Sexta-feira, Abril 30
Productos culturais polo carallo arriba.
O 'desexo' do goberno ZP de rebaixar o ive na producción músical non é unha idea feliz: "El grueso de la industria del disco... está en manos de grandes consorcios multinacionales que trabajan con criterios semejantes a los manejados por los fabricantes de automóviles, de detergentes o de ordenadores...¿Qué tiene de cultural el modo en que reparten sus beneficios? El porcentaje que va a parar a los compositores y los intérpretes es ridículo...Lo suyo es un top manta elevado a la enésima potencia y con la policía a favor." Javier Ortiz, 30 abril 2004.
Se ás características globais desa industria lles engadimos as propias da súa versión spañola, o único que hai que facer e seguir a colaborar para que desapareza, como dí o home ese. Xa a sufrimos dabondo: ineptas, avariciosas, prepotentes, e creadoras duns subproductos que entrarían dentro da categoría de terrorismo cultural, pero do malo. Que lle suban as taxas!

My generation.
"E qué gusto poder exercer o dereito a non casar". Non, non, non.... casa comigo!, e bota os foguetes con quen queiras.

Seu (aínda non meu) Brasil brasileiro.
Teño que facer unha confesión: aínda nunca estiven lá físicamente. E recoñezo que pouco sei dun mundo tan inmenso. Ir coñecendoo é un reto, por outra parte moi agradable, para calquera galeg@ non mononeuronal.
Do que primeiro souben foi da súa música, e a partir de aí doutros aspectos da súa cultura (mass media, cociña, cinema, pornografía...). Só falei con dúas persoas dalá, as dúas vivindo na Europa: unha muller gaucha e un home carioca. Ela comentou que para unha persoa con sensibilidade social é moi difícil vivir no Brasil, con tanta miseria e tanta inxustiza. De el pouco sei, só que seguramente é un exilidado das favelas. Tamén teño un amigo que estivo vivindo en São Paulo e contoume as súas experiencias.
Dame a impresión de que polo xeral o Brasil é un grande descoñecido en Galiza (agás para quen ten familia alá), o que é unha grande inxustiza para nós (interesada supoño), porque a súa cultura é o rol positivo máis grande que temos, sen desprezar ao resto da lusofonía, e sería o mellor antídoto contra a nosa falta de dignidade lingüística.
Por outra parte é triste ler noticias coma esta.

Quinta-feira, Abril 29
Ragazzestupende!
A máis famosa presentadora de telexornais da Italia deixa a RAI. Non, non é que vaia casar cun príncipe, senón que acaba de demitir en protesta pola manipulación da canle por parte do goberno italiano. E vaise presentar pola Oliveira ás eleccións europeas.
No Quilombo sempre haberá espacio para ragazzas estupendas. Ben, alomenos algo máis estupendas ca outras. (Some girls are bigger than others...)

Ela e o seu ballet de leatheróns!
Falando de funk, non sería isto o que me converteu, back in 1978, sen eu me decatar:
"Sono nera, non mi piace questa gara questa sera
ma che fare? Io nel mare di sicuro non mi butto
spacco tutto, vendicare questo cuore o perdonare?
Perdonare, è più facile da dire che da fare
spacco tutto ma nel mare di sicuro non mi butto
e sono nera, questa sera sono nera per amore"
Expor as crianças de sete anos a isto ten as súas consecuencias.

Quarta-feira, Abril 28
Dios k a crew!
Continúo a descubrir a fabulosa Elza Soares e dou co primeiro rap feito en galego (regueifas fora): 'Deixa Isso Pra Lá'. Popularizado por Jair Rodrigues no lonxano 1965, no lonxano Brasil, está interpretado á moda funk. Baixade a versión cantada pola Elza, porque é unha marabilla:
'Deixa que digam/ que pensem/ que falem/ deixa isso pra lá/ vem pra cá/ o que é que tem/ eu não estou fazendo nada/ nem você também/faz nada ter um papo assim gostoso com alguem'

Bambú e vento.
Hoxe tiven o meu momento 'selva-lonxano-oriente', porque co vendaval que se levantou deitábanseme os bambús que teño na terraza, (en maceta claro). Fun rápido atalos mellor e case saio eu voando tamén. Que demo de forza pode ter o vento!. Imaxino que un mato de bambú na terra debe ser unha barreira efectivísima contra el, pero teño entendido que a esta 'erva' hai que poñerlle un tope para que non o invada todo.

