Dentro do museo gai.
Peter Tatchell hoxe no Guardian.
@s candidat@s á alcaldía de Londres están dacordo nunha cousa: a necesidade dunha institución que recolla o noso pasado homosexual. A persoa que o propuxo, Peter Tatchell, explica que poría nela.
"O cardeal John Henry Newman está enterrado no cemiterio ao lado da casa de campo do Oratorio dos Padres de Rednal Hill. Para o espanto da xerarquía católica, que tentou suprimir todo coñecemento da homosexualidade de Newman, el descansa na mesma tumba que o seu compañeiro na vida, Ambrose St John. Inseparables na vida e na morte, os dous homes comparten unha lápida que dí "Ex umbris et imaginibus in veritatem" (Das sombras e das imaxes á verdade). O seu epitafio resume porqué un museo lesbiano e gai é unha idea apropiada para estes tempos: axudaría a sacar das tebras a historia oculta da xente (queer) rariña da Britania.
Tiven por primeira vez a idea dun museo gai no 1972, cando era un activista de 20 anos da Fronte de Liberación Gai (GLF). Durante esas primeiras loitas polos dereitos humanos da xente queer, de súpeto decateime que estabamos vivindo unha grande loita pola liberación, eivada pola case total falta de coñecemento sobre o noso pasado. As nosas mentes estaban colonizadas pola versión hetero da historia, onde a xente rariña é invisible.
As batallas da xente que viu antes ca nós, coma os pioneiros dos dereitos gais no século XIX Edward Carpenter, eran descoñecidas. Incluso as campañas pola reforma das leis sobre a homosexualidade dos 60, lideradas por Allan Horsfall e Antony Grey, estaban (e aínda están) bastante indocumentadas. A nosa existencia foi borrada dos rexistros históricos. Aparte de Oscar Wild, a única xente rariña que acadou atención pública foron @s asasin@s en serie, @s espias, @s corruputor@s de menores e os homes apañados pola policía nos baños públicos.
A diferencia doutras comunidades, nós non tiñamos familias, nin historias de trunfos e traxedias que pasar de xeración en xeración. A xente rariña era unha xente sen sentido dun pasado colectivo. Fomos excluidos de calquera rexistro oficial - agás os rexistros criminais, que documentan grises xuizos, encarceramentos e execucións polo "abominable crime da sodomía(?)".
Pero cando pouquiñ@s de nós na GLF comezamos a escudriñar as bibliotecas e os arquivos nos sotos dos museos e das oficinas de rexistro público, descubrimos fragmentos enterrados das nosas pasadas vidas rariñas. Foi sorprendente descubrir que os homes gais soportaron a pena de morte ata 1861, e cadea perpétua ata 1967. A través de contactos co movemento a prol dos dereitos da xente queer na Alemaña, comezamos a recompoñer os detalles do intento nazi de exterminar homosexuais. Desta historia do "homocidio", liberamos o triangulo rosa que os nazis forzaron a levar aos prisioneiros gais dos campos de concentración - convertindoo nun símbolo de orgullo e desafío.
O meu colega no GLF, Allan Bray, fixo o incrible descubrimento de que houbera unha vibrante subcultura gai na Inglaterra do Renacemento. Usando os rexistros dos xuizos, Bray, e despois Rictor Norton, desenterraron detalles das chamativas e divertidas casas de maricas do século XVIII - as predecesoras dos bares gais - onde os gais se reunían para beber e socializar, e ás veces para practicar sexo e celebrar vodas-parodia cos seus amados.
Jeffrey Weeks, outro colega do GLF, investigou os inspiradores activistas homosexuais pola reforma do século XIX John Addington Symonds, Havelock Ellis e Edward Carpenter, xunto coas vidas das pioneiras lesbianas do século XX coma Radxlyffe Hall. Esas revelacións foron fascinantes e gratificantes - pero non hai onde atopalas nos museos. Esta ausencia convenceume de que precisabamos un museo lesbiano e gai para celebra a contribución da xente rara á sociedade británica.
Que podería haber nun museo queer? As mesmas cousas ca en calquera outro museo. Cartas relevantes, diarios, fotografías, debuxos, esculturas e posesións persoais de famosos homosexuais e bisexuais coma Lord Mountbatten, Beverley Nichosl, Florence Nightingale, William Pitt o Novo, Catherine Cookson, Lawrence de Arabia, Gerald Manley Hopkins, Winston Churchill, Lord Byron, Daphne du Maurier e William Shakespeare. Algunha desta xente era, claro, célibe e só gais de orientación. Outra xente, coma Winston Churchill, que tivo unha aventura coa estrela da comedia musical Ivor Novello, semella que só tiveron un esporádico encontro gai. Tendo en conta que se deben facer estas distincións, o museo queer debería incluir a el@s tod@s.
Como exhibir os contidos? Unha posibilidade son as exhibicións temáticas, seguindo as liñas dos Reis Rariños de Inglaterra e Escocia. Hai unha chea onde escoller, incluindo a Eduardo II, Ricardo Corazón de León, Xaime I e Guillermo de Orange.
Outro tema pode ser Gais na Guerra, recollendo as historias dos soldados gais durante a segunda grande guerra e das lesbianas que serviron no exercito feminino de terra. Debido á prolongada exclusión dos homosexuais para servir nas forzas armadas, podería ser divertido revelar as vidas gais secretas do mariscal de campo Kitchener, Haig e Montgomery. Kitchener causou unha boa conmoción ao se rodear de fermosos oficiais novos, favorecendo finalmente a un deles, o capitan Oswald Fitzgerald, a quen nomeou axudante de campo - en máis dun sentido. Morreron nos brazos un do outro cando o HMS Hampshire foi golpeado por unha mina nos aredores de Orkney en 1916.
A historia máis recente dos dereitos gais tamén podería estar presente con octavillas, dípticos, pancartas... - ademáis de fotos e videos - das campañas sobre a idade de consentemento e o rexeitamento á Sección 28.
Aniversarios significativos poderían ser celebrados con eventos especiais. En outubro é o 40 aniversario do establecemento do Comité Noroccidental de Reforma da Lei sobre Homosexualidade (NWHLRC) en Manchester. O NWHLRC foi o comezo das organizacións de dereitos gais na Britania, e o primeiro en ser liderado por xente abertamente gai. Agora mesmo, estou a loitar para convencer ao concello da cidade de Manchester e ao Museo de Historia da Xente para organizar un evento para celebrar este acontecemento. Se tivesemos un museo gai, podería acoller as celebracións.
A localización do museo podería ser a antiga séde da policía na rúa Bow, onde Oscar Wild foi levado á cadea despois do seu arresto no 1895. Quizais os seus donos actuais, a Policía Metropolitana, podería ser persuadida para doalo ao proxecto do museo, nun xesto de reconciliación e reparación por máis de 100 anos de acoso á comunidade lesbiana e gai.
Á vez que documentar a historia da Britania queer, o museo podería ser a nova casa dos arquivos gais Hall-Carpenter, que xa teñen unha boa colección de memorias queer pero non onde exhibilas. O museo podería ademáis proporcionar un espacio de galería para exhibicións de arte e fotografía gai.
Ademais das coleccións permanentes, o museo podería acoller exhibicións temporais rotativas sobre a vida queer en diferentes culturas, coma a India, Cimbaue, Mexico, China, Irán e Rusia. É un mundo raro. Celebremos a diversidade."
(PS Desculpade o meu intrusismo no mundo da traducción
simultanea, onde como vedes, case me perdo.)
Without a song or a dance what are we? "
Björk - Venus as a Boy"