Segunda-feira, Junho 28
Día de festa e reivindicación.
Hoxe teño que rachar o meu voto de silencio.
Parabéns para tod@s.
Without a song or a dance what are we? "Public Enemy - Party for yor right to fight"

Segunda-feira, Junho 21
Dot e aparte.
Vou elexir o solsticio de verán para comezar unhas vacacións dun mes fora da blogosfera. Teñoas que coller moi ao meu pesar por obrigas inescusables, e dáme moita rabia, xusto cando isto se anima aínda máis, coa repentina proliferación de novos blogs, que eu creo que ten moito que ver co exitazo da festa. Entre eles o d@s miñ@s afilladas Ken e Nor.
Non contedes moito, que despois vou ter que botar unha chea poñendome ao día. E esperade por min!
Biquiños a tod@s. Enriquecíchedes a miña vida nestes seis meses! Quérovos.
Hei voltar. Como non habería de voltar!
Without a song or a dance what are we? "The Housemartins - I'll be your shelter (Just like a Shelter)"

Festa Rachada.
Que ben o pasei e que mala me puxen! E que non se pode ter 77 anos e andar de troula toda a fin de semana. Acaba por pagalo o corpo.
O que recordo da noite da festa é o seguinte: chegei a Compostela e vestinme para a ocasión na casa de Ken e Nor que tiveron a ben baixar atas as Crechas comigo. Cando cheguamos aquilo aínda era un xineceo, primorosamente decorado con nabizas e cedés, fotos do agropopart, sachos e palas, propaganda... e de seguida me propuxen coñecer xente.
Efectivamente, non soltei a miña 'expuerta' (así é como chaman ao meu cesto na Mariña), na que levaba a miña chaquetiña, que bo servizo que me fixo nunha noite na que ata choveu e todo. Quedoume pena de non coñecer a todo mundo no medio daquela crecente confusión, pero aínda así tiven aqueladas conversas coas magníficas Yañez Jackson (que me ensinaron unha das súas catro tetas), coa Duquesa, cos Granxeiros Último Modelo (eu quero ser coma eles de maior) e co Deneno, con Ro, e co Cesare (que nos presentou ao Shotokan). Tamén coñecín a Kate e á irma de Caladinha, a dous dos Aduaneiros, a Jean-Sol e ao encanto de Paleon. Creo que quedei sen coñecer ao Sao Tome, aos Subcomediantes, ao Paco Penas, ao Jacarezinho, á señora (m)Alicia, etc... Ao Gran Mimón coñecino no Abastos de onde saimos, varias de nós bastante perxudicadas, camiño do cemiterio de elefantes, onde aplican discriminación positiva á hora de entrar, pero que comigo non colou. Non sei porqué, eu merecía esa discriminación.
Nas Crechas rompín a miña pulseira e puxenme a buscar as contas coma unha tola. Recupereinas case todas. No MyCar perdín un pendente e arrastrei o cu polas pallas ata que o atopei. Despois desa experiencia decidín marchar para a casa, coa miña chaquetiña, o meu mandilón convertido nunha xeitosa saia, a miña 'expuerta' e a miña borracheira e fun saudando ás miñas semellantes que se dirixían á praza ou abrían os bares, e levaban os mandilóns por motivos laborais. Non levei unhas hostias, pero case as merecia ;).
Como colofón papei uns froitos tropicais na tarde do día seguinte, visitei ás miñas amigas, e decidín que había que sair outra vez. Esa foi a miña equivocación. Acabei nunha das peores casas de citas da comarca. E a noite do domingo tumbei. Hoxe non puiden atender ás miñas obrigas. Aínda así pagou a pena.

Sexta-feira, Junho 18
Eu, mesmamente.
Teño 77 anos e son unha muller relixiosa. Hai quen me acusa de rexoubar . Á miña idade aínda traballo de encargada nunha lavandeiría (para estar activa, me relacionar e completar a pensión que recibo baixo o New Labour) e estou casada. O meu primeiro home deume moitos traballiños: marchou da casa, deixoume soa cunha criaturiña, e cos anos souben que casara con outra, convertíndose nun bígamo. Morreu nun accidente de tráfico. Entramentres o meu fillo meteuse na droga, e volveronme os traballos. A única alegría que me deu, foi o meu neto Ashley. O pobriño tamén me morreu.
A deus gracias, din cun home bó, o Jim, con quen casei en segundas nupcias. Estou a vivir con el e coa sua neta.
Sempre ando detrás dalgún remedio para cando me doe o corpo. Un día alguén me falou dunha herba para tomar en infusión, e resultou ser marighuana sen eu o saber. Ai, que ben me sentaba!. Tamén tiven algún problema coa lei, despois do momento máis duro da miña vida, cando miña amiga Ethel pediu que a axudara morrer, en contra das miñas crenzas relixiosas. Axudeina, e despois fiquei trastornada e quixen ser castigada, e ao non me faceren caso ningún, entrei roubar nun comercio. O único que conseguín foi que me mandaran 15 días á cadea por desacato.
O vicio máis grande que teño (aparte de mencionar constantemente versículos da biblia para moralizar ao persoal) e fumar coma unha carreteira. Polo demáis, como curris e bebo gintonics, claro.
Esta noite collo o Air Castro e xa nos coñecemos. Marcho que perdo o coche. 'Ooh, I say!'
Without a song or a dance what are we? "PM Dawn - Reality used to be a friend of mine"