Símbolos

Pequenas marabillas do deseño: claros, sinxelos e estéticos. Necesarios para informar das previsións en zonas de tempo variable. E aquí que pobreza de expresividade simbólica!, coa cantidade de palabras e frases que ten o galego para expresar as situacións atmosféricas. Outro día falo dos mapas.

Terça-feira, Abril 27
Clasificacións e Porcentaxes.
"...a porcentaxe da poboación que está fondamente entusiasmada con ter relacións co sexo oposto probablemente non é moito maior que o da poboación adicada exclusivamente a ter relacións co seu mesmo sexo, arredor dun 10% en cada caso. O 80% restate fai un pouco de todo ou nada; instálase nun aceptable, aínda que aburrido, rol social no que o marido soña con Barbara Bush mentras bate na muller murcha que xace alí, cos ollos pechados, soñando tamén con Barbara. Si, todo o asunto éche un lio, pero agora teño a conciencia tranquila. Acabo de facer algo menos frecuente do que a xente sospeita: afirmar o obvio" Gore Vidal en The Nation, 28 de outubro de 1991.

Sleeping beauty
Erotismo masculino na portada dos xornais. Gravarono durmindo 107 minutos e presentan o video hoxe na National Portrait Gallery. Non son fan, nin cliente, pero:"A imaxe é tan fermosa e sen complexos. A cara e os membros do Beckham están iluminados cunha luz cálida, como saíndo dun resplandor Caravaggionesco. As curvas da súa musculatura e a súa pel color mel expresan sensualidade. Este é un David tan físicamente perfecto coma o de Miguelanxo."

Segunda-feira, Abril 26
Back to basics.
O hippie que teño dentro levoume a mercar este libro por se algún día volve a fame, para que me colla prevenido. Eu pertenzo á segunda xeración despois da ruptura na cadea de transmisión dos coñecementos agropecuarios básicos. Aínda así, na miña infancia levantei patacas, axudei a vendimar, podar e armar as viñas, debullei o millo, asistín á matanza do porco, das galiñas, dos pichóns e dos coellos... pero agora que morreu a xente máis vella non sabería facer nada diso. Por iso merquei o libro, por saber.
O libro está agora editado en castelán pola Blume, editorial que publica en castelán e catalán moita da excelente producción da Dorling Kindersley. Aínda non o comecei ler, só o vin por riba, pero xa houbo algo que me chamou a atención...

Vive con quen queiras.
O autor, John Seymour, ten agora 90 anos e vive na Irlanda. É coñecido e respectado como 'pai da autosuficiencia'. Ten unha desas biografías cheas de historias, e sigue na primeira liña das campañas de protección do medio ambiente (incluso chegou a ser arrestado por destruir á súa idade parte dos cultivos modificados xenéticamente dunha multinacional)
Este foi o dato da súa biografía que máis me chamou a atención: vive coa súa ex e coa nova parella dela, e cos fillos deles dous. Últimamente non se para de falar de novas familias, que si lesbianas, que si gais, que se nais solteiras... e me parece moi ben, pero gustaríame que se falase tamén destes outros arranxos... será porque eu tamén os poño en práctica?

Domingo, Abril 25
Parabéns para quem se revolucionou.
Que podo eu dicir da República. Que é unha bendición que exista. Sen ela este país estaría máis perdido do que está. Que algún día teremos os nosos Acordos da Sexta Feira santa: e poderáse estudiar portugués nas escolas, atender aos seus media, existir nos seus media (e a República existir nos nosos). E nunca máis se sentir ninguén estranxeiro en calquera das beiras do Miño ou da Raia. Sen dúbida o natural está a ser e vai ser estar máis próximas.

Sexta-feira, Abril 23
Hit the north!
Xusto hoxe aparece unha oportunidade para lles topar sitio definitivo ás miñas plantiñas. Se sei dar os pasos axeitados. Marcharedes para o estranxeiro, miñas filliñas. Moitas de vós que saíchedes das máns das miñas devanceiras (e da enxeñería xenética rápida tamén). Quérovos ver crecer!

Left to my own devices...

Onte deume unha arroutada e cambiei de sitio a metade das miñas plantas. É o único bo que ten telas en macetas. Que as podes mover. Debe haber un cento de macetas de todos os tamaños no meu patio. É un patio moi exposto, ao sol e ao vento. Algunhas plantas sufren, pero en xeral consigo mantelas en bo estado. Facíalles falta un cambio en espera das calores do verao.

