrin Cartlidge" que lembrei o que falara María hai case un ano. Hoxe verei Naked, tamén en versión orixinal (non por snobismo, senon porque foi a única versión que topei), e espero que non resulte tan complicado entenderlles coma na outra.
Estou agardando por Breaking the waves, así que case me montei un ciclo de cinema sobre a Cartlidge sen sabelo. Pero o blogmillo é moi instructivo.

As Canções que Você Fez pra Mim "Morrissey - Late night, Mauldin street"

Prodixios


Está ben hoxe a entrevista ao autor hoxe no Faro da Cultura.
"Hoxe en día vese o inicio dunha conciencia, non sei se chamarlle ecolóxica, un abrir un pouco os ollos ao que temos arredor. Hai que consolidar e potenciar esta actitude, porque Galicia, dende o punto de vista turístico ou como carta de presentación ten que vivir da súa paisaxe, tanto natural, como arqueolóxica ou monumental. Temos que coidala con moito mimo"

As Canções que Você Fez pra Mim "New Order - Sooner than you think"

Memoria Eterna


«Que ninguén proclame a victoria antes de tempo, ainda está
fecundo o ventre que xerou a besta inmunda
» Bertolt Brecht.

Terça-feira, Janeiro 25, 2005

Same old story


"For a' that, an a' that,
Their tinsel show, an' a' that,
The honest man, tho' e'er sae poor,
Is king o' men for a' that."

As Canções que Você Fez pra Mim "Pulp - Common people"

O meu mellor grupo de sempre


Growing old gracefully.

Só con volver escoitar a voz do Bernard sobre unha das súas bonitas músicas actívanseme todos os resortes do pracer.
Recorda aos seus primeiros discos. Esta noite volvereinos escoitar, porque hai cachos idénticos, colocados (felizmente) en distinta orde. Krafty.

As Canções que Você Fez pra Mim "New Order - Krafty"

Segunda-feira, Janeiro 24, 2005

Libera o teu bonobo interior


O documental 'Bonobos' que están a pasar pola Odisseia é para non perder. Recolle as investigacións sobre a identidade dos bonobos, antigamente coñecidos como chimpancés pigmeos. O documental é francés, serio, e moi agradable de ver.
"Ata que punto este destacable primate africano está máis próximo aos humanos co resto dos animais do planeta? Científicos de todo o mundo, incluindo a Yves Coppens, paleoantropólogo do Collège de France, e Paula Cavalieri, filósofa e fundadora do Great Ape Project, discuten os seus achádegos sobre a xenética, a bioloxía, a intelixencia, o comportamento sexual e a organización social matriarcal dos bonobos."
E unha vez máis sae a fabulosa Susan Block, filósofa e sexóloga californiana que ten toda unha teoría montada ao redor dos bonobos e que se resume no seu lema: "A guerra non é a resposta. Libera o teu bonobo interior. Usa o xeito bonobo de atopar solucións para a guerra e o terror"
E o xeito bonobo semella non ser outro ca foder a todas horas:

"O pracer alivia a dor.
O bo sexo dilue a tensión.
O afecto calma o terror.
O amor suaviza a violencia.
Goberno feminino
E 'malamente podes loitar nunha guerra se estás a ter un orgasmo'".

Todo isto en cotraposición coas feroces guerras que levan a cabo outros grandes primates entre eles, coma os humanos ou os chimpancés.
No documental aparecen curas, filósofas-sexólogas, carcereiros de bonobos, torturadores de bonobos, bonobos pedindo M&Ms, bonobos xogando ao comecocos, e cómo non, moito sexo bonobo.
Aínda que ao final, o do matriarcado parece que se explica polas taxas de testosterona (que é unha droga malísima), e as bonobas están ata as cellas.

As Canções que Você Fez pra Mim "Roberto Carlos - O progresso"

Terra de maría santísima


Carallo, os apóstolos do non. Estes si que din 'non' a todo!

E Tony escribe grafitis ("Non deixes que os tories arruinen o noso thatcherismo") mentres a súa ministra de educación recibe consellos espirtuais da Opus Dei. Están en todas partes. Coma nós.

As Canções que Você Fez pra Mim "Gary Glitter - Rock and roll part 2"

Network


Daddy cool.

Network - Media Fairyland
Sunset Boulevard - What are friends for?
Caligola - And now for something completely dreary

As Canções que Você Fez pra Mim "Roberto Carlos - Amigo"

Sábado, Janeiro 22, 2005

Downtown


Subín á high street mirar se topaba algunha ganga (topei) malía ficar medio pampo (despertei) con tanta xente e tanto barullo.

A qué cheira o capitalismo? Quen entrou hoxe no Bsk de Urzaiz xa o sabe: a sudre. Qué ben anda a India-teçe se tanto lle ten arranxar ou non os seus problemas de fontanería! (Saben que é un cheiro ao que de seguida nos afacemos, claro).

Comezan a se espallar as fenomenais iniciativas de alugar filmes clásicos en dvd. Magoa que vivindo no arrabalde non me resulte práctico acudir con regularidade. (Aproveita ti Xoan que vives perto. Eu seguirei tomando conta da mula).

As Canções que Você Fez pra Mim "Petula Clark - Downtown"

Sexta-feira, Janeiro 21, 2005

Tuning.


En un país multicolor...

(É dura a competencia no mundo da foto anecdótica. Ou eran demagóxicas?)