Quinta-feira, Junho 17
Naceu varón e foi perdendo color.

Comprobando que ás veces hai Xustiza, sorpréndome da insistencia do xornalista en que o ínclito naceu varón. Carallo, nin que agora non o fora!
Without a song or a dance what are we? "Marc Almond - Stories of Johnny"

Promovendo o ghetto chic?
Deixando claro que estou desexando que chegue a sexta á noite, e aínda a risco de que alguén se trabuque e pense isto é falta de sentido do humor ou mala consciencia :P, quero saber algo máis sobre o 'orgullo pailán'. Paréceme un tema moi interesante. Ata fan filmes sobre esta problemática. Concordo co intelixente plantexamento da festa que ten a Duquesa de Bovouard, e a maiores busquei información sobre Bamboozled. E mirade co que me fun topar: "moit@s afroamerican@s están a coleccionar obxectos que os representaban en actitudes denigrantes (i.e., que non molan) como leccións prácticas para @s súas fill@s. Quérenlles poder demostrar como foron tratadas @s súas devanceir@s". O orgullo ten curiosas formas de se manifestar! Somos ridículas, e unhas putas orgullosas. Ábrese o baile:
Without a song or a dance what are we? "Caetano Veloso - Black or White"

Quarta-feira, Junho 16
Santa.
Segundo pase esta noite no CCC do documental da señora Margarida. De agradecer o moi necesario rescate da memoria histórica agochada. Despois algunha emoción, e unha estética á que non estou afeita nas produccións audiovisuais das que eu gosto. Que queredes!. Xa sei que son unha snob, malía o status me importar...só un pouquiño.
Without a song or a dance what are we? "Ed Lincoln - Eu não vou mais"

Así é como coidan das paisaxes sagradas.
E do medio-ambiente que acaso podían ter. No mesmo día calcinan (e deixan calcinar) os montes do Ézaro e da Peneda do Viso.
Incompetencia ata o final. Burn, baby, burn!
Without a song or a dance what are we? "Julian Cope - Charlotte Anne"

Terça-feira, Junho 15
Semana do insecto.
Para celebrar que o verde é o novo vermello, esta bonita instantanea dun cabalo do demo.
Without a song or a dance what are we? "Soul II Soul - A dream's a dream"

O amor é mesmo cego.

Por fin, a proba científica!
Por certo, que fan os -posiblemente- guapos e listos opinando sobre quen non liga, e os porqués?. Este home ten vocación de polemista. Guai.
Without a song or a dance what are we? "Depeche Mode - Walking in my shoes"

Afrancesad@s.
Lin con auténtico pracer o Apunte '¿Qué hay por debajo?' de Javier Ortiz hoxe no seu web. E iso a pesar de que falaba, entre outras cousas, de f*****.
Xa teño linkado moitas veces neste blo ao señor Ortiz, de quen son lectora habitual. Ata a 'Pelota Basca' non son consciente de que o vira falar, pero xa coñecía as súas columnas en 'El Mundo' de hai moitos anos, cando ese xornal era anti-gubernamental. Sempre me gustaron.
Hoxe, coa desculpa do f*****, reflexiona sobre as filias ou fobias que moit@s meridionais podemos sentir cara dous dos grandes e ricos estados europeos: a Francia e a Inglaterra (ou máis exactamente o Reino Unido).
A clave para estas filias parece estar, efectivamente, en que lingua nos é máis próxima, se o francés ou o inglés. A aprendizaxe da lingúa leva moitas veces parella o coñecemento das culturas deses estados, e ese coñecemento ao disfrute, quizais, dos seus productos máis excelsos: na música, na literatura, na arte, no cine...
O que máis me sorprende nun home cultivado coma el, é o feito de que descoñecer a lingúa inglesa o leve a considerar a Britania coma 'lonxana e rara', e a prestar máis atención aos aspectos negativos da súa historia cos positivos. Non fai o mesmo coa Francia.
Eu non sei francés. Iso non impide que vexa ese mundo con curiosidade e con interese.
Pero sobre todo, son partidaria dunha maior coñecemento mútuo entre todos os pobos europeos, que non nos beneficiaría só a nós, os menos desenvolvidos social e económicamente, senón tamén ao resto.
Without a song or a dance what are we? "Guesch Patti - Etienne"