Inglaterra, Brasil, Catalunha, Portugal, Saiáns....
E eu estou feliz porque eu também
Sou da sua companhia
Eu estou vestida com as roupas
E as armas de jorge
E eu estou feliz porque eu também
Sou da sua companhia
Eu estou vestida com as roupas
E as armas de jorge
Quinta-feira, Abril 22
Muro sonoro.
So won't you, please, BE MY BE MY BABY/be my little. baby MY ONE AND ONLY BABY/Say you'll be my darlin', BE MY BE MY BABY/be my baby now. MY ONE AND ONLY BABY/Wha-oh-oh-oh.

Collóns.
Estou aburrida da identificación desta parte da anatomía masculina nos mamíferos coa valentía. Tan falsa como asociala coa estupidez? (It's your brain, stupid, not your cojones). Xúntanseme dúas referencias aos tomates nesta mañá: a nova dunha condea por 'vexame inxusta de caracter leve' a unha alumna por parte dun profesor da USC; e a constatación de que os líderes do imperio andan ás voltas coa palabra 'cojones' nas súas conversas. Deixando aparte se o caso na USC merece ser considerado acoso sexual ou non, chámame a atención que a xuiza 'destaque' (supoño que para evidenciar que a denuncia obedecía á verdade), que a víctima denunciou "sin que con este comportamiento pueda conseguir ningún tipo de ventaja académica". Descubriu a pólvora:"No chica, ya sabemos que hay que hacer para conseguir esa ventaja: Mamarla" (todo o metafóricamente que vostedes queiran).
Eu engadiría á condea "apretrárselos tantas veces como años (i.e. alumn@s) tengan". E aos que ensinan mal tamén. Para as que ensinan mal xa se nos ocurrirá algo.

Quarta-feira, Abril 21
Bonecas máis putas ca Barbie.
Seguindo coa loita de Alyona, a nova desta maña é a recente caida das vendas da Barbie en todo o mundo. Pero non, non creo que sexa porque o americanwayoflife estea en crise, senon que é o signo do éxito das bonecas putas, con perdón para as putas. Lean á Grace Morales no último MB. Aquí vai unha breve introducción:
"Se alguén aínda pensa que a Barbie é o máximo símbolo da decadencia de occidente, iso é porque non coñece as últimas novidades en bonecas para tweens. Non sei vostedes, quizais máis acostumad@s a consumir estes e outros productos igual de idiotas, pero eu 'estoy que lo flipo'. Despois de anos de odio á Barbie, a cousa esta feita para cursis e gaycoleccionistas, porque ademáis de ter moi revolto o karma, é un obxecto cargado de malísimas intencións e insufrible color rosa, a puta boneca do imperio, non contentos con iso, agora van e sacan a boneca puta, a última sensación para seres pre-menstruais avivados con soños de lume sexual, móbiles e diñeiro..."

Verão no meu Rio.
Aquí non para de chover, así que me dispuxen a buscar a letra desta canción e resulta que non a atopo. Facendo uso do meu português ruim, collo e sacoa eu. Aí vai:
"Vem, vem amar vem viver/ver o sol, ver o mar/ver a vida a sorrir, cantar/ vem, é verão no meu Rio/ e todos vão amar, amar/vem, tudo é luz tudo é paz/ tudo é corpo e (seduz)/alegría o verão nos dá/vem, vem comigo sonhar/meu (sogro), eu quero amar
É tão gostoso o sol que beija os labios meus/é tão suave e tão quente igual aos beijos teus/então vamos/sol abre o meu coração/deixa a (mulher) entrar/e se alguem lhe preguntar/diz que é verão no meu Rio/e quando o sol desponta todos querem amar/e o sol que é muito bom/o amor renasceu em nossos corações"
Como dí o Cesare: "Prégase confirmación ou rexeite".

Terça-feira, Abril 20
Tamén eu: 'It's really me!'
Outro descubrimento feliz. Desde logo eu non son a mellor observadora da semana sen tv. Tamén é que hai que distinguir: No supermercado dos subproductos culturais do imperio hai diversas calidades, e prezos. Xa sabedes cal é a miña marca branca.

Estampas no arrabalde.
É difícil que a cámara capte a impresión que produce ver as polas dos lamagueiros se mexer co vento.