As Canções que Você Fez pra Mim "Michael Jackson - Black or white"

Quinta-feira, Janeiro 20, 2005

La Buena Vida


Grazas á soidade, a este libriño, á xenerosidade dos amigos e d*s descoñecid*s, e a que ando máis desocupado... estou a ver agora de golpe todo o cinema que non me cadrou ver nos últimos anos.
E estou a levar unha enchenta. En pouco máis de 15 días xa van os dous Kill Bill, Cachorro, Life is sweet, A Pianista, Happy Together, En terra de ninguén, O Porteiro de Noite, Jules et Jim, Meet the Parents, Ae Fond Kiss, Os Paxaros, Delictos e Faltas, The Raspberry Reich, Dr. Strangelove... e o que me queda. Espero.
Hoxe vin 'As invasións Bárbaras' e pareceume fabulosa: moito se aprende, moito se disfruta, moito se chora... Con diálogos tan contundentes coma este:
"En contra do que se pensa o século XX non foi particularmente sanguiñento. As guerras causaron uns 100 millóns de mortos (é unha cifra aceptada). Engádalle 10 millóns dos gulags rusos. Os campamentos chineses nunca se saberá (pero dín que 20 millóns). Levamos 130/135 millóns de mortos. Non impresiona moito tendo en conta que no século XVI os españois e os portugueses conseguiron, sen cámaras de gas nen bombas, facer desaparecer 150 millóns de indios de América Latina. Eh, iso si que é un bo traballo, irmá. 150 millóns de persoas liquidadas. Vostede dirá que tiñan o apoio da súa igrexa, pero fixeron un bo traballo. Tan bo que na América do Norte holandeses, ingleses, franceses e logo os americanos sentíronse inspirados e degolaron a 50 millóns de persoas. 200 millóns de mortos en total! O maior masacre da historia da humanidade. Iso ocorreu aquí, aí, ao noso redor. E nen un triste museo do holocausto.
A historia da humanidade, irmá, é unha historia de horror"

E tan divertidos como estrouto:
(Amigo do enfermo terminal á masaxista): "Faille 'a nai de todas as masaxes'"
(Enfermo á maxasista mentras lle está a facer a masaxe): "Estou xa no ceo? Es a miña valquiria? A miña orí?"
(Masaxista, con voz infántil e acento estranxeiro): "Non. Son de Bulgaria"


As Canções que Você Fez pra Mim "The Smiths - Barbarism begins at home"

Push the button


The play station is my boyfriend

As Canções que Você Fez pra Mim "That Petrol Emotion - Cellophane"

Quarta-feira, Janeiro 19, 2005

Oh my gosh!


"Nos noventa os nosos discos eran puro escapismo e privación sensorial" comenta Simon. "De feito reflectían o noso interese por fuxir do mundano, pero agora semella que non podemos seguir a facer o mesmo. A xente está moito máis politizada, e con razón. Pensamos moi seríamente se deberíamos facer isto - dicir cousas tan explícitas é un grande cambio para nós - pero estamos orgullosos" (Os Chemical Brothers sobre o seu 'politizado' novo disco 'Push the button')

Basement Jaxx, Daft Punk, The Chemical Brothers, Portishead... Definitivamente 2005 vai ser un ano fantástico.

As Canções que Você Fez pra Mim "Basement Jaxx - Oh my gosh"

Surfin' Iraq


Faime sospeitar que aparezan agora estas imaxes. Qué pretenderán despois de moito alegar que eles non son así, que en Basora non andaban a matar xente, que é posible unha terceira vía na guerra, que as bestas son os dos eua... Querennos distraer do escándalo da miseria, a morte e as feridas diarias demostrando que persiguen ata os abusos máis pequenos? Ou quererán demostrar que no fondo eles tampouco teñen piedade?
Isto é a punta do iceberg. O sadismo e a guerra van sempre xuntos. Non existen guerras humanitarias.

As Canções que Você Fez pra Mim "The Jesus and Mary Chain - Surfin' USA"

Terça-feira, Janeiro 18, 2005

Apúntate á intifada gai


Hoxe vin finalmente 'The Raspberry Reich' e fiquei sen palabras. Así que fun a por elas.