Segunda-feira, Junho 14
Skara Brae
A aldea neolítica mellor conservada da Europa atópase na costa occidental da maior das illas Orkney, na Escocia. A sección de historia da BBC ofrécenos unha bonita galería de fotos do xacemento.
Ademais na súa zona multimedia, ofrecen visitas virtuais, videos, galerías de fotos... e ata xogos.
Without a song or a dance what are we? "Siouxsie and the Banshees - Swimming Horses"

Orzowei, il figlio della savana.
En vista do que hai, haberá que considerar tirarse ao monte.
Without a song or a dance what are we? "Guido & Maurizio De Angelis - Orzowei"

Domingo, Junho 13
Eu vou torcer pela menina.
Pelas coisas bonitas eu também vou torcer, eu vou.
Without a song or a dance what are we? "Fernanda Abreu - Eu vou torcer"

Santo Antonio.
Finalmente o señor Cesare e máis a señora Dot puideron montar, nunha agradabilísima véspera do Santo Antonio, o seu propio arraial pelas rúas da cidade. Boa conversa, graciosas coincidencias, e visita aos mercados locais. Tárdame saber que tal lle prestaron os productos que alí elexiu. ;)
PS Eu não quis trazer aquí essa sardinha com a bola. Vocês devem estar aborrecidas com tanto futebol!
PPS Fernanda Abreu o día 19!

Sábado, Junho 12
O amor rompe barreiras.
Celebrouse hoxe na cidade libre e hanseática de Hamburgo a manifestación política do decimoprimeiro Europride, retrasmitida en directo pola tvg, perdón, pola televisión rexional.
Mentras na menos libre e menos hanseática cidade olívica merquei o meu mandilón cruzado, e mozas: non o sei atar! Para onde vai o cinto da parte que se mete por dentro? Non debería saír por algún lado para atalo co outro? Ai, dior mio, a ver se vou ter que ir espida á Festa do Orgullo Pailán. Espero que non veñan as cámaras!
Without a song or a dance what are we? "Erasure - Make Me Smile (Come Up & See Me)"

Sexta-feira, Junho 11
E ti por quen terías votado en vista dos resultados?
Son euro(eleccións)escéptica -tal como está montado o tinglado- pero hei de votar, para non me ter que facer esta pregunta na próxima segunda feira.
Parece ser esta a dúbida entre moita xente alá, agora que lle deron nos fociños ao fantoche do Blair, provocando a caída de numeros@s concelleir@s traballistas, e facilitando a victoria conservadora.
Alégrome de que Londres siga con Ken o Vermello.
Agora tócanos a nós evitar futuras lamentacións. É difícil.
PS Javier Ortiz reflexionando sobre a abstención:
"«¿Has calculado bien a quién votas si no votas?», me escribe Gervasio, poniéndose filosófico.
«Si no voto, no voto. Por definición», le respondo.
Y le añado: «Si lo que pretendes decirme es que mi abstención puede tener repercusiones que no deseo, te remito al “efecto mariposa”. Lo mismo saliendo a pasear por el jardín dentro de media hora provoco la Revolución Socialista Mundial. Tú fíjate. Y yo sin saberlo.»"
Claro que el vive nun universo e eu noutro. "Non son realidades extrapolables", como lles gusta dicir ás polític@s.
Without a song or a dance what are we? "The Blow Monkeys - It doesn't have to be this way"

Queima.
Parte da miña pel queimouse lixeiramente onte por mor da radiación ultravioleta, eu hoxe sufro as primeiras consecuencias. Non é que teña propensión a me queimar, pero cando hai neboa, quen se acorda do sol!
E xa son anos para ter a suficiente experiencia como para acordarse! Pero non, unha é así de burra.
Without a song or a dance what are we? "The Jesus and Mary Chain - Sidewalking"

Hit the road Jack.
O primeiro que "colleu as cancións do gospel e púxolles as letras do demo". Desde entón somos un pouco máis libres.
Without a song or a dance what are we? "Ray Charles - Hit the road, Jack"

Quinta-feira, Junho 10
Move o cu.
Segundo conta o Independent, o último no fenómeno do 'flash mobbing' é convocar á xente a se reunir en sitios de moito movemento e se poñeren a bailar escoitando os seus temas favoritos en candaseu aparello reproductor portátil de música. Semella divertido e ten ese toque situacionista que a min me resulta atractivo.
"Defensores de Roma, Coliseo, Senado y pueblo romano
aqui tenemos par todos,
pan, circo y boogie boogie "
Without a song or a dance what are we? "Kyle Minogue - Slow (Chemical Brothers mix) "

Media tuga.