Segunda-feira, Abril 19
...el futuro ya está aquí.
"Raves – festas de música eletrônica – para deficientes auditivos são cada vez mais populares na Grã-Bretanha." Moito se ten falado do perigo da nosa perda de audición por mor dos niveis de ruido ambiental que triplican o nivel máximo recomendado pola OMS, as discos, os cascos,... eu aínda non me fixen máis proba auditiva que a do psicotécnico para a licencia de conducción, pero algo tiven que perder nestes anos. V*go: Deaf City, GZ. Para cando o chan a tremer no Vademecwm? (Que ben o levo pasado alí, non me importaría se en troca me deixara un pouquiño, só un pouquiño, xorda).

Domingo, Abril 18
The tracks of my tears.
So take a good look at my face
You'll see my smile looks out of place
If you look closer it's easy to trace
The tracks of my tears
So take a good look at my face
You'll see my smile looks out of place
If you look closer it's easy to trace
The tracks of my tears
Cava máis fundo, Charlie!
Hoxe é o día nacional da xente morta no UK. Aparece publicada unha reportaxe sobre a posibilidade de te enterrar nas túas propias leiras (ou leiróns). "É un asunto sinxelo: no caso de posuir terra, non existen leis que che impidan te enterrar nelas, pero tes que encher unha autorización, xa que o cadáver pode supor un risco para a xente aínda viva. O 'xardín' non debe estar a menos de 10 metros de auga estancada ou a menos de 50 metros dunha fonte, e débese cavar o suficientemente fundo para evitar que as raposas e os raposos poidan desenterralo."
"Se o xardín non é suficientemente grande para que colla a caixa, ou temes que te enterrar alí poida perxudicar as posibilidades de vender logo a propiedade, tes a posibilidade de o facer nos terreos da igrexa local ou do cemiterio municipal".
Continúa a reportaxe dicindo que moita xente ecoloxista elixe ser enterrada ou queimada nas fragas, etc...
Encántame este humor negro. Aparte de que é preciosa a idea. E non sabedes quen elexiu se enterrar así nunha caixa de cartón.

Sábado, Abril 17
Sexta-feira, Abril 16
Should I stay or should I go?
O mesmo xornal que pon á disposición da xente que o le un servizo de información sobre voos baratos, publicou onte un interesante artigo de opinión poñendoos a parir. (Aos voos baratos, quero dicir)
Diante da posibilidade de que esas compañías comecen a operar perto de nós (?), e de que poidamos viaxar ao resto de Europa por moi poucos cartos, a pregunta (para quen teña moral) é: "É moral usar eses servizos?". Por aí adiante (no Norte rico) a xente usa o avión coma quen colle o ascensor. "O que antes era un luxo para a xente rica, ou algo que se facía unha vez na vida converteuse nun dereito para as masas". Os aeroportos cada vez son maiores e empregan a cada vez máis xente, os xornais están cheos de anuncios das compañías, e a xente merca segundas residencias en sitios lonxanos, ou vai de fin de semana a Nova Iorque sabendo que a viaxe non lle vai custar moito. Por suposto ningún político se vai meter con esta dinámica. A pesar de que "como no caso do carro o que queremos para nós mesmos - cando o multiplicamos por 50 millóns - é malo para o país". "A Comisión británica para o Desenvolvemento Sustentabel pensa que o crecemento no tránsito aereo eliminará os logros na diminución das emisións dos gases do efecto estufa" .
Estou dacordo con que hai que "cargar o verdadeiro custe ambiental das viaxes en avión baratas" (en non só da viaxes en avión) "sendo consciente de que iso reduce a felicidade dos millóns de persoas que se benefician delas. Coma no caso da Congestion Charge, debemos aceptar que isto golpeará a mobilidade dalgunha xente pobre, roubandolles unha liberdade recén adquirida. Pero temos que recordar que o boom nas viaxes en avión é debido ás camadas medias voando máis frecuentemente".
"... limitar a liberdade individual en beneficio da comunidade é algo que xa se fai: desde os impostos, aos límites de velocidade, as leis das drogas, os ficheiros policiais...."
O meu dilema moral é o mesmo que salvando as distancias, podería ter a India: debería dar a benvida aos voos baratos para poder disfurtar do "amelloramento social dos humildes" (e mandar ao carallo o quecemento global e a desfeita que fan esas infraestructuras) ou debería ser consecuente coas miñas ideas e deixar que só o resto da xente europea rica se adique a ir de aquí para alá en avión sen parar?.
Estará a virtude no termo medio? Existe termo medio?
Ecologically yours,
Dot.