LaBruce, Bruce (n. 1964)
"Bruce LaBruce está a ser o máis controvertido e influinte dos membors do movemento "queercore" ou "homocore", un movemento de expresión artística homosexual con características extremas e de guerrilla. Escritor, editor, actor e fotógrafo, LaBruce é amplamente coñecido como director de filmes que constantemente poñen en cuestión e invirten o xeito no que a cultura maricas é presentada e recoñecida.
Naceu coma Justin Stewart en Southampton, Ontario, Canadá, no 1964 e pasou unha infancia 'idílica' e 'illada'. Aos vinte e poucos comezou a súa carreira no "queercore" cando se fixo editor e productor do fanzine punk homo 'J.D.' (1985-1991).
A finais dos 80 e principios dos 90 tamén destacou como productor/director/escritor e artista en varios filmes en super 8, entre eles 'Boy/Girl', 'I Know What It's Like to Be Dead', 'Bruce and Pepper Wayne Gacy's Home Movies', e 'Slam!'.
No 1991, LaBruce publicou o seu primeiro filme de longa duración, 'No Skin Off My Ass'. Este filme investiga a relación entre un acabado perruqueiro (interpretado por LaBruce) e un skinhead mudo. O filme rápidamente se convertiu nun favorito do circuíto dos filmes independentes e nun éxito de culto.
O seguinte filme de LaBruce foi 'Super 8 1/2' (1994), un exhortatorio bio-pic sobre o ascenso á estatus de culto dun prematuramente envellecido actor/director de porno e o director underground que o explota. 'Super 8 1/2' pasou por todos os festivais e foi seguido por 'Hustler White' (1996), que LaBruce dirixiu con Rick Castro.
'Hustler White' conta a historia dun chapero de Santa Monica Boulevard (Tony Ward) que é perseguido por un escritor enganchado del (LaBruce). O filme mestura homenaxes paródicas ao 'Sunset Boulevard' (1950) de Billy Wilder e ao 'Whatever Happened to Baby Jane?' (1962) de Robert Aldrich con imaxes moi gráficas de sexo duro e clandestino. A máis famosa escena do filme recolle a un home sendo penetrado analmente polo toco dun home cunha perna amputada.
No 1999, LaBruce fixo unha pequena pero significativa transición desde os filmes independentes "queercore" aos filmes pornográficos, dirixindo 'Skin Flick', publicada por Cazzo Films. LaBruce tamén traballou recentemente coma fotógrafo e coma columnista para revistas coma Honcho, Inches e Index Magazine.
Nunha entrevista, LaBruce explica por qué titulou as súas memorias de 1997 'The Reluctant Pornographer'. Recalcou que 'estarías tolo se non tiveras reparos á hora de traballar en pornografía. É un mundo moi duro e estraño que atrae unha chea de xente interesante pero ás veces tamén a xente taladrada ou enferma. Elexín traballar coa pornografía porque é un dos poucos lugares onde os homosexuais se poden expresar libremente e dun xeito radical sen medo á censura".
Coma fundador do movemento "queercore", LaBruce foi crucial á hora de reafirmar e recoñecer o status de outsiders dos homosexuais. Os seus filmes recollen mundos habitados por xentes marxinais coma chaperos, estrelas do porno, skinheads, drag queens, sádicos, masoquistas, e outra xente con sexualidades atípicas. LaBruce cre que esas figuras están en risco de extinción neste século conformista.
En canto ao movemento que el axudou a fundar, LaBruce dixo nunha entrevista co 'Oasis Magazine': "Penso que a cultura gai é máis burguesa ca nunca porque agora foron recoñecidos como un sector demográfico que pode ser explotado polo mundo empresarial, é venlles moi ben aos que van tirar cartos deles que sexan o máis inócuos e o menos perigosos posible. O Queercore foi, e probablemente é, un xeito de rebelión contra este proceso"
Iconoclasta e provocador, LaBruce, a través do seu traballo, continúa ampliando os límites do cinema, da sociedade, da moralidade, e si, ata do gusto, no seu desexo de desmitificar e explorar os mundos que moitos poden considerar tabú."
Michael G. Cornelius.

As Canções que Você Fez pra Mim "The Hidden Cameras - The man that i am with my man"

Days of toxic darkness


O proxidio cento un.

As Canções que Você Fez pra Mim "The Smiths - Panic"

Segunda-feira, Janeiro 17, 2005

Ae Fond Kiss


Ken Loach, un dos poucos directores británicos famosos que renuncian aos grandes orzamentos para traballar neste país en temas locais, preséntase cun inusual tema romántico e non directamente político en Ae Fond Kiss. O seu cuarto filme gravado case enteiramente en Escocia e con guión de Paul Laverty, ten un título que provén dun poema de amor de Burns, e trata a historia duns Romeo e Xulieta sobre o rio Clyde.
As figuras centrais neste agradable filme son Roisin (Eva Birthistle), unha atractiva loira irlandesa divoricada, que dá aulas de música nunha escola católica en Glasgou, e o alto e guapo Casim Khan (Atta Yaqub), un paquistaniano de segunda xeración no RU, formado coma contable pero que traballa coma dj e planexa conseguir a súa propia disco. Tópanse cando Casmin vai recoller na escola a Roisin, a súa brillante irmá máis nova, que creara toda unha controversia nun debate declarándose "unha adolescente glasgouiana e paquistaniana, seguidora dos Glasgow Rangers a estudar nunha escola católica", declaración pola que é perseguida por outros alumnos. Refúxiase na aula de música. Para Roisin e Casim é case amor á primeira vista. Loach é un puritano de esquerdas, e normalmente as súas heroinas só outorgan os seus favores sexuais ao heroe despois de que este demostre unha valente acción política. Aquí pronto hai escenas sexuais bastante explícitas, escenas de paixón espontánea e consentida e de poder erótico trascendendo as barreiras sociais e étnicas.
Pero Casim, que semella un home liberado, tarda unha chea en revelar á emancipada Roisin que os seus pais lle teñen arranxada a voda con outra. Entramentres, Roisin pode conseguir un posto fixo na súa escola, mais precisa que o seu cura lle asine un certificado de idoneidade. O cura rexeita facelo, dicíndolle que vive en pecado e que vaia ensinarlle aos Protestantes. A continuación sucédense esceas de reproches mútuos, marchan vivir xuntos, rompen de novo e sufren presións por todos os lados. O filme é inusualmente aberto para ser Loach e cunha trama clara. O pai de Casim, por exemplo, non é só un inmigrante discriminado, senon que cando tiña 8 anos perdeu ao seu irmán xemelgo canda a 'Partición' (entre a India e o Paquistán). Cando o director lle dí á Roisin que a escola a bota por motivos morais, ela estaba a dar unha clase na que está a sonar o 'Strange Fruit' da Billi Holiday mentras amosa uns diapositivos de linchamentos no Profundo Sur norteamericano. Por fortuna os actores en xeral, sobre todo o Yaqub e a Birthistle en particular, teñen unha naturialidade e unha autenticidade que transcende o torpe guión, aínda que non hai ningún Mercurio ao redor que grite 'unha plaga para cada unha das vosas casas'. O material non é estraño, aínda que 'My Son The Fanatic' e 'East is East' son ambalasdúas máis fortes e máis controvertidas. 'Ae Fond Kiss' ten o que os liberais (xusto o tipo de xente ao que Loach non acostuma convencer) considerarían un final feliz.
Philip Frenc
, The Observer