Hoxe é o día de Portugal, de Camões e das Comunidades portuguesas, outro momento axeitado para amosar unha vez máis o meu amor polo país veciño.
O terreo sempre estivo aboado para sentir ese amor, auto-identificada como estou desde tenras idades, pero ademais as circunstancias persoais fixeron que coñeza bastante ben o país, de Norte a Sul. Hoxe o Norte é tanto a miña casa coma o resto da Gallaecia. Hai 20 anos cruzar o Miño era unha aventura de longas esperas, inspeccións na alfándega, pontes estreitas e pequenos ferryboats, e o que te topabas do outro lado (fora a paisaxe), completamente exótico nos ollos dunha criança viguesa: 'os carteis en vernáculo', as calzadas de adoquíns, os macizos indicadores das estradas en cemento, os 'guardiñas', as feiras, o peculiar xeito de conducir, moita da súa comida, as bandeiras vermella-e-verde, aquela arquitectura, aqueles edificios barrocos, aquela cidade do Porto, os restos do explendor colonial mesturados con pobreza extrema... En 20 anos todo mudou moito: o máis sobranciero para min, a facilidade que agora temos para nos visitar e (re)coñecer mutuamente. Magoa que o poder político galego non favoreza que se ensine portugués nas escolas ou que vexamos a súa tv, pero a aproximación é imparable, por moito que lle moleste a esa xente nacionalista spañola.
Como serían as relacións entre unha República Galega e a República Portuguesa?. Dacordo, dacordo, a república galega non a verán os meus ollos (con sorte non coñecerei a ese presidente-conservador-católico), pero está claro que a especial relación entre os dous paises ningún gobernante a pode obviar. (Por certo, mañá os dous presidentes-conservadores-católicos inaguran a ponte entre Vila Nova de Cerveira e Goián).
PS Robueille a bandeira ao Boss, en recoñecemento ao Boys'r'Us, e porque se hai que apuntarse a un nacionalismo, tócame apuntarme a ese. Outros xa os teño moi vistos. ;)

Quarta-feira, Junho 9
Autodeterminación persoal vs. enfermidade mental.

A conducta humana nunca deixa de sorprender. No caso da anorexia e da bulimia (das que ata min só chegan algúns ecos), a sorpresa é aínda maior. Lin esta maña que xente que as padece se intercambia información pola rede para ser máis efectiva nos seus propósitos - e que ata usa atuendo persoal específico para se recoñecer - e lembrei este curioso e intenso filme do director Todd Haynes, no que usou bonecas estilo b*rbie para recrear a historia de Karen Carpenter, a máis famosa vícitima mortal da enfermidade ata día de hoxe.
Without a song or a dance what are we? "The Carpenters - Let me be the one"

Hai merdas e merdas.
Escolma dun programa onte á noite na BBC1: "Britania vólvese tola coa fontanería como se demostra cando porfesionais das clases medias, coma banqueir@s ou avogad@s, desesperad@s por escapar da 'carreira de ratas' do mundo da grande empresa, abandonan as súas oficinas para encher o burato da falta de fontaneir@s no país.
Este film segue os pasos da executiva de relacións públicas Jane Green e o investidor bancario Matthew Brumwell, cando resolven tentar chegar a ser fontaneir@s.
A pesares do feito de que só van o instituto de formación profesional unha vez á semana durante tres meses, igual que un crecente número de profesionais insatisfeit@s, Jane e Matthew desexan abandoar as súas actuais carreiras para mudar as súas vidas.
A realidade imponse cando se topan nunha pequena empresa de fontanería xestionada por Charlie Mullins, un home atento aos detalles máis inesperados. Sobrevivirá Jane coma a única fontaneira nesta empresa tan tradicional? E seguirá a querer Matthew, o cabaleiro da City, desprenderse do seu traxe de raias despois de pasar un día fora do banco desatoando un bater?"
Without a song or a dance what are we? "Maria Bethânia - Grito de alerta"

Terça-feira, Junho 8
Pegando no baixo ata lle sangrar os dedos.
And you may find yourself living in a shotgun shack
And you may find yourself in another part of the world
And you may find yourself behind the wheel of a large automobile
And you may find yourself in a beautiful house, with a beautiful wife
And you may ask yourself-Well...How did I get here?
Letting the days go by
Without a song or a dance what are we? "Talking Heads - Once in a lifetime"

Dentro do museo gai.
Peter Tatchell hoxe no Guardian.
@s candidat@s á alcaldía de Londres están dacordo nunha cousa: a necesidade dunha institución que recolla o noso pasado homosexual. A persoa que o propuxo, Peter Tatchell, explica que poría nela.
"O cardeal John Henry Newman está enterrado no cemiterio ao lado da casa de campo do Oratorio dos Padres de Rednal Hill. Para o espanto da xerarquía católica, que tentou suprimir todo coñecemento da homosexualidade de Newman, el descansa na mesma tumba que o seu compañeiro na vida, Ambrose St John. Inseparables na vida e na morte, os dous homes comparten unha lápida que dí "Ex umbris et imaginibus in veritatem" (Das sombras e das imaxes á verdade). O seu epitafio resume porqué un museo lesbiano e gai é unha idea apropiada para estes tempos: axudaría a sacar das tebras a historia oculta da xente (queer) rariña da Britania.
Tiven por primeira vez a idea dun museo gai no 1972, cando era un activista de 20 anos da Fronte de Liberación Gai (GLF). Durante esas primeiras loitas polos dereitos humanos da xente queer, de súpeto decateime que estabamos vivindo unha grande loita pola liberación, eivada pola case total falta de coñecemento sobre o noso pasado. As nosas mentes estaban colonizadas pola versión hetero da historia, onde a xente rariña é invisible.
As batallas da xente que viu antes ca nós, coma os pioneiros dos dereitos gais no século XIX Edward Carpenter, eran descoñecidas. Incluso as campañas pola reforma das leis sobre a homosexualidade dos 60, lideradas por Allan Horsfall e Antony Grey, estaban (e aínda están) bastante indocumentadas. A nosa existencia foi borrada dos rexistros históricos. Aparte de Oscar Wild, a única xente rariña que acadou atención pública foron @s asasin@s en serie, @s espias, @s corruputor@s de menores e os homes apañados pola policía nos baños públicos.
A diferencia doutras comunidades, nós non tiñamos familias, nin historias de trunfos e traxedias que pasar de xeración en xeración. A xente rariña era unha xente sen sentido dun pasado colectivo. Fomos excluidos de calquera rexistro oficial - agás os rexistros criminais, que documentan grises xuizos, encarceramentos e execucións polo "abominable crime da sodomía(?)".
Pero cando pouquiñ@s de nós na GLF comezamos a escudriñar as bibliotecas e os arquivos nos sotos dos museos e das oficinas de rexistro público, descubrimos fragmentos enterrados das nosas pasadas vidas rariñas. Foi sorprendente descubrir que os homes gais soportaron a pena de morte ata 1861, e cadea perpétua ata 1967. A través de contactos co movemento a prol dos dereitos da xente queer na Alemaña, comezamos a recompoñer os detalles do intento nazi de exterminar homosexuais. Desta historia do "homocidio", liberamos o triangulo rosa que os nazis forzaron a levar aos prisioneiros gais dos campos de concentración - convertindoo nun símbolo de orgullo e desafío.
O meu colega no GLF, Allan Bray, fixo o incrible descubrimento de que houbera unha vibrante subcultura gai na Inglaterra do Renacemento. Usando os rexistros dos xuizos, Bray, e despois Rictor Norton, desenterraron detalles das chamativas e divertidas casas de maricas do século XVIII - as predecesoras dos bares gais - onde os gais se reunían para beber e socializar, e ás veces para practicar sexo e celebrar vodas-parodia cos seus amados.
Jeffrey Weeks, outro colega do GLF, investigou os inspiradores activistas homosexuais pola reforma do século XIX John Addington Symonds, Havelock Ellis e Edward Carpenter, xunto coas vidas das pioneiras lesbianas do século XX coma Radxlyffe Hall. Esas revelacións foron fascinantes e gratificantes - pero non hai onde atopalas nos museos. Esta ausencia convenceume de que precisabamos un museo lesbiano e gai para celebra a contribución da xente rara á sociedade británica.
Que podería haber nun museo queer? As mesmas cousas ca en calquera outro museo. Cartas relevantes, diarios, fotografías, debuxos, esculturas e posesións persoais de famosos homosexuais e bisexuais coma Lord Mountbatten, Beverley Nichosl, Florence Nightingale, William Pitt o Novo, Catherine Cookson, Lawrence de Arabia, Gerald Manley Hopkins, Winston Churchill, Lord Byron, Daphne du Maurier e William Shakespeare. Algunha desta xente era, claro, célibe e só gais de orientación. Outra xente, coma Winston Churchill, que tivo unha aventura coa estrela da comedia musical Ivor Novello, semella que só tiveron un esporádico encontro gai. Tendo en conta que se deben facer estas distincións, o museo queer debería incluir a el@s tod@s.
Como exhibir os contidos? Unha posibilidade son as exhibicións temáticas, seguindo as liñas dos Reis Rariños de Inglaterra e Escocia. Hai unha chea onde escoller, incluindo a Eduardo II, Ricardo Corazón de León, Xaime I e Guillermo de Orange.
Outro tema pode ser Gais na Guerra, recollendo as historias dos soldados gais durante a segunda grande guerra e das lesbianas que serviron no exercito feminino de terra. Debido á prolongada exclusión dos homosexuais para servir nas forzas armadas, podería ser divertido revelar as vidas gais secretas do mariscal de campo Kitchener, Haig e Montgomery. Kitchener causou unha boa conmoción ao se rodear de fermosos oficiais novos, favorecendo finalmente a un deles, o capitan Oswald Fitzgerald, a quen nomeou axudante de campo - en máis dun sentido. Morreron nos brazos un do outro cando o HMS Hampshire foi golpeado por unha mina nos aredores de Orkney en 1916.
A historia máis recente dos dereitos gais tamén podería estar presente con octavillas, dípticos, pancartas... - ademáis de fotos e videos - das campañas sobre a idade de consentemento e o rexeitamento á Sección 28.
Aniversarios significativos poderían ser celebrados con eventos especiais. En outubro é o 40 aniversario do establecemento do Comité Noroccidental de Reforma da Lei sobre Homosexualidade (NWHLRC) en Manchester. O NWHLRC foi o comezo das organizacións de dereitos gais na Britania, e o primeiro en ser liderado por xente abertamente gai. Agora mesmo, estou a loitar para convencer ao concello da cidade de Manchester e ao Museo de Historia da Xente para organizar un evento para celebrar este acontecemento. Se tivesemos un museo gai, podería acoller as celebracións.
A localización do museo podería ser a antiga séde da policía na rúa Bow, onde Oscar Wild foi levado á cadea despois do seu arresto no 1895. Quizais os seus donos actuais, a Policía Metropolitana, podería ser persuadida para doalo ao proxecto do museo, nun xesto de reconciliación e reparación por máis de 100 anos de acoso á comunidade lesbiana e gai.
Á vez que documentar a historia da Britania queer, o museo podería ser a nova casa dos arquivos gais Hall-Carpenter, que xa teñen unha boa colección de memorias queer pero non onde exhibilas. O museo podería ademáis proporcionar un espacio de galería para exhibicións de arte e fotografía gai.
Ademais das coleccións permanentes, o museo podería acoller exhibicións temporais rotativas sobre a vida queer en diferentes culturas, coma a India, Cimbaue, Mexico, China, Irán e Rusia. É un mundo raro. Celebremos a diversidade."
(PS Desculpade o meu intrusismo no mundo da traducción simultanea, onde como vedes, case me perdo.)
Without a song or a dance what are we? "Björk - Venus as a Boy"

Segunda-feira, Junho 7
Hoxe levei unha enchenta.

Si amigas. Á miña idade. E a golpe de segunda feira. Pero a vida é así. Imprevisible. A resultas que nunca probara os percebes máis que unha vez, frios e a deshora. E vai hoxe e chama por min a miña tía, e dime que ten unha chea deles, e que os hai que tomar, e eu me apunto, claro. E diredes, como é posible que unha muller tan post-a, non coñecera ben o bicho faliforme máis sobranceiro do noso mar, o rei-emperador de toda celebración de alto ou baixo 'postín' (kitsch por antonomasia) do noso país?: Pois moi sinxelo, porque non cadrou, porque unha non é mariñeira (é rururbanita), das camadas medias, non vai a vodas, non ten alto poder adquisitivo e só os mirou algunha vez na pescadería de ElCorteInglés, e por suposto, non pagou por eles. E resulta que descubre, na senectude, que son a gloria bendita, acompañados con albariño, boa compaña e boa conversa. E andan a rular por aí, incluso algunha vez entre as asalariadas. Se vos topades con eles... comédeos!. Non fagades como unha amiga miña que cando decide rematar once co seu xexún vexetarianista, vai e come un mexillón asasinado, despois de ter rexeitado todo canto shellfish houbo nas vodas ás que foi invitada.
Benditos filtradores de hidrocarburos aromáticos. Ala, agora a agarda que efecto fan a longo prazo.
Without a song or a dance what are we? "Elza Soares - Neném"

O pesadelo bávaro.
Madame de Sévigné sempre di que temos unha sorte inmensa por disfrutar dunha 'alcaldesa tan mona'. Perfecta en toda ocasión.
Without a song or a dance what are we? "Krafwerk - Neonlicht"

Domingo, Junho 6
Born in GZ (2ª parte)
Segundo Luis Lapuente na súa "Historia-Guía del Soul", El Luís é "un xitano galego de moitos quilates que gravou no cárcere un álbum insólito para a época -"Gitano Soul"-, con refráns contaxiosos ("yo te lo digo cantando/yo te lo digo bailando") e moito sangue do ghetto madrileño nas súas entrañas".
Para que despois veñan outros a roubar as ideas.
PS E ata ten un tema chamado "Tangos galegos", así tal cual, dentro da súa recopilación "Todas sus grabaciones". E outro que se chama "Mujer, eres el amo". Hai que localizar este disco!
Without a song or a dance what are we? "El Luís - Yo te lo digo cantando"

Sábado, Junho 5
Quedamos no Salisbury?
Without a song or a dance what are we? "Gladys Knight & The Pips - The Look Of Love"

So now you've got the best of me, come on and take the rest of me!
Tarefas domésticas de limpeza mentras escoito a radio da BBC a través da rede. Se hai alguén aí a quen lle guste o soul, o funk e o disco tanto como a min, que non se perda dous programas semanais fenomenais: o Craig Charles Funk Show, e o Giant 45 Radio Show do Norman Jay , que son os que controlo por agora. Pódese escoitar o programa toda a semana a calquera hora. Se sabedes de algún máis polo estilo, por favor, facédemo saber. Obrigadiña. Ala, a seguir limpando!
Without a song or a dance what are we? "The Real Thing - You to Me are Everything"

Sexta-feira, Junho 4
i-Conas da Galaécia.
A señora Dot recibe correo dun achegado, no que lle fala dun individuo que ese meu achegado coñece ben. Un individuo que só por nacer aquí debería ser un ídolo de toda a xente, rara ou non, deste país: o señor Roberto.
Ao tentar calibrar este personaxe, ocurríuseme artellar un modesto e personalísimo top10 das iconas internacionais de orixe galaica -neste caso mortas ou momificadas- de todos os tempos. Aí vai:
1. La belle Otero, empresaria.
2. Prisciliano, charlatán.
3. Castro, Inés de. Raiña en descomposición.
4. Franco, dictador enviado por deus para salvar aos españois.
5. Exería, mística viaxeira.
6. Alfonso Henriques, fundador de países.
7. Castro, Rosalia de. Emprendedora.
8. Castelao, santo varón.
9. Urraca, esta non era tan santa.
10. Colón, outro empresario para rematar.
Por certo, menos unha, todas morreron no exilio.
Without a song or a dance what are we? "M - Pop music"

Pippi Langstrump
Magnífico artigo do señor Fran na contraportada d'ANT. Xa lle engadirei o vencello cando actualicen o site, se é que o publican alá.
Without a song or a dance what are we? "Talking Heads - Television man"

Herois do mar e viláns.
'Herois' titularía unha edición máis sensacionalista e coa letra máis gorda da CoughdeGalicia, e eu concordo. Logo leo o 'apunte' d'hoxe do Javier Ortiz ("Un héroe (y que conste que no tengo una opinión invariablemente positiva sobre todos los héroes, ni mucho menos) es alguien que arriesga su seguridad o incluso su vida en defensa de alguien o de algo, material o inmaterial") e volto concordar.
E para rematar fulminantemente co concordato, os curas homicidas: onde está outravolta a fiscalía do estado para protexer a saúde pública destes atentados?.
Without a song or a dance what are we? "David Bowie - Heroes"

Quinta-feira, Junho 3
Miña nai!
Teño que agradecer ao señor Jean-Sol que avisase que estaban a proxectar 'A Nai' nas salas de cine. Esta noite fun vela en compañía de Madame de Sévigné e quedamos encantadas. Efectivamente, o Kureishi é un xenio, e o director tampouco o fixo mal, segundo leo por aí.
Á saída do cine foi un pracer pasear con Madame pola cidade, á noitiña. Canto a vou botar en falta cando marche para París!.
Without a song or a dance what are we? "Blondie - Heart of glass"

Xemelgas.
Ao repasar os topónimos anteriores, víume á cabeza a cantidade de nomes de lugares que 'partilham' a cidade do Porto e Vigo e os seus redores: Valadares, Gondomar, Lavadores, Bouças, Cabral... a lista seguro que é máis ampla. E ata as dúas cidades teñen as súas respectivas 'Foz', só que ben distintas (a do Lagares e a do Douro). Pero o que sempre me deixou alucinada é que tamén teñen un Pereiró.