Quinta-feira, Abril 15
Gurú
Ela está casada cunha muller. Teñen dúas fillas. É o deseñador de interiores máis famoso da Pérfida Albión. É toda unha experiencia aprender del. Grande comunicador, xa traballou nunha chea de programas de deseño da BBC. O último que puiden ver chámase 'Desing Rules' ('O deseño manda/Regras do deseño').
Aquí van algunhas das súas sentencias:
"Desde programas coma Changing Rooms creamos finalmente unha democracia do deseño. As deseñadoras británicas levaban obsesionadas co concepto 'Deseño para a xente' desde hai 250 anos e agora xa o temos". "Esquece o extremo superior do mercado de interiores, onde non hai límite de tempo nin de diñeiro. É o que ti e mais eu facemos coas cousas que topamos nas tendas o que é realmente excitante". "Un cuarto realmente excitante reflicte exactamente a personalidade de quen o ocupa"...

Quarta-feira, Abril 14
Tempus fugit.
Teño ganas de ver que di. 15 anos subscrita ao NME e cando decido que xa vou vella para ler magazines para adolescentes, van e poñen a unha da miña época. Deixádeme un exemplar no quiosco, ou me incomodo!

"Si usted mantuviera un blog y fuera subnormal (es casi una redundancia)"
Sempre hai alguén para nos iluminar.
Sempre hai alguén para nos iluminar.
Este non é o tirano máis tolo do mundo.
Hoxe o Independent publica unha crónica que ven a completar o excelente perfíl que xa lle fixera o Galactus a Saparmurat Niyazov, 'Pai da xente turcomena' (dentro de 'Los sátrapas que nos hicieron soñar', Mondobrutto nº 29). É triste rir da xente que o pasa mal, pero, ai!, que seríamos sen o sentido do humor?. O artigo do Mondobrutto dicía así:
"Un 'Caudillo' para o século XXI. Para quen crea que estes estrafalairos personaxes son cousa do pasado, que mellor que glosar ao grande "Turkmenbashi", como el mesmo se fai chamar. Importante, en moitos aspectos, soubo combinar moi sabiamente a tradición despótica milenaria co control das novas tecnoloxías e as autoestradas da información. Saparmurat regalou ao seu pobo unha canle temática de televisión, adicada integramente á súa persoa e aos seus triunfos vintecatro horas, sete días á semana, iso si, din que con maior calidade e credibilidade que La Primera ou A3. Non contento con iso, o seu Ministerio de Telecomunicacións, tan parecido ao seu homólogo español, controla todos os correos electrónicos e as chamadas telefónicas dos seus súbditos, polo seu ben. Non contento con ter a súa propia tevé, obriga a todos os xornais e ás outras canles satélites a sacar a súa imaxe diariamente, e a dar só novas sobre as súas realidades. O logro máis importante foi esa sabia combinación de modernidade e tradición, con achádegos verdadeiramente revolucionarios que ten como representación quizais máis anecdótica para o grande público a creación dun calendario personalizado, no máis puro estilo napoleónico, pero con toques medio surrealistas. Por exemplo, Xaneiro xa non é xaneiro, senon Turkmenbachi, coma el, e Maio ven sendo Makhtun Kuli, en honra dun caudillo mítico dos turcomanos. Agosto é Alp-Arsian, por un famoso guerreiro. Os días da semana sufriron tamén algúns estraños cambios: a segunda, Día Principal; a terza, Día da Mocidade; a cuarta, o Día Favorable; a quinta, Día Bendito... Menos mal que as idades do home volven ás súas orixes míticas: A idade do Profeta, a da Inspiración, a do Ancián Branco-Barbudo, a Vella Idade, e por último, a idade bíblica de Oguz Khan, a partir dos 97 ata os 109 anos. O réxime de Saparmurat non fica só nestas anécdotas, que non pasarían de simpáticas excentricidades. Como bo descendente de guerreiros otomanos, goberna con luva de ferro aos seus cinco millóns de pastores farrapentos con kalashnikov, emitindo incluso execucións televisadas, mentras soa música folclórica, para levantar un pouco a moral da poboación. A opción política na que se enmarca a triste realidade turcomana é a xa tradicional stalinista, e máis concretamente a do partido único, o Partido Democrático de Turcomenistán (antigamente, Partido Comunista de T.), con resultados electorales do 99,5% dos votos, que tanto recorda, en canto ás cifras e a esa unanimidade á bulgara, a ese "SI" masivo dos españois á 'Ley de Sucesión a la Jefatura del Estado'. Se temos que ser xustos, nós obtivemos uns índices de voto incluso máis positivos, posto que se chegou a acadar o 102%, e incluso máis. Dous records absolutos en democracias como as nosas.
No 1994, declárase presidente vitalicio e transforma o Parlamento nun "consello de anciáns" comparsa, que se limitan a refrendar entusiasta as decisións do seu líder, ao mellor dando zapatazos sobre a mesa. Un líder, que como non podía ser menos, está moi pagado da súa imaxe, posiblemente é dos máis presumidos, en franca disputa con Aznar e Saddam. Saparmurat, aos seus sesenta e dous anos, continúa sendo un tirano moi bo mozo, na liña clásica do dictador euroasiático na senectude, pero co cabelo tinxido en reflexos caoba e un traxe de dez mil dólares. Con esta estampa, é normal que o tirano encargara empapelar o país coa súa esfinxe operada sonrinte, ou que ordeara erixir unha torre de quince metros coroada cunha estatua súa, bañada en ouro, onde o líder aparece nun cariñoso aceno de abrazo paternalista ao seu pobo, polo que non se descarta a posibilidade que nela haxa un balcon segredo no cumio, desde onde Saparmurat lles poida falar ás masas, cando ten unha revelación deses antigos deuses ancestrais do partido comunista que piden outro sacrificio quinquenal. Vostedes preguntaranse que pinta un suxeito semellante nun sitio coma este, aínda que sexa nun país medieval do Terceiro Mundo, do que contan que é un pouco máis grande que España e con cinco millóns de habitantes, agochados nas montañas coma fuxidos ou ben coma súbtidos tan leais como os de Latveria. Lembremos de paso o decidido apoio do Turkmenbachi ao réxime talibán. A razón non é outra que o gas que posue este territorio, e o ben que vai vir que pase por aquí o futuro gaseoducto. A este pobre home, teñeno de garda, ata que comecen as obras... di un chiste moi popular no país. Ainda que todo isto poida parecer chusco, tampouco sería estraño, que nun futuro non moi lonxano, este home comezara a supoñer unha ameaza para o mundo, e para España."
Agora o Independent engade que o tío prohibiu as barbas e os cabelos longos nos homes, escoitar a radio no coche, instaurou coma festa nacional o 'día do melón', e acaba de lles recomendar aos seus súbditos que tiren os dentes de ouro e os substitúan por dentes brancos. O ballet está prohibido por innecesario, mandou mudar o nome das rúas por números, e obriga a camiñar aos seus ministros a 'marcha da saúde' de 36km...