As Canções que Você Fez pra Mim "Billy Holiday - Strange Fruit"

Domingo, Janeiro 16, 2005

Anti clock wise


Afortunadamente o mundo funciona ao revés desta xentiña. E xa lles queda pouco.

As Canções que Você Fez pra Mim "Siniestro Total - Bailaré sobre tu tumba"

Sábado, Janeiro 15, 2005

Come, come, nuclear gay bomb!


Están tolos estes romanos!

As Canções que Você Fez pra Mim "Morrissey - Everyday is like sunday" again ;)

Sexta-feira, Janeiro 14, 2005

O pracer de facerse vella


Hoxe recibín a miña primeira copia de Uncut. Despois de 18 anos subscrita a un fabuloso semanario para adolescentes (non, non era o 'Nuevo Vale', malía ser moi interesante), chegoume a hora de ler publicacións para trintañeir*s:
"Uncut é o magacín sobre música e filmes que máis rápido crece no RU. Atrevido, estiloso e definitorio, Uncut louva o mellor do pasado, á vez que escolle o mellor entre o novo. Filmes, música e libros dominan a mestura editorial, e un cd gratuíto é ofrecido con cada número. Uncut cubre o mellor da música e dos filmes, de culto e clásicos. Ofrécelles a*s lector*s a máis equilibrada e profunda das críticas e presenta entretidas historias con autoridade, aínda que sen se tomar demasiado en serio."
Isto é o que din el*s. En realidade a revista pertence ao xigante Time Warner AOL que tanto nos vende os filmes, a música e os libros, como a crítica aos mesmos. Vamos, como no feudalismo.
Xa vos digo, aínda ben que podemos escoller Señor. E contrabandear.

As Canções que Você Fez pra Mim "The Sangri-las - Dressed in black"

Primavera


Hoxe abriu o primeiro narciso. Un mes antes que en Kew.

As Canções que Você Fez pra Mim "The Primitives - Thru the flowers"

Eixo do mal


"A pobreza, as enfermidades e o deterioro medioambiental son os verdadeiros eixos do mal"
Acábase de publicar o relatorio anual da situación do mundo do Wordlwatch Institute. E a Belén ten un moi pertinente artigo ao respeito. Grazas.

As Canções que Você Fez pra Mim "Outkast - Roses"

Quinta-feira, Janeiro 13, 2005

Deusas foráneas


A sublimación é a reconducción da enerxía psíquica (que Sigmund Freud cría que era limitada) de resultados negativos cara resultados máis positivos.

Pasei as primeiras horas deste ano compartindo unha botella de cava cuns amigos adolescentes de cuarenta e tantos tacos, mentras charlabamos e mirabamos un recopilatorio de videos de Siouxsie and The Banshees. Bromeie e díxenlles: "Estamos a ver o noso 'Luar'. Estamos a ver as nosas divas."
É snob, pero gústame poder circunvalar a mediocridade da cultura popular hispañola, que ten pouco remedio. Ok, pódeste rir, e seguro que rebuscando se topa algunha cousa boa, pero carallo, a enerxía psíquica é limitada.
Con esta e outras tecnoloxías, e con algún dos idiomas que se usan nos paises ricos, pódese máis fácilmente beber das fontes orixinais. E postos a sermos colonizados, iso resulta máis gratificante e máis económico en tempo e esforzo. E non feden tanto a xofre.
Quizais o único grao de autodeterminación que nos permitan sexa poder elexir a qué imperio (grande ou pequeno) nos apetece asociarnos 'afectivamente'.
É por iso que me mola tanto o internacionalismo que se respira no blogmillo. Preséntate unha variada mostra onde poder elexir. Só quero que apareza alguén decidídamente francófil*. Xa anda por aí?
Ou será todo isto tan só un chat para yuppies?
En calquera caso, xa vedes que non renuncio á miña cota de paridas por minuto.

As Canções que Você Fez pra Mim "Patti Smith - Mother Rose"

GZ dispatch


1. Sinto ser pesado, pero non podo deixar de marabillarme porque unha das mulleres con maior transcendencia mediática estes días na Hispania leve un gorro co Nunca Máis, e diga cousas como: "A quienes me critican desde la Iglesia católica, les digo que se preocupen de dar hostias y que dejen en paz la eutanasia y a los homosexuales. ¿De qué amor hablan ellos?".
Viva Ramona Maneiro
2. Primeira victoria da festa dos Liñares contra a SGAE. Neos e paleos co mesmo enimigo.
3. Onde non hai 'patrón' manda mariñeiro: que nos gobernen desde a Confraría de Lira, please. Que nos chega con medio Estatuto.

