Segunda-feira, Maio 31

'Um clássico do samba-jazz'

'Devagar com a louça que eu conheço a moça, vai devagar moçinha, devagar ei.
Eu conheço a moça, devagar com a louça, vai devagar, prá não errar. Devagar com a louça que eu conheço a moça, vai devagar. E eu conheço a moça, devagar com a louça. Vai, prá não errar.
Ela é mais enrolada do que linha em carretel, ja viu, mais você nessa jogada, hehe, vira bola de papel. Dê o fora dessa louça, peça logo o seu boné. Você vai ficar de touca, quem avisa amigo é, pois é..'

(Luiz Reis - Haroldo Barbosa)

PS É preciso cantar e alegrar a cidade.

Without a song or a dance what are we? "Elis Regina / Elza Soares / Luiz Loy Quinteto - Devagar com a louça"

Gosta do samba muito mais do que de mim

Sambou, Sambou
Nao descansou
Ficou zangado quando o dia clareou
Eu nunca vi sambar assim
Gosta de samba muito mais do que de mim

Without a song or a dance what are we? "Elza Soares - Sambou, sambou"

Domingo, Maio 30

Mala fisonomista.

Onte descubrín que o asunto fora unha alucinación. Estame afectando a idade. Antes era mellor fisonomista, e sobre todo tiña mellor memoria. Resulta que o ghicho aínda non sae na tv e anda por aquí. Alégrome, pero agora vóltome preguntar: 'E o cabrón porque non me deu o número do seu móbil. Meterei tanto medo?'

Without a song or a dance what are we? "Lightning Seeds - You Showed Me"

Sábado, Maio 29

E a ti, cantas veces te crucificaron?.

Falando de grafiteiras maduras: A máis excelsa das que eu coñecín foi MT, alá pola década dos 90 na capital.
Tal como dicía Angela Channing 'a loucura tira o teu lado máis creativo'. MT non o había de estar a pasar moi ben, pero a súa arte era do máis elaborada, e o respecto que ela tiña polo patrimonio non o ten moita outra xente con maiores ansias de transcendencia. Ela escribía con xiz nos antigos muros de pedra de Compostela cousas como:

'******, tengo derecho a acostarme con quien me dé la gana'
'El hachís de Marín se vende en Endesa'
'A 2000 pts vende mi vecino la hora de cocaina a las visitas'
'El verdadero problema de nuestra sociedad es el futbol'
'Mi vecina del 5º es un microfono oculto'
'Y a ti, ¿cuantas veces te crucificaron?'
'El día 21 del 1 del 96 desapareció de mi cama la bolsa de agua caliente. Exijo una explicación. Y mi familia no me da ninguna'
'JeSSucristo' (os S como se foran os das SS)
'Yave:Dios. Se ha inventado la ley del tailón (y se la aplica a los hombres)'
'Vivan los hijos de los mil padres'


Reproduzoas aquí porque son fenomenais (e verídicas. Seguro que moitas de vós tamén as líchedes a pesares da súa fugacidade intrínseca), e teño que dicir que me merecen o maior dos respeitos, pola súa calidade artística, pola súa bondade e pola súa inocuidade. Que eu saiba, ela non facía mal a ninguén co seu comportamento, agás quizais a ela mesma e aos seus achegados, por mor das normas sociais. E quen queira saber máis do que lle chaman 'loucura' que lea a Foucault, que eu non teño paciencia, e quizais tampouco capacidade intelectual.

PS Xa sei que Falcon Crest é dos 80, pero a súa influencia deixouse notar nos anos posteriores. Ata hoxe. E a frase da Angela ven ao caso.

Without a song or a dance what are we? "Billi Conti - Falcon Crest theme"

Sexta-feira, Maio 28

'Ne-na!', como lle dí a nai á 'chanel dos babies'.

Hoxe falou o Malcolm sobre as New York Dolls.

Without a song or a dance what are we? "Malcolm McLaren - Buffalo gals"

Trash is always trasher on the other side.

Agora resulta que ando a escribir graffitis por aí e despois non m'acorda. É o alzheimer.
Obrigadísima por mo lembrar, señor Xesús.
And no more yuppie takeovers!

Without a song or a dance what are we? "Dexys Midnight Runners - Come On Eileen"

Local people.

Estáseme a acrecentar a curiosidade pola literatura galega actual xusto no peor momento, cando debo concentrarme noutros asuntos. Pero o caso é que na edición d'onte da ANT o que máis me chamou a atención foi a entrevista co Francisco Castro e a crítica á nova novela do Xesús Fraga. Gustoume iso que dí o señor Castro de que 'o galego ten que ser máis orgulloso... parece que calquera cousa de aquí non ten valores artísticos equiparábeis ao resto'. Alentada por esas declaracións púxenme a mergullar nas augas de Culturagalega.org, cousa que, confeso con vergonza, nunca fixera con xeito. Literatura, audio, cine, banda deseñada... Semella estar moi ben.
'Love art, Love learning!'. Pois iso.

Without a song or a dance what are we? "REM - Stand"

Quinta-feira, Maio 27

Trains and boats and planes.

O (mini)parque máis londinense que ten a cidade é o da Riouxa, en Teis. Deitándote na erva podes ver e escoitar trens e barcos e avións (e tamén autoestradas) e imaxinar que estás nunha grande cidade.

Without a song or a dance what are we? "Dionne Warwick - Trains and boats and planes"

Brixton Navia.