O mar de V*go.
.
Inspirado polas novas sobre o xacemento do Facho e emulando as listas do señor Pawley, hoxe escribo a primeira: o top 10 dos privilexiados miradoiros sobre as ondas do mar de V*go:
1. Capela do Alba en Valadares, V*go.
2. Faro de Domaio en Domaio, Moaña.
3. O Facho en Hio, Cangas.
4. A Peneda no Viso, Redondela.
5. A Madroa en Teis, V*go.
6. O Cortelliño en Baiña, Baiona.
7. Monte do Faro nas Cies.
8. Monte Castelo en Parada, Nigrán.
9. Muralla da fortaleza de Monterreal en Baiona
10. Travesías en barco pola ría
PS Iemanjá non lles foi propicia a estes mariñeiros da ría máis bahíana. Ou quizais fora cousa de designios máis terrenais.
Without a song or a dance what are we? "Gilberto Gil - Iemanjá"

Quarta-feira, Junho 2
As rosas non falan... aos meus gladiolos pouco lles falta.
Bate outra vez, com esperança o meu coração
Pois já vai terminando o verão, enfim
Volto ao jardim, na certeza que devo chorar
Pois bem sei que não queres voltar para mim
Queixo-me as rosas, mas que bobagem
As rosas não falam
Simplesmente as rosas exalam
O perfume que roubam de ti, ai
Devias vir, para ver os meus olhos tristonhos
E quem sabe sonhar com os meus sonhos, por fim
(Cartola)
Without a song or a dance what are we? "Beth Carvalho - As rosas não falam"

Forsvar Christiania.
O parlamento dinamarqués, de maioría conservadora, aparte de permitir ter tropas no Iraq, está a piques de aprobar unha lei para 'normalizar' Christiania, "a comunidade autónoma que comezou hai 33 anos despois da ocupación civil dunha área en desuso, daquela propiedade do ministerio de defensa. Converteuse nun exemplo de iniciativa humana e espirito innovador sen paralelo."" O máis especial de Christiania é a idea de que ninguén decide sobre ningúen, e que todo o mundo ten a oportunidade de influir nas decisións. Esta idea é considerada anticuada polo goberno dinamarqués. Agora queren ocupar unha área valiosa, dividila e vendela á mellor oferta, convertindoa noutro ghetto da xente rica, fora do alcance da economía do resto da xente."
Na rede hai unha campaña para tentar conservar tal cual o paraiso hippie e de esquerdas, pero semella que as posibilidades son poucas.
As ofensivas conservadoras están á orde do día. Noutra parte da europa prohiben a certa xente votar o que quere.
Without a song or a dance what are we? "The Smiths - A rush and a push and the land is ours"

Terça-feira, Junho 1
Con senso.
Souben polo meu amigo Turkoglu que o George Monbiot ten o seu libro máis recente publicado en castelán. Se é tan interesante como as súas columnas no Guardian, terei que ir por el. A lista de espera para ler vai crecendo.
Without a song or a dance what are we? "Marianne Faithfull - Mad about the boy"

'O melhor jornal do país'
Xa hai moitos anos que eu tiña interese no que podía dicir este xornal, e mercabao. Moito antes de que mudase ao formato tabloide. Moito antes da internet.
E agora decidiu renovar as súas páxinas na rede, gratís (fora a conexión) e máis cómodas de ler. E parece que van contar con arquivo. Parabéns. É máis fácil enterarse de cuestións que nos concernen: por exemplo os problemas ambientais do proxecto de ampliación do IC1 ata Caminha, e de que existe unha 'realidade caciqueira alto-minhota'.
Estará o caciquismo relacionado co clima ou co substrato xeolóxico?. Non sei, ten que ser por mor doutra cousa, porque sobre as rochas volcánicas de Sicilia seica están peor.
PS 'O melhor jornal do país', creo que lera unha vez no Renas. Corríxanme se non foi certo.
Without a song or a dance what are we? "Tubeway Army - Are 'friends' electric?"