As Canções que Você Fez pra Mim "Vera Lynn - We'll meet again"

Quarta-feira, Janeiro 12, 2005

Se... tivésemos unha tv


Se... as drogas fosen legais.
A experiencia suiza suxire que a heroina con receita pode reducir o crime e incrementar o nivel de emprego entre os adictos.
Aínda que segue a ser ilegal no RU, o cánabo foi declarado droga branda en xaneiro do 2004.
A legalización das drogas reduciría significativamente o crime e faría o seu uso máis seguro?
A serie de dramas documentais
If examina os problemas actuais coa prohibición das drogas e escoita os argumentos a favor da súa legalización.
Baseados nunha rigorosa investigación e en entrevistas cos expertos, o programa recolle os argumentos para que siga a ser ilegal a máis perigosa de todas as drogas - o crack- e examina como un sistema regulado de drogas legais funcionaría.
O drama.
Estamos no 2015.
O goberno, persuadido polo inmenso custe económico da prohibición decide legalizar as drogas.
O RU, xunto cunha coalición de paises progresistas da Europa, o Canadá e Australia optan por sair dos tratados de control de drogas das Nacións Unidas.
A maior parte do comercio, a posesión, o uso, a producción e a distribución é legalizada.
O drama comeza co desvancemento e posterior morte de dúas rapazas nun clube que ten licencia para vender drogas.
Neste momento, moitas das drogas están dispoñibles, con advertencias gubernamentais sobre a saúde e candasúa lista de ingredientes, en varios establecementos.
As drogas de adicción, como a heroina, son gratuitas pero só se obteñen por receita seguindo o modelo suizo.
A cocaína é ainda ilegal.
Todo o comercio é regulado por unha nova axencia, a Ofdrug.
O filme segue a investigación da morte das dúas rapazas por un axente da Ofdrug que traballa en colaboración cun ex-policía antidrogas.

Expertos como o antigo xefe de policía Francis Wilkinson defenderá os argumentos a favor da legalización, mentres que David Raynes da Alianza Nacioanla para a Prevención das Drogas é unha das voces en contra.
O programa será seguido por un debate no estudio da Newsnight da BBC2, conducido por Jeremy Paxman.
Os invitados que discutirán o tema con Jeremy Paxman serán:
Danny Kushlick, director da Tranform Drug Policy Foundation
Keith Hellawell, UK Drugs Czar do 1998 ao 2002
Andrew Johns, forense psiquiátrico no Maudsley Hospital
Emma Bonino, membro do parlamento europeo e antiga comisaria de asuntos humanitarios.


As Canç?es que Você Fez pra Mim "The Velvet Underground and Nico - Heroine"

Euroconåscéptica


O meu sí crítico é un non. Parés que vai haber sis dabondo.
Grazas pola (in)formación. Deberíanvos dar un premio.

As Canções que Você Fez pra Mim "Kraftwerk - Trans Europe Express"

D-espido


Cando vexas as barbas do teu veciño cortar... LOL

As Canções que Você Fez pra Mim "Billy Joel - Uptown girl"

...then you haven't met Miss Sanles.


Resulta curioso que un dos debates de máis importantes que se están a dar na sociedade, o do dereito a unha morte digna, estea encarnado nestes momentos por dúas mulleres das Rias Baixas.
Por frases como "quería(mos) luchar por "la eutanasia que él quería, no la que le dio Ramona", non se sabe moi ben se esta señora está a favor ou en contra dunha morte digna, pero moito me temo que presentándose en fotos como esta, deixa moi claro cal é seu territorio: o das tebras.
En canto ao resto das súas declaracións, non estaría de máis recordarlle que a imputación de conductas delictivas como o asasinato a inocentes é un delicto en si mesmo, tipificado no código penal e que poderá ser castigado con penas de prisión de seis meses a dous anos ou multa de doce a 24 meses, se se propagaren con publicidade.
E sobre a explicitación dos seus ardentes desexos de ver morta á Ramona, lembrarlle que ese tipo de actitudes poden conducila a ela a unha desas lindas agonías carcicómicas que os seus acólitos consideran unha bendición do ceo.
Pois nada, a disfrutar
.
PS Ok, ok, modero as miñas palabras.

As Canções que Você Fez pra Mim "Madonna - Human Nature"

Terça-feira, Janeiro 11, 2005

Sisters are doing it for themselves


Qué tarde de marugheo!: a facha da cuñada do Ramón chamándolle 'asasina' á Ramona e a Germaine marchando do Selébritibibi. Non fai falta que repoñan Falcon Crest.

As Canções que Você Fez pra Mim "Cindy Lauper - Girls just wanna have fun"

Reader's Digest


Carallo, hai días que un non dá abasto lendo a prensa, gratis.

As Canções que Você Fez pra Mim "Maria Bethânia - Ronda"

Segunda-feira, Janeiro 10, 2005

Autodeterminación


Qué gusto presenciar outra victoria do racionalismo fronte á cerrazon relixiosa! Así se van desmontando as leis absurdas. Grazas á xente tan necesaria coma ela. E coma el.

As Canções que Você Fez pra Mim "The Ramones - I don't want to live this life (anymore)"

Mondo Grass


Descubrir estas bagas no meu xardín fíxome lembrar que non teño nin idea dos nomes das cores. Busquei por aí, e topei unha taboa en portugués (neste caso, nomes de cores para webs, traducidos literalmente do inglés), e un texto onde explican como foi necesario dotarse dunha convención internacional sobre os mesmos.
Aínda así, cada quen segue a baptizalas co nome que lle dá a gana. Mais ninguén pode superar ao 'verde Lagares': hai que facer gala dun humor bastante negro para coñecer unha cor co nome dun regato que podería competir na liga dos máis contaminados de Europa nos seus mellores tempos. Pero esa era precisamente a cor que tiña a auga as máis das veces. Verde sopa de ervillas.

As Canções que Você Fez pra Mim "Ben Harper - Strawberry fields forever"

Sábado, Janeiro 08, 2005

Paixón turca no Calvario.


Recibo o seguinte SMS dunha amiga do Calvario:
"Y...segundo asalto! Segunda lección de turco para cristianas contritas! Yo estaba algo afligida cuando depositó su espada a la puerta de mi santuario más preciado, casi ignorante de esos hábitos contra natura... Pero él, experto sodomita, me hizo vibrar con una devoción casi musulmana! Tengo miedo de mi misma, de sucumbir a la morería entera! Ayuda! Save My Soul!"
Qué fago? Vou axudala? Ou encargo unha viaxe a Estambul? Debería estar a favor ou en contra da integración de Turquía na UE? Ou saio a comer un kebab?

As Canções que Você Fez pra Mim "Holly Valance - Kiss Kiss"

Sexta-feira, Janeiro 07, 2005

Neutralizar chetniks.


Dous filmes antigos para a noite do día de Reis: o primoroso 'Happy Together' (xa sei que é un crime que non o vira antes) e o 'No Man's Land'.
O 'Happy Together' gustoume moito, pola temática e por todo o demais (supoño que a iso lle chaman mestría cinematográfica). Dos filmes de (des)amor entre homes que vin e que me viñeron á cabeza, creo que foi o que máis me emocionou. Ou simplemente, entre os filmes de (des)amor que vin, a secas.
O 'No Man's Land' non me impresionou tanto, pero sempre está ben ter presente ata que absurdo pode chegar a criminal mentalidade dos chetniks.
No amor ou na guerra.

As Canções que Você Fez pra Mim "The Verve - Bittersweet symphony"

Grande irmá


De irmá feminista a integrante do Grande Irmán.
Steven Shukor, The Guardian, 7/01/05

Germaine Greer, a escritora feminista, habitual dos medios de masas e sen pelos na lingua, foi revelada onte á noite como unha das oito concursantes que formarán parte da última edición do 'Grande Irmán da xente famosa'.
Levando un recatado vestido de lá gris ata os nocellos e ollando por riba das súas lentes como se fora a directora dun colexio, pasou os primeiros momentos na casa asexando a resto d*s compañeir*s.
*s productor*s esperan que teña unha presencia no programa semellante á que tivo Janet Street-Porter no recente 'Son famos*. Sácame de aquí', introducindo un elemento de bizarrismo.
A doutora Greer, quen dixo que aceptaba formar parte do programa para acadar cartos para a súa floresta, describira o feito de ver 'Grande Irmán' coma algo "tan edificante coma mirar polo buraco da pechadura do cuarto do teu fillo adolescente".
Nunha análise máis profunda do fenómeno dixo que "A telerrealidade non é a fin da civilización tal como a coñecemos. É a civilización tal como a coñecemos"
A autora do 'Eunuco Feminino' é posible que nos ofreza momentos televisivos únicos. Encirrada nunha casa 24 horas ao dia coa modelo Caprice, Bez dos Happy Mondays, a actriz Brigitte Nielsen, o actor Jeremy Edwards, o sabio das carreiras John McCririck, Kenzie do Blazin'Squad e a dj Lisa l'Anson, é posible que a súa paciencia se poña a proba. A doutora Greer odia que a xente fume, non tolera que se encenda un pitillo ao seu redor e admite que ás veces pode ser un "pouco brusca" coa xente. "Supónse que son terrorífica" ten dito de si mesma.
Na súa ficha para o xou, confesou que aos seus 65 anos durme espida e moi rara vez usa bragas.
"Vaime ser difícil recordar que se supon que debo andar tapada" dixo. Quizais niso pode atopar unha aliada na señora Nielsen, quen declarou onte á noite que lle encanta andar pola súa casa espida de cintura para arriba.
Xa é a terceira tempada do 'Grande Irmán da xente famosa'. Competirán por un premio de máis de €71.000, dos que a metade van para algunha organización solidaria da súa elección.

PS Como a cousa promete, vou ir metendo aquí os artigos que vaian saindo:
Barbie doll, Bez and co watch and wonder as feminist icon takes on flatulent sexist
'F' is not just for feminist as Greer enters the house
From female eunuch to colander girl
Greer walks out of 'bullying' Big Brother
Greer and loathing

As Canções que Você Fez pra Mim "Maria Bethânia - Café Soçaite"

Quinta-feira, Janeiro 06, 2005

Brasileirinho


Perfecta banda sonora para un día de Reis.

As Canções que Você Fez pra Mim "Maria Bethânia - São João Xangô Menino"

Quarta-feira, Janeiro 05, 2005

Arce real


O regalo de reis que vou facer do que estou máis orgulloso é esta Acer Platanoides "Crimson King". Agora só espero que lles guste, e que non acaben por talala dentro dúns anos, que por aquí a xente é moi husqvarna de dios.

As Canções que Você Fez pra Mim "Maria Bethânia - Salve as folhas"

Think globally, eat locally.


Onte fixen algo que levaba tempo querendo facer e non sei por qué non o facía: pedir que me trouxeran comida indostaniana. Si, tamén temos nesta cidade ese servizo, e eu nunca me decidira a facer uso del. Quizais por estar só, e porque o pedido mínimo é de 13 euros e iso era moita comida para min. E por tonteria.
Pero agora que se solucionou inesperadamente o problema basco, alomenos nesta casa, decidinme finalmente a inxerir unhas calorias de máis, que xa gastara previamente. E chamei.
Atendeume un home, posiblemente orixinario do mesmo Indostán, que falaba un castelán bastante correcto. Pregunteille se aínda servían a domicilio e díxome que si. Pedínlle dous menús (referindome a dous menús do día, a €8,95 cada un) pero o tio non me entendeu e propúxome un menú de €28 para dúas persoas. Tiven que dicirlle que o que eu quería eran dous menús do día, se non os servían?. Contestou que si, e a continuación, coma se se tratara da telepixa, preguntoume o teléfono, se precisaba cambio e díxome que tardaría uns 35 minutos.
Eu pensei que chegaría o típico repartidor enfundado en plástico e co casco na man, e cando abro a porta vexo subir a un señor de mediana idade con traxe-chaqueta e look economía-(aínda máis)-emerxente-(ca nosa). Supoño que levaría un peluco de ouro, pero non llo vin. O caso é que foi eficaz e amábilísmo. En canto lle paguei, marchei para a cociña, abrin os paquetiños, e descubrín o que levaban:
2 samosa (empanadillas de verduras): estaban moi ricas. Só recoñecín lentellas e patacas entre o recheo. Lixeiramente picante.
2 naan (dúas tortas de pan que me pareceron desas que cocen pegandoas ás paredes do forno) Qué rico o pan e que rico sopetear nos prebes.
Dobre ración de Plau Rice. Un arroz longo, tipo basmaati, aromátizado con especias que non recoñecín (agás o cravo que atopei no medio) e de coloriñas: branco, verde, vermello e con algo de laranxa.
1 Chicken Curry e 1 Chicken Mushroom. Moi bos os prebes. O picante era mild nos dous casos.
Quedei contento. O prezo ok, e a calidade suficiente para os meus limitados estándares. Hei de volver chamalos.
Por certo, se non chegan a seren menús do día o prezo final andaría, si, polos €30.

As Canções que Você Fez pra Mim "Cornershop - Brimful of Asha"

Terça-feira, Janeiro 04, 2005

O coche fantástico


1000 infraccións/hora : 70 sancións/hora= 7% de efectividade.
Xa sabemos que cando se reclama 100, porque 100 e o xusto, sete é mellor que dous, sen dúbida. Pero sete segue a ser unha merda. Agás para as arcas do Concello.

PS Por aí adiante son os buses urbanos os que levan a cámara para multar ipso facto aos infractores que entorpecen o seu camiño.


As Canções que Você Fez pra Mim "David Naughton - Makin' it"

New Order


Se viches o especial de Aninovo da Vicar of Dibley saberás que o 2005 vai ser o ano da Banda Branca.
Levandoa enriba formarás parte de 'Fagamos que a Pobreza sexa Historia', un esforzo único a nivel global para rematar coa pobreza extrema - para sempre.
Nos próximos 12 meses terá lugar unha serie de encontros decisivos onde os líderes mundiais poderán rematar finalmente co feito de que 30.000 persoas morran innecesariamente cada día, só por seren pobres.
Co teu apoio poderán acontecer cousas extraordinarias no 2005.

As Canções que Você Fez pra Mim "New Order - Round and round"

Secuestradas?


Miña tía e miña avoa son as únicas católicas coas que me relaciono, creo. Divírteme comprobar como as discusións teóricas teñen o seu reflexo nas pequenas anécdotas diarias ou viceversa:
Nunha das súas excursións dominicais na procura de novas sensacións eucarísticas deron cunha cerimonía conducida por oficiais da Opus Dei e cando se dirixían á saida foron asaltadas por unha sierva que, cunha carpeta no colo, lles dixo "Disculpen, creo que ustedes aún no han firmado contra el 'matrimonio homosexual'". Miña avoa, que ten 93 anos e un audífono, só escoitou ata 'matrimonio' e non dubidou en contestar: "Ay, yo estuve más de 58 años casada y fui muy feliz". Acto seguido interrompeu miña tía: "Es que mi madre está muy delicada. Lo siento nos tenemos que ir" e botaron a correr. Por qué escapan?

As Canções que Você Fez pra Mim "Miqui Puig - La puta canción de amor en la que el chico gana"

Domingo, Janeiro 02, 2005

O bálsamo


Sigamos co noso apostolado por un mundo (virtual) mellor.

Qué marabilla compartir mesa con tanto talento, tanta intelixencia, tanta bondade e tan boa disposición como na tarde de hoxe. Grazas a tod*s.

As Canções que Você Fez pra Mim "Andrés do Barro - Pandeirada"

A ferida


Pawley, prometo velo pronto.

Hoy no ha sío el día más tranquilo de mi vía
Me he levantao tarde y he comío mal
He salío a la calle y no encontrao ná
He cabilao mucho: pensar, pensar, pensar.
Y tó por culpa de tanta gente que me da tanta pena
Que buscan problemas en cualquier tema, y me marean,
Me despistan, me bloquean…
Me envuelven en un rollo que ya no hay quién se lo crea.
No me dejo caer, ni me dejo pisar,
Tengo el alma espavilá de tanta tontería escuchá.
Porque…


Non se pode dicir que comezara o ano co ánimo no seu momento máis álxido. Unha desafortunada conxunción de eventos (unha pequena frustración, a traxedia golpeando perigosamente cerca e a constatación de que hai xente que non ten mellor cousa que facer que amosar a súa capacidade de ser cretina e psicóticamente malvada á vez, e de maneira gratuíta) fixeron que a miña fortaleza de espírito ;) se abanease lixeiramente nestes días.