Non sei onde lin que a economía viguesa poderá atraer ducias de miles de persoas nos próximos anos, non fai falta dicir que en traballos precarios e mal pagados, e acordeime de Brixton. 'Nos anos 40 e 50 moit@s d@s inmigrantes que chegaron á Britania desde as Indias Occidentais asentaronse alí e desde entón contribuen ao seu carácter electrizante, ecléctico e multicultural. Brixton xa sufriu dúas revoltas e ten unha chea de problemas coas drogas'. Aínda así (ou por iso) é o bairro máis cool (que irritante se está a volver esa palabra), e unha visita obrigada se vas á metrópole, como fixo o Nelson Mandela. E tiven a sorte de coñecelo (Brixton, non ao Nelson), e recoméndollo a todo o mundo. A información da Urban75 é completísima, e as fotos tamén.
E a todo isto, haberá en 20 anos un A-Z escrito en quechua e ambientado en Navia?

Without a song or a dance what are we? "Basement Jaxx - Where's your head at?"

Quarta-feira, Maio 26

Cábalas

Outra empresa criticando suavemente a guerra e a pena de morte. Será que finalmente é negocio criticalas?. Benvido sexa se é así.
(Ben, esta sempre estivo no lado progre do empresariado, non si?)
PS Así que escenas lésbicas e bailarinas preñadas?

Without a song or a dance what are we? "Madonna - American Life"

"The most odious man in Britain" The Sun dixit.

Eleccións na Metrópole. O Ken Livingstone é un dos meus políticos favoritos. Incluso agora que voltou ao horrendo New Labour. Un gicho que leva reivindicando desde hai máis de 20 anos os dereitos das mulleres, dos gais, das minorías étnicas; o transporte público; as conversas co Sinn Fein e o IRA. Que conseguiu ser alcalde e aplicou a Congestion Charge. Que acaba de chamar idiotas a quen conduce 4*4 e a quen asfalta o 'front garden' para aparcar os coches, e criminal de guerra ao presidente dos States... e todo isto desde a alcaldía da segunda maior cidade da Europa!. Xa nos gustaría ter algo semellante por aquí.

Without a song or a dance what are we? "The Specials - A Message to You, Rudi"

Terça-feira, Maio 25

'Era unha voda anormal. Era claramente unha voda gai terrorista'.

Teño que voltar colgar aquí un cartoon do Steve Bell, porque este home é un xenio. O humor é a única arma que nós temos.

Without a song or a dance what are we? "Dead Kennedys - Holiday in Cambodia"

A anxo da Charlie.

Máis selos. Tan fermosos como os do Panchez.

Without a song or a dance what are we? "Sinead O'Connor - Love Letters"

Un xardín medioambientalmente correcto.

Anímolles a que lles boten unha ollada. Hai tantos que seguro que hai algún do seu gusto.

Without a song or a dance what are we? "Elis Regina - Casa no campo"

Segunda-feira, Maio 24

Bad people have celebrations too.

Hoxe comeza e ningunha señora fina coma min deberíao perder.

Without a song or a dance what are we? "The Primitives - Through the flowers"

"Salir de 'Marcha'. Es la revolución." (2Unlimited, circa 1994)

Despois de semanas condeada ao ostracismo, a señora Dot non deu abasto esta fin de semana. Primeiro festa republicana, despois unha impertinente desconexión ao mundo cibernético. A continuación invitados na casa, carpas por explorar, talleres e charlas ás que asistir, material que visionar e ler, espectáculos dos que disfrutar... e moita moita xente á que saudar e coa que reivindicar e disfrutar. Demasiadas cousas nun só día. Non había tempo material. E para rematala, concerto en Castrelos.
E foi alí, en Castrelos, onde tiven finalmente o inmenso pracer de coñecer esa miña grande dama das letras e do xornalismo, non só no blogmillo senon que tamén, a señora María. Foi a máis estraña cita a cegas á que eu nunca asistira, e teño que dicir que pola miña parte foi unha frechada inmediata. Despois disto vou ter que reconsiderar se eu non serei unha víctima fácil do fenómeno fans (víctima do lado dos fans, claro) porque o gusto que dá coñecer cara á cara á xente que admiras é do máis adictivo.
E finalmente, despois dunha noite de farra, manifestación ás 12 da maña: é que estás mulleres non paran? Habíaas que ata se agachaban, saltaban, corrían, cantaban, ondeaban as bandeiras... durante máis de 4km de percorrido. Pero esa xente estivo onte no concerto ata case as 4 da mañá? Non mo podo crer. Eu decidín facer só o último 1/4 do percorrido porque non podía máis. Diferente manifa, nós que estamos acostumad@s a ver unha tras outra nesta parte do país tan reivindicativa... é dicir, á que tan pouco caso se lle fai. Pero está viva.
As rúas da cidade vestidas de lila.

Without a song or a dance what are we? "Aretha Franklin & Eurythmics - Sisters are doing it for themselves"

Sexta-feira, Maio 21

Abofé, LZ ceibe.

Festa republicana onte á noite na capital. Nutrida concorrencia a unha stag night onde moitos heteros soñaban con ser McNamara, moitas mulleres con ser travelos e o resto conformábamonos, como non podería ser menos, con querer ser raiñas. Coma a outra.
Actuacións e playbacks do máis divertido, desde as moi curradas ata os simples excesos alcohólicos. Pero sobre todo unha conducción do espectáculo de calidade Expo-nencial e uns videos que suplico estean pronto accesibles para todo o mundo, porque non tiveron desperdicio: desde un aquelado perfíl da vida da futura princesa, ás felicitacións aos noivos do Wojtyla e dun coñecido ex-primeiro ministro, ata a reivindicación por parte do infante Don Froilán dos seus lexítimos dereitos sucesorios á coroa do reino de Galiza.
De seguro que me esquezo dalgo, pero a señora Dot estaba alí para disfrutar, e non para levantar acta. Gracias á xente que a organizou e á miña Aruxa por me avisar.
PS Por certo, perdín o galo, se alguén o viu, que se poña en contacto comigo. Teño un asunto pendente con el.;)

Without a song or a dance what are we? "The Kinks - All day and all of the night"

Quinta-feira, Maio 20

Luz verde para a república

"The royal family is an institution which is built entirely on murder and deceit and fraud and hate" Morrissey.
"...unha estirpe que procede, nunha longa liña de sucesión, dunha colección de criminais máis ou menos notables, que ao longo dos séculos fixeron rodar cabezas, aforcaron aos seus enimigos, torturaron aos seus rivais, violaron a mulleres, deixaron morrer de fame a nenos, bloquearon todo intento de progreso e prescidiron dos dereitos humanos. E gracias ao incesto, co que mantiñan o poder no seo da familia, favoreceron tamén a propagación de enfermidades hereditarias..."
Lean á tola da Esther Vilar, que tamén ten moito que dicir sobre o tema.