Terça-feira, Abril 13
Façamos, vamos amar.
"Piranhas, só por fazer fazem,
Namorados, por prazer fazem,
Façamos, vamos amar."
"Piranhas, só por fazer fazem,
Namorados, por prazer fazem,
Façamos, vamos amar."
Isto non é un anuncio.

Vai ser o meu pan de cada día. E sempre é mellor que nos invada xente que sabe.

Segunda-feira, Abril 12
Neoloxismos.
Hai un ano un senador ultra norteamericano deu unha entrevista onde meteu no mesmo saco os actos homosexuais, o incesto, a poligamia, o bestialismo, a violación, o adulterio... todo o que aquí algúns coñecen como 'amor libre'.
Entón foi o Dan Savage e lanzou unha campaña para baptizar algún raro aspecto sexual co nome do senador, de tal maneira que morrese coa vergonza sabendo que o seu apelido familiar serve para denominar algo diso que tanto aborrece. Presentou varias suxerencias ás súas lectoras, que acabaron por chamar isto co nome do senador: "a escumosa mestura de lubrificante e materia fecal que ás veces é un subproducto do sexo anal". Algo que ata entón non tiña nome en inglés, e non creo que o teña por agora en galego.
Algunha idea?

Agony Aunt.
Hoxe quixen saber de onde viña a expresión inglesa 'Agony Aunt'. Así chaman á persoa que ofrece consellos de índole sentimental e sexual desde as páxinas dun xornal ou dunha revista. Busquei na Wikipedia e din que o de 'aunt' proven da imaxe dunha muller vella ('a tía') falando palabras sabias para suavizar esas coitas, coitas que supoño que serán as 'agony'.
Todo isto porque me chamou a atención que no Guardian teñan agora coