Lamentando que sigan existindo parias oprimindo outr*s parias, quero lembrar o mellor espirito que habitou na cultura popular occidental nos últimos 30 anos (xunto co punk), a través deste documental da VH1:
"1972. A contra-cultura está en plena retirada tras a era hippie e do amor libre, coa reelección de Nixon e a interminable guerra do Vietnam. As taxas altas, os prezos do petroleo e a inflación ensombrecen o país. Pero no underground da cidade de Nova York, *s djs comezaron a programar as músicas que unirían e galvanizarían toda unha xeración.
'A historia oral do disco' da VH1 revela como a música disco, a súa moda e a súa cultura evoluiron desde o underground ata o mainstream. Desde lugares coma o loft do DJ David Mancuso, a música festiva extendeuse por todos os clubes nocturnos do país (e do mundo). Os selos de música disco naceron coma fungos e conseguiron facer estrelas instantaneamente a xente coma Chic ou Donna Summer, que converteu o "Love to Love You Baby" de 17 minutos nun fito da música disco. Programas de tv coma 'Disco Magic' e o moi popular 'Dance Fever' dominaban as ondas. Novas sensacións de baile enchían os studios Fred Astaire do país con xente que aprendía a bailar o Hustle ou o Le Freak. A liberación gai entrou nunha nova fase de maior aceptación con grupos coma os Village People.
O Disco chegou ao cumio no 1977 coa estrea da Febre do Sábado Noite que lanzou a carreira de John Travolta e conseguiu que tres cancións dos Bee Gees estiveran no top 10 das listas, algo non visto desde os Beatles. O filme creou outros 18 exitos máis e a banda sonora animou a outros artistas, coma Kiss, os Rolling Stones ou incluso a Barbara Streisand a gravar cancións disco. Durante ese ano abriu o Studio 54 e converteuse no lugar favorito para tanto para fans da música disco coma para famos*s. Pero moi pronto, o estilo de vida festivo que buscou unificar os xéneros, as razas, as sexualidades e as clases cambiou radicalmente. As drogas e a sobre-saturación do mercado do disco comezaron a minar a moda, e a que se albiscase o principio da fin.
A finais dos 70, a reacción ao disco comezou por aquela xente que sentía que o seu país perdera o sentido. Nomeadamente, os asistentes a un partido de beisbol en Chicago fixeron unha concentración chamada "Demolición do Disco" e prenderon lume a máis de 10.000 discos. "O Disco Fede" converteuse nun insulto. E no 1978 o co-propietario do Studio 54, Ian Schrager foi preso por posesión de cocaina, o que puxo fin a escena dos clubs. Xa polo 1980, o disco converteuse nunha palabra maldita. As antigas estrelas toparonse sen compañía de discos, perderonse forturas e o país tiña un superavit de xerseiciños brancos.
'Cando o Disco Mandaba no Mundo' rememora aquela época única e recupera o espirito daqueles días de baile: cómo e por qué, e quén fixo que o disco trunfara. Esta é unha hora adicada completamente á cuestión sen narración superposta. Só as voces d*s entrevistad*s -*s DJs, don*s dos selos, productor*s de Tv, as estrelas do cinema e *s máis famos*s artistas daquel tempo- xúntanse para contar a verdadeira historia. Gravado cun sentimento de intimidade e con grande estilo, 'Cando o Disco Mandaba no Mundo' captura o período e a xente que fixo que o disco fose o grande evento cultural que foi."
Let the music play! "Pet Shop Boys - New York City Boy"






















Se tedes ocasión, non vos perdades os tres capítulos da marabillosa serie