Without a song or a dance what are we? "The Smiths - The Queen is Dead"

Onde as pobres nos topamos coas ricas.

Ou onde o clásico se topa co contemporaneo. Cando unha merca revistas onde se anuncia roupa interior para mulleres que pasaron unha masectomía, é o momento de se preocupar. É isto un signo da entrada definitiva na idade madura?
Non, foi simple curiosidade. 'Y que una es finísima'.

Without a song or a dance what are we? "Siouxsie and the Banshees - Peek a Boo"

Quarta-feira, Maio 19

Historias da cidade.

Confeso. Non teño moita idea de literatura, e tampouco de literatura galega. Pouco máis do que se pode aprender na escola secundaria. E quero descubrir, e a ser posible, disfrutar. Si, leo algunha obra en galego de cando en vez, pero non coñezo ben o panorama. No blogmillo sigo a aprender. É de agradecer.
Penso nisto porque hoxe me contaron unha anécdota: Alguén da xeración que agora ten 60 e tantos, reflexionando sobre a liberación da muller, lembrou como eran moitas das mulleres da working class na cidade cando el era novo. Como se presentaban na porta da taberna, co mandilón posto e coas mans na cintura, e berrábanlle ao marido: "Chacho!, veña pra casa!", e o outro obedecía e marchaba correndo co rabo entre as pernas. Todo moi latino. Claro que iso non era liberación da muller, iso era un traballo máis.
V*igo, como calquera outro sitio, tivo que ser o escenario de miles de historias dignas de ser contadas, que é unha pena que estean condeadas ao esquecemento. E eu non coñezo ningunha obra que recolla como vivían esas xentes, que tan ben retrataron o Pacheco e o Magar.
De seguro que algo hai, pero díganme quen, quen lles puxo banda sonora a esas imaxes?. Ou está a historia da cidade e das súas xentes tamén infrarrepresentada na literatura e na arte, como o está na política?

PS Por qué ten paralisado o Concello o proxecto do museo virtual do Arquivo Pacheco?. Así é V*igo.
PPS Non é casualidade que as mulleres estean-mos de festa-reivindicativa aquí, non si?

Without a song or a dance what are we? "Cartola - Alvorada"

Parrulos urbanos.(The ghetto sun will nurture life)

Desque as autoridades limparon un pouco o rio e reintroduciron patos e parrulos, xa van varias veces que os vexo voar esquivando os bloques do meu vecindario. É unha imaxe sorprendente, e non tan bucólica coma esta. Neste entorno, máis ben semellan cazas pola súa velocidade e traxectoria, e pola pericia que teñen para evitar os obstáculos. Seguro que tiveron un bo adestramento, eles, que sobreviven (cunha dieta á base de 'gusanitos') o ataque das ratas.

Without a song or a dance what are we? "Massive Attack - Hymn of the Big Wheel"

Terça-feira, Maio 18

Real life.

Para celebrar o asunto de Massachusetts esta semana irei á procura desta nova entrega do xenial Ralf König, lectura obrigada para toda muller e todo home do seu tempo.
Por certo, non hai nada máis del en portugués?

Without a song or a dance what are we? "Kool & the Gang - Celebration"

Segunda-feira, Maio 17

Sim.

Sim,
Deve haver o perdão
Para mim
Senão nem sei qual será
O meu fim
Para ter uma companheira
Até promessas fiz
Consegui um grande amor
Mas eu não fui feliz
E com raiva para os céus
Os braços levantei
Blasfemei
Hoje todos são contra mim
Todos erram neste mundo
Não há exceção
Quando voltam a realidade
Conseguem perdão
Porque é que eu Senhor
Que errei pela vez primeira
Passo tantos dissabores
E luto contra a humanidade inteira
(Cartola/Oswaldo Martins)

Without a song or a dance what are we? "Cartola - Sim"

Write and blue

Sempre houbo (e haberá) algo que contar.
Feliz día da literatura.

Without a song or a dance what are we? "Velha Guarda da Mangueira e Alcione - Saudosa Mangueira"

Domingo, Maio 16

Beach bump

(Dous días disfrutando do sol, tentando esquecer que me chamaron na cama: 'modernillo cultivado' e 'anarco-capitalista' ;))
Sorte que se arreglaron as Renas, por un momento pensei que quedabamos sen elas, pero afortunadamente todo quedou nun susto. As cousas que poden pasar neste mundo da blogosfera!. (Por certo, gracias a elas coñecín o engraçado labor dos Ateus. Divertidísimas as 'Novas aparições em Fátima')
PS Tamén andiven a fozar no mundo da (in)seguridade alimentaria. Será que a CoughdeGalicia e o Guardian se poñen dacordo para publicar, cada quen á súa maneira, sobre o mesmo tema?

Without a song or a dance what are we? "Baby Ford - Beach Bump"

Sábado, Maio 15

Subi (e depois desci) mais de mil e oitocentas colinas.

Subi...
Mais de mil e oitocentas colinas,
Não vi,
Nem a sombra de quem eu desejo encontrar,
Óh, Deus eu preciso encontrar meu amor, ô, ô,
Prá matar a saudade que quer me matar,
Prá matar a saudade que quer me matar.

Eu queria dar sossego ao meu coração,
Mas fui infeliz no amor,
Fui gostar de quem não gosta de ninguém,
E hoje só me resta esta dor,
E hoje só me resta esta dor.
(Grácia do Salgueiro)

Without a song or a dance what are we? "Beth Carvalho com Zélia Duncan - 1800 colinas"

Sexta-feira, Maio 14

Sweetie darling.

Curioso fenómeno, verdade?. Oes, non é que sexa unha lei universal, pero cantos casos non coñeceremos. O máis simpático conflicto xeracional é precisamente este, unha descendencia conservadora para @s progres: Quixéron@s facer tan perfectiñ@s que @s volveron de dereitas!. Unha das tramas principais da miña sitcom favorita xira máis ou menos ao redor deste aparente paradoxo.
Por non falar de 'punks' conservadores...

Without a song or a dance what are we? "The Ramones - I wanna be Sedated"

Total pra nada.

Xa chega de tanto comentario sociopolítico sen ter nen puta idea, Dot.
Voltemos ás parvadas, coas que me sinto máis cómoda. Que tal estoutro plano de ordenación urbana? 'Canto peor, mellor' tamén é a tentación da xente nihilista.

Without a song or a dance what are we? "Siouxsie and the Banshees - The Passanger"

V*goXungla.

Entón onte @s sociatas reunironse para dar a coñecer a súa opinión sobre o proxecto do novo plano de ordenación urbana da cidade. Ben, en realidade foron montar un espectáculo demagóxico, moi ao seu estilo, pero iso xa é outro tema. A frase estrela foi "...definir otro cambio para Vigo que no sea el de un plan que puede calificarse como ultraliberlismo en versión inmobiliaria y pensado para los propietarios de parcelas y no para los ciudadanos" (así, na lingúa do imperio-pequeno, que por algo temos sensibilidade social e somos de esquerdas).
Pois ben, menuda é esa xente para vir agora a denunciar as forzas do mercado. Todo o mundo ten dereito a mudar de opinión, pero que queren que lles diga, non os creo. O certo é que con este plano ou con calquera outro que se lles ocurra, hai varios feitos irrefutables que debuxan un panorama moi pesimista para a presente e futura vida humana nesta cidade: a prevalencia das devanditas market forces e a persistente ignorancia acumulada ao longo dos séculos.
Cando se xuntan ese dous vectores mellor é liscar. A cidade non ten moito remedio, e xa me gustaría equivocarme. Senón, tempo ao tempo. Isto ten máis trazas de ir cara Bangkok que cara digamos, a mesma cidade do Porto, aí ao lado.
O terceiro factor é a calidade d@s representantes políticos. (E unha cidadanía que debe andar por baixo de 1/3 da poboación). Miña naiciña, non hai por onde coller a case todas elas e eles, sen distincións de siglas: 25 anos de municipalismo en democracia contémplanvos. E as vosas desfeitas tamén.
PS Que facía alí, en condición de experta, a coñecida propietaria dunha plataforma que seica representa non sei que parte da cidadanía? Ai, 'Dios los cría y ellos se juntan'.

Without a song or a dance what are we? "João Gilberto - Cidade Maravilhosa"

Quinta-feira, Maio 13

Natureza agochada

A espectacular imaxe de embaixo fíxome lembrar que no meu concello aínda perviven lugares encantadores, descoñecidos (por sorte?) para a maioría dos seus habitantes. Se facedes o percorrido PRG-5, descubriredes lugares fermosos, que parece mentira que estean a tan só uns centos de metros da 'civilización'. Incluso podedes usar o transporte público para chegar ao punto de partida da rota e para voltar desde o final. Nós fixémola ao revés, baixamos en vez de subir. Comezamos no campús e rematamos na parroquía de Beade. Teño que voltar.

Without a song or a dance what are we? "Maria Bethânia - Eu e água"

Desastres cotidiáns.

(Isto é V*go ou a India?. Témome que as dúas cousas)

Ese novo señor feudal chamado Fox vai vender agora unha nova variedade de filme de desastres: a apocalipse climática. Como sempre moi ao gusto norteamericano. Quizais sirva para espertar algo a súa cativa consciencia, pero a min non me vai dicir nada.
O día que vexa nun filme un rio a mudar de cor cada día, fábricas e coches emitindo sen restriccións, depuradoras verquendo directamente ao mar, desmontes e recheos bestiais... todo cunha banda sonora de ruido que impida escoitar os diálogos, direi: 'Anda, un filme de desastres espectacular!'. Pero parece que isto non asusta.

Without a song or a dance what are we? "Pop Will Eat Itself - Def Con One"

Quarta-feira, Maio 12

Reseteando.

Se as miñas informacións son correctas, a xente rara do Sur temos unha cita na noite do sábado para nos procurar divertir. O lugar é o Anonimato Café ás 11pm, na rúa doutor Cadaval da Cidade Inmunda. Estou desexando descubrir que se deixa 'cair' por alí.
'Festa Fetiche', seica é. Aproveito para lles recomendar ás organizadoras que non sexan tan ambiciosas. Isto non é niullor. ;)
Aquilo vai parecer máis a parada d@s monstr@s. Adorable!
(PS A muller barbuda son eu).

Without a song or a dance what are we? "Chic - Le Freak"

My beautiful Kureishi.

Hoxe vexo ao meu compi lendo un libro do Hanif (entre moitos outros, non para de ler!), e sinto saudades súas, e envexa do meu compi.
A verdade é que non lle lin todo o que publicou, de feito só teño boas lembranzas do 'Buda dos Suburbios', o típico libro que emprestei e non volvín saber del. O 'Album Negro' e 'Intimidade' linos en portugués, e custoume rematalos.
Pero as mellores lembranzas teñoas do filme 'A miña fermosa lavandería' (dirixida por el, e un clásico segundo MVA) e da serie da BBC 'The Buddha of Suburbia', que me pareceron excelentes.
(Por certo, parece que levaron o 'Buda' ao teatro)

Without a song or a dance what are we? "Mama Cass - Make Your Own Kind Of Music"

Terça-feira, Maio 11

Unha man inocente escollendo unha saqueta de lixo?