As Canções que Você Fez pra Mim "Pastora - Tengo"

Sorte


Punto de vista racional
En relación cos eventos reais, considérase sorte aos sucesos de baixa probabilidade nun sentido matemático ou estatístico. Unha achega racionalista levaranos á conclusión de que tal sorte entra en xogo cando se dan eventos como (por exemplo) cando unha persoa é alcanzada por un tixolo solto dun edificio en ruinas. Só interven unha probabilidade estatística moi baixa no feito de que o percorrido nas catro dimensións espacio temporais do tixolo interfera no percorrido nas catro dimensións da cabeza da vícitma (algo que pasou en San Francisco). Nun caso coma este tanto os racionalistas coma os espiritualistas dirán que a víctima tivo mala sorte. Nun exemplo de boa sorte, unha persoa que gañe a lotería normalmente é considerada afortunada, a pesares de que un racionalista poida argumentar que ía haber un gañador tarde ou temprano e que non hai nada de especial no feito de que alguén gañe - só é un acontecemento probabilístico. Sen embargo é probable quen gañou non ha de estar moi dacordo con esta análise.
Punto de vista social.
Coma fenómeno social, hai moito de certo no dito de que "cada un recolle o que sementa". Por un lado, a xente que é considerada e xenerosa cos demais moitas veces é percibida coma aberta e agradecida co que é máis probable que os demais lle ofrezan axuda desinteresada. Tamén ha de ter máis probabilidades de pedir e recibir axuda dos outros en tempos de necesidade. A xente aberta, xenerosa e alegre ten máis probabilidades de ser considerada polos demais coma afortunados, mentres que a xente avara é probablemente máis proclive a ser considerada desafortunada polos demais ou a se considerar a si mesma desafortunada.
Punto de vista sobrenatural.
Tamén hai o que se considera unha predisposición sobrenatural cara ao disfrute de sucesos afortunados ou desafortunados. Neste sentido algúns cren que a sorte propia ou a dos demais pode ser influenciada por medios espirituais ou pola práctica de certos rituais ou evitando outras situacións (que son irrelevantes desde o punto de vista racional). O vudú é unha práctica relixiosa na que esta crenza é particularmente forte, aínda que moitas culturas de todo o mundo poñen unha particular énfase na habilidade de cada persoa para influenciar na súa sorte a través de medios rituais. Isto normalmente inclúe o respeito polos espíritos, que se cre que habitaban determinado lugar antes da ocupación humana. Noutras cultuas, unha edificación pode ser ser cruzada por un carreiro para permitir o fluri da enerxía espiritual - co lugar exacto indicado por un experto na materia. Nesas culturas crese que ignorar esas consideracións pode levar á mala sorte. Neste contexto tamén existe o concepto de "propósito" dos eventos que se decriben coma sorte, afortunada ou non.
Efectos dos puntos de vista e as crenzas.
A crenza da sorte coma un fenómeno sobrenatural é considerado normalmente polos racionalistas coma unha forma de pensamento máxico. Sen embargo, hai evidencia de que a xente que cre que é afortunada é máis proclive a tirar vantaxe dos sucesos afortunados na súa vida e compensar así os máis desafortunados, que a xente que cre que ten mala sorte. Isto semella ser resultado do pensamento positivo que altera as súas respostas a eses sucesos. A crenza na sorte tamén indica a crenza dun ente externo de control para os sucesos da vida que escapa así á responsabilidade persoas.
Estilos de vida arriscados.
Moitos dos que culpan das súas desgrazas á mala sorte, se son estudiados con detalle pode ser que o que estean a levar sexan estilos de vida arriscados. Por exemplo: un conductor bébedo pode describir o seu arresto como a mala sorte de ser visto pola policía, ou a mala sorte de ter un accidente (quizais nen sequera sendo culpa dos outros), como unha forma de evitar a responsabilidade persoal nas nosas accións.
Resultados positivos.
Pola outra banda, a xente que se considera "afortunada" por ter boa saúde pode que só estea a disfrutar dos beneficios dunha aproximación positiva e satisfactoria das relacións sociais, que é ben coñecido estatísticamente que protexe contra as enfermidades relacionadas co estrés.
Os efectos.
Se os sucesos "afortunados" ou "desafortunados" acontecen ao chou, quen cre na boa sorte experimentará un aumento na súa fortuna, e o contrario para quen cre que ten mala sorte. Algo que claramente reforza ambas crenzas. Así, aínda que non sexa certo, a crenza na boa sorte pode ser contaxiosa.
A falácia do xogador e o seu inverso están relacionadas coa crenza na sorte.

As Canções que Você Fez pra Mim "Happy Mondays - Wrote for luck"

Sábado, Janeiro 01, 2005

Arakis


(Grazas, Xoan)

"...vivimos en la sociedad del espectáculo y desde luego la de ahora es un espectáculo bochornoso y a mí no me apetece hacer un espectáculo de quinta de ningún tema serio, si por lo menos se tratase de hacer un buen espectáculo, eso sería otra cosa".

As Canções que Você Fez pra Mim "The Primites - Shadow"