O día no que aparece na comunicación social a nova de que case a metade das empresas incumpren a lei de protección de datos, recibo no meu buzón un curioso panfleto asinado por Sogama, a consellería de Medio Ambiente e unha empresa-amiga(súa). O panfleto ten a suposta intención de estimular a separación do lixo e así facilitar a súa reciclaxe, e propón que identifiquemos co noso nome, enderezo e número de teléfono as nosas saquetas de lixo-separado para entrar nun concurso. Cun colante na bolsa!
Como dí Lisa Simpson: 'Non iredes tragar ese mondongo?'. Semella pouco probable que, aínda que quixeramos entrar no ridículo e intrusivo concurso, os colantes cheguen ao seu destino no seu sitio.
Se esta campaña a paga o erario público (e supoño que si) debeu ser un deses espelidos responsables da administración galega quen lle deu o visto e prace; e eu pregunto: Serviu isto nalgún sitio para estimular o traballo gratis de seleccionar o lixo? (Si, traballo gratis, porque a quen máis vai beneficiar, vai ser sobre todo a unha empresa privada, e non ao medio ambiente). Que non nos vendan mondongos!.
E aquí non se apela ao civismo (será que pensan que non existe?). Apélase a 'la pela'.

Without a song or a dance what are we? "Bob Marley - I Shot the Sheriff"

Viva Rio. Goberno autónomo.

Acabo de coñecer esta ong inmensa que 'com o apoio da população, desenvolve campanhas de paz e projetos sociais em cinco áreas: direitos humanos e segurança pública, desenvolvimento comunitário, educação, esportes e meio ambiente'. Creo que vou tardar días en explorar o seu web, pero ten unha pinta boísima. O que xa me gustou de momento foi o proxecto Jardineiros do Bairro.

Without a song or a dance what are we? "Fernanda Abreu - Zona Norte/Zona Sul"

A conspiración tripartita entre o sexual, o escatolóxico e o cruel.

Cando decidín rechear un bló, pensei en evitar no posible traer ata aquí o malo que ten a vida. Xa chega co que hai por aí, como para lle outorgar sequera un pouquiño máis de repercusión.
("A sorrir Eu pretendo levar a vida Pois chorando Eu vi a mocidade perdida")
Pero sigo a ler artigos sobre o das torturas, no meu intento de ir comprendendo como pode ser o comportamento humano. Agora topo cun do venerable Ian Gibson, e outro apunte do para min sempre acertado Javier Ortiz. E para ilustrar este post, agradezo ao señor Martin que trouxera á memoria o Salò.

Segunda-feira, Maio 10

Spécialisés dans la sodomie? Non, especializados no horror.

Non me gusta a tendenciosidade da prensa 'seria' cando se lanza a publicar titulares coma ese. Seguen asociando sodomía e violencia, cando a única palabra apropiada para falar deses actos creo que é violación, sexa cal sexa o sexo de quen agrede ou de quen sofre a agresión; ou se mo permiten, por onde lla meten.
Sigo pensando que o contido sexual destas imaxes da barbarie explica a súa grande repercusión. Acaso a xente que sigue os media necesita isto para se indignar?. Si, xa sei, isto é peor porque esta xente estaba recluida baixo o atento coidado dos invasores. Pero xa coñeciamos a tortura na rúa. Acaso non había suficientes imaxes do horror xa circulando? Non é suficiente tortura bombardear á poboación civil, as feridas inciso-contusas, as amputacións, a miseria, a morte...e a dolor polos seres queridos que as sofren. Acaso iso é menos impactante?.
Supoño que eran imaxes menos vendibles. O sexo vende, incluso na guerra.

A xente non é parva.

Kando eu frecuentaba as aulas non había xente tan interesante (e tan agraciada) no estrado.

Without a song or a dance what are we? "Swing out Sister - Breakout"

Domingo, Maio 9

Daddy, daddy cool.

Xa hai que non lle sigo a pista a este señor empresario, pero en tempos eu era fan. Debín gravar varias series; teño unhas 18 cintas de video coas súas ensinanzas. Non as uso para me masturbar, pero sempre me pareceu que os programas de cociña tiñan algo de pornografía: as mans, a boca, esa atención ao detalle, esa exaltación do pracer, esas colores, esas texturas, eses vapores... É unha desas persoas ás que lle aprendín algún dos meus trucos de cociña. Cando os uso gústame recordar quen mos deixou en herdanza. Agradezo todas esas pequenas ensinanzas. E este personaxe tamén colaborou. Gracias. Os teus programas estaban moi ben, pero tes un web bastante feo. Aprende desta outra icona televisiva.
...ah, e tamén é apóstolo do auto-abastecemento como se pode ver nas fotos.

Without a song or a dance what are we? "Erasure - Solsbury Hill"

O home ideal.

Xa o dicía a miña admirada Grace na primavera de hai dous anos: "O futuro xa está aquí! E en tarifa plana... Todos eses millóns de persoas, boas, de grande corazón, con sentido do humor e cunha rica vida espiritual, é dicir, o que coñecemos como "a xente de puta madre", pero que, por desgracia, non consigue ligar nunca, uns por algún pequeno defecto físico, unha tara mental, un complexo infantíl non superado, unha inadaptación galopante, a alopecia, as lentes, a soidade das cidades, o campo e as súas bestas, o medo ao descoñecido... un que-sei-eu ou un eu-que-sei... Eses seres humanos que están exasperados porque non pillan con outras persoas, se é posible de aspecto razonablemente harmonioso, e que están ao borde do suicidio ou do matrimonio á desesperada, condeadas de por vida con soñar ser o "fascinante e cínico playboy da praia" da portería da canción das Vainicas e se resignar a bater puñetas fronte ás revistas ou a tele, todos vostedes (perdón, esa xente) acaba de atopar a súa estancia ideal... ideal, pero ideal, non sei se me explico... porque agora, vostede, que é un desgraciado e non pilla nin para atrás, pode seguir sendo efectivamente o mesmo desgraciado, pero se pode transformar, gracias á maxia da electrónica e de forma moderna e espectral, en toda unha visión/aparición de conquistador, a través dun chat."

Without a song or a dance what are we? "Kraftwerk - Computer Love"

Sábado, Maio 8

... e agora, a aprender de quen sabe.


Without a song or a dance what are we? "The Smiths - This Charming Man"

Vou pasear.

Just a perfect day,
Problems all left alone,
Weekenders on our own.
It's such fun.
Just a perfect day,
You made me forget myself.
I thought I was someone else,
Someone good.

Without a song or a dance what are we? "lou Reed - Perfect Day"

Sexta-feira, Maio 7

Selos(t)

Á miña querida Irlanda quédalle moi lonxe Chipre, tanto que as súas autoridades postais confúndeno con Creta. E son tan finas que marcan todas as fronteiras estatais, agás a que máis lles doe. Porque non as tiran todas xa postas?. Aquí tamén doen.

Without a song or a dance what are we? "Buzzocks - Ever Fallen In Love?"

Mentres a merda non toque as súas mans.

Leo dous artigos sobre as repugnantes prácticas dos exércitos invasores en Babilonia: un de John Pilger e outro de Richard Goldstein:
"Unha das razóns polas que esas fotos foron tal sensación é porque son estimulantes. Sobre todo a imaxe desa muller rindo sobre unha pirámide de homes espidos. Ela é a Femia Fálica, vendo aos tios desfilar en círculo, espidos e a se masturbar perante ela. Iso fai extasiar á multitude que debeza polas gatiñas-con-látigo. Cando se trata de pracer sádico, non hai nada como forzar a un home a simular unha mamada ou lle meter polo cu un obxecto enorme...
Pero iso é o guai da guerra. Poderlle dar renda solta aos extremos máis escuros da túa líbido. Asasinato, mutilación e violación son todos parte do grande subidón de adrenalina - e nada senta tan ben como esa emoción prohibida no nome de deus e o teu país.
A cousa máis perturbadora desas fotos de Abu Ghraib foi tamén a menos comentadas. Ese soldado de pé sobre os seus prisioneiros postrados, co dedo gordo da man cara a arriba, levaba luvas quirúrxicas. Tiña medo de se contaminar co sangue das súas víctimas, coas súas feces, co seu seme - ou simplemente coa súa humanidade? Nunca o saberemos. Pero é un sorprendente símbolo do que se están a converter os EUA: unha nación onde o sufrimento é tolerado - incluso disfrutable- mentres a merda non toque as nosas mans
."

Without a song or a dance what are we? "Eurythmics - Sex Crime (1984)"

Quinta-feira, Maio 6

High energy.

Están a botar na Documanía un documental sobre física que resulta do máis ameno e do máis educativo. Trata sobre a Teoría de Cordas, ese novo intento de explicar como funciona o universo na súa totalidade, desde as partículas sub-atómicas ata os buracos negros. Un interesante punto de encontro para a filosofía e a ciencia. O Marcos ha de saber máis disto.

Without a song or a dance what are we? "Kelis - Milkshake"

Murder, she wrote.


Existe o sensacionalismo de 'esquerdas'?. Esta semana o Mirror está de actualidade por destapar gráficamente o horror das torturas e asasinatos de cidadáns da Babilonia. O mesmo día no que perde a súa batalla legal contra Naomi, nos regala este Top 50 da miseria no mundo:
1. A esperanza media de vida dunha muller xaponesa é de 84 anos; a da súa colega na Botswana é de 39.
2. Os homes negros nos EUA teñen un tercio de posibilidades de ir á cadea. Para os homes brancos a posibilidade é dunha entre 17.
3. Un quinto da poboación mundial - 1.250 millóns - está malnutrida.
4. Case a metade da xente de 15 anos na Britania xa probou as drogas ilegais e case un cuarto fuma tabaco regularmente.
5. As crianças que viven na pobreza teñen 3 veces máis probabilidades de sufrir enfermidades mentais cas que viven en familias acomodadas.
6. 0 81% das execucións no mundo no 2002 ocorreron en 3 estados: China, Iran e os EUA.
7. Os supermercados na Britania saben máis da súa clientela ca o seu goberno. Do uso das tarxetas desconto tiran o teu nivel de ingresos e cales son os teus intereses.
8. Cada vaca na UE está subvencionada con €2 cada día - tres de cada catro persoas africanas viven con menos diso.
9. As relacións entre persoas do mesmo sexo son ilegais en máis de 70 estados. En 9 deles - incluindo Afganistán, Irán e Arabia Saudí - a pena é a morte.
10. Cada hora, os fogares da Britania producen tanto lixo como para encher o Royal Albert Hall.
11. Hai 27 millóns de persoas escravas no mundo.
12. Un tercio da poboación mundial está en guerra. No 2002, 30 estados estaban loitando en 37 conflictos armados - cun total de 2.290 millóns de persoas.
13. A Britania ten a segunda taxa máis alta de embarazos adolescentes no mundo desenvolvido, despois dos EUA. Hai 30.8 nacementos por cada 1.000 adolescentes. As nais adolescentes teñen o dobre de posibilidades de vivir na pobreza.
14. Unha de cada cinco persoas viven con menos de €0.70 ao día.
15. Hai 44 millóns crianças traballando na India, algunhas ata 16 horas ao día.
16. A xente no mundo desenvolvido come entre 6 e 7 quilos de aditivos na comida ao ano. Un sande de xamón pode conter ata 13 Es distintos.
17. O golfista Tiger Woods é o deportista mellor pagado do mundo, gañando máis de €60 millóns ao ano, incluíndo €45.000 por día por usar gorras Nike - as mesmas que fabrican por €3 ao día na Tailandia.
18. Cada semana unha media de 88 crianças son expulsadas das escolas EUAnas por levar unha pistola.
19. As minas persoais matan ou feren unha persoa cada hora.
20. Hai alomenos 300.000 persoas prisioneiras de consciencia, moitas delas retidas en condicións tremendas, ás veces torturadas, simplemente por expresar pacíficamente as súas convincións.
21. Os carros matan unha persoas cada minuto.
22. Os EUA débenlle á ONU $1.000 millóns. Aínda así gasta ese montante cada 23 horas no seu programa militar.
23. 26 millóns de persoas votaron nas eleccións xerais do 2001 na Britania. Máis de 32 millóns votaron na primeira tempada do Pop Idol.
24. Na Quenia, a 'mordida' pode chegar a supor un tercio do orzamento familiar medio.
25. O comercio mundial de drogas ilegais estímase que vale ao redor de €325.000 millóns - o mesmo ca industria farmaceútica.
26. Carretar un kiwi desde a Nova Celandia ata a Britania significa liberar á atmosfera cinco veces o seu peso en gases do efecto estúfa.
27. Crese que existe tortura en máis de 150 estados.
28. En Norteamericanos gastan €8.000 millóns en pornografía cada ano - a mesma cantidade que o seu goberno gasta en axuda ao exterior.
29. A xente que vive nas cidades da Britania son apañadas polas cámaras de vixiancia unha media de 300 veces por día. Co 10% dos 30 millóns de cámaras de vixiancia do mundo, a Britania é o estado máis vixiado do mundo.
30. No 2001, 13,2 millóns de persoas nos EUA e 2,5 millóns na Britania se fixeron circuxía estética.
31. O Brasil ten máis axentes de Avon que membros das forzas armadas. A beleza física é tan altamente apreciada que chamarlle a alguén presumida é un cumprimento. (Isto me parce moi ben. Son moito menos nocivas as axentes de Avon cos milicos)
32. 82% da xente que fuma vive no mundo en desenvolvemento.
33. As reservais mundiais de petroleo poderán esgotarse sobre o 2040.
34. Máis do 70% da poboación mundial nunca escoitou un teléfono. Na África só 1 de cada 40 persoas ten un teléfono.
35. Un cuarto dos conflictos armados dos recentes anos no mundo tiñan que ver coa loita polos recursos naturais.
36. Case 30 millóns de persoas na África son seropositivas. No 2050 a enfermidade pode levar acabado con máis de 280 millóns de vidas.
37. 10 línguas morren cada ano.
38. Morre máis xente de suicidio que nos conflictos armados. Nos pasados 45 anos, as taxas de suicidio subiron un 60% a escala global.
39. 7 millóns de mulleres e 1 millón de homes nos EUA subre dalgunha desorde alimentaria.
40. Hai 67.000 persoas empregadas na industria dos lobbies en Washington DC - 125 por cada membro do Congreso.
41. Desde o 1977, houbo 80.000 actos de violencia ou acoso contra as clínicas de aborto en Norte América
42. Hai 300.000 crianças soldado nos conflictos por todo o mundo.
43. Máis xente pode identificar os arcos dourados da McDonalds que a cruz cristiana. O mesmo acontece co logo da Shell, a Mercedes e os aros olímpicos.
44. Un tercio da xente obesa vive no mundo desenvolvido. A xente que loita contra isto culpa aos paises occidentais por proporcionar comida barata, procesada e con moita graxa ás nacións máis pobres.
45. No 2003 os EUA gastaron €400.000 millóns no seu exército. Isto supuxo 22 veces os gastos militares de 7 estados 'díscolos'- Cuba, Irán, Iraq, Libia, Corea do Norte, Sudán e Siria.
46. Asasinan a máis de 12.000 mulleres na Rusia en violencia doméstica cada ano.
47. O 61% da xente adolescente na Britania cre que os aliens chegaron á Terra, mentres que o 39% ten algún tipo de crenza no cristianismo.
48. 2 millóns de nenas e mulleres sufren mutilación xenital cada ano.
49. Na China, como resultado da preferencia dos nenos sobre as nenas e a política dun só neno por familia, hai 44 millóns menos de homes que de mulleres.
50. Ao redor de 120.000 mulleres e nenas son traficadas cada ano na Europa Occidental. A ONU estiman que o comercio vale sobre €6.000 millóns ao ano.

Without a song or a dance what are we? "Les Rita Mitsouko - C'est comme ça"

Quarta-feira, Maio 5

Entra en mi casa.

(Aviso legal: Que ninguén pense que a señora Dot non é unha muller do seu tempo, feminista e cun alto concepto da dignidade da autodeterminación persoal).
Para conxurar estes frios extemporaneos, xa era hora de traer un malote ata aquí. Malotes: descerebrados, egoístas, insoportables.... Mellor telos lonxe. Sobre todo pola súa alta voltaxe sexual, non si?.
"Anyone with a taste for adult entertainment come a little closer./I don't know what you are talking 'bout. /I'm talking 'bout sex. I am talking about sex/..................../Entra, /entra a mi casa papi,/y quita tus zapatos,/sientate./quieres algo de beber??/entonces ta'bien/quita tu camisa par mi /yo querer ver tu cuerpo/hmmm asi/oh!/tu quiere que yo quite mi camisa tambien?/hmm/si, pero tu necesitar besar mi tetitas/mira que duro está/y tu picho es tan duro/ay que grande/uh/yo puedo tocar tu huevito papi?/si?/................../Touch me right there/................../tocame alli/oh si/................../Slide your tongue baby, up and down my ass. /Make it nice and wet./You like to see those juices coming out on your face?/Make this Puerto-Rican feel sooooo good./................../ahora te tas representando como a mi me guta!/ay mira que caliente tu eres,/a mi me gusta eso/oh papi/toca mi culo/como pasa tu lengua/par mi culo/si/hey papi?/dame tu picho en mi culo tambien/duro/duro/hmm/................./let me get on top/hmm/you make me feel so good/Yeah, just f**k me/................./chicha conmigo papi/dame ese bicho duro/ay papi, eso duele mucho/no te para papi, no te para/dame mas/dame mas/ay que rico/asi eso que yo te guta/oh papi/dios aiudame/que rico/ay que rico/hey papi duro/mas duro/mas rapido/hey no,te vas a venir/no te vengas, no te vengas no/quitalo bicho/quitalo bicho/rapido/mira to's los jugos que ta saliendo/ta escurrando por tu cara/en tu mano/en todos laos/mira todos mis jugos/te guta??/quieres probarlos papi?/..................../oh!/let me stop/cause I don't want you to cum yet/hm hmm papi eso no/(hm hm papi. I said no.)/I want you to get buckwild with me./just pull my hair/slap my ass/..................../hmm/papi chulito /que rico/..................../Damn, I feel so good I wanna cry/...................."

Without a song or a dance what are we? "Armand Van Helden - Entra mi casa"

Pansy division.

Local flowers for local people.

Without a song or a dance what are we? "The Stranglers - Golden Brown"

Unha vella tradición.

Coa volta á terra semella que tamén volta o uso alternativo de sachos, legóns, fouciños, gadañas... Isto tamén forma parte do 'back to basics'?.
Por certo, estáballe retendo el o carné ou era ela quen llo quería reter? Esa información sería relevante e nembargantes non a dan. Hai moitas violencias. Moitas veces a violencia física é a resposta da parte máis débil (e/ou a máis burra) fronte ao poder que ten diante. Incluso ás veces na 'violencia de xénero'. De todas maneiras, que impere o estado de dereito e que se persiga a quen delinca. Violence is wrong!. Aínda que o merezan.

Without a song or a dance what are we? "Maria Bethânia - As Canções que Você Fez pra Mim"

Terça-feira, Maio 4

Jock Straps

Só de pensar nas cuecas de Michael sinto arrepíos. Non sabía que os marcianos usaran cuecas.

Without a song or a dance what are we? "Michael Jackson - Never can say goodbye"

Deprimida? Vai e frega a cociña!

Este é o título dun suxerente artigo hoxe no Guardian. Básicamente ven dicir que a mellor maneira para combater a depresión, a ansiedade e o estrés non son as drogas prescritas pola ciencia médica, senon andar ocupada para afastar os pensamentos persistentes e anguriosos. É dicir, voltar ao antigo valium: o traballo. Faime gracia, porque esa é a receita dalgúns dos meus vellos que cando pensan na depresión din: "Canto vicio!".
A chave semella ser non permitir que 'unha avaliación crítica ocupe constantemente a túa cabeza'. Para isto propoñen unha 'Práctica de Adaptación' que consiste en escoller unha rotina ao teu gusto e poñer nela a maior énfase posible para que absorva toda a túa atención (por exemplo, limpar a cociña ata a extenuación). E de aí ir saíndo pouco a pouco.
Vou aproveitar os meus baixóns para limpar a fondo a miña, que está que dá noxo (non tal! ;))

Without a song or a dance what are we? "Roberto Carlos - Debaixo dos caracóis dos seus cabelos"

Will you still love me tomorrow?

A falta dos coñecementos e dos medios técnicos necesarios para lle engadir unha radio a este blog, hoxe O Quilombo inagura unha nova sección en todos os seus post: unha música para acompañalos. Aínda que sexa virtualmente, como todo aquí.

Without a song or a dance what are we? "The Drifters - Up On The Roof "

Segunda-feira, Maio 3

Jovem Guarda.

"Você precisa tomar um sorvete na lanchonete
Andar com a gente, me ver de perto
Ouvir aquela canção do Roberto..."
(Baby, Caetano Veloso, 1968)

Falabarato?

Xornalismo envelenado
Para celebrar o vixésimo quinto aniversario da victoria da Dama de Ferro traío aquí a unha das súas fans máis curiosas: a muller mellor pagada da historia do xornalismo británico. Ten 44 anos e leva desde os 18 escribindo na prensa, e xa lle chamaron de todo, desde 'o Groucho Marx do feminismo' ata 'a peor nai da Britania'. Ela defínese como 'comunista', pero iso non lle impide ser admiradora da filla do tendeiro. Cun estilo moi franco e agresivo, a súa falta de consideración e o seu enxeño fan das súas columnas unha lectura obrigada á vez que horripilante. Despois de 3 matrimonios, 5 abortos, varias drogadiccións e flirteos co lesbianismo, agora vive harmónicamente en Brighton. As súas columnas no Guardian eran impagables, pero a principios de ano botarona/marchou para o Times, o que seguramente abonou a idea de que ela é unha desas neoconservadoras que se fan pasar por progresistas. Eu non sei, porque tampouco a coñezo tanto, pero si, gustaronme moitas das súas columnas. Pero é que a min me molan moito este tipo de tolas. (Se alguén coñece outras menos nocivas que me avise!)
O máis famoso dos seus ex adicoulle esta perla para a definir: "A xente que ten cuarenta e está gorda soña con ter 20 e estar delgada".

Sábado, Maio 1


de Maio.


This page is powered by Blogger. Isn't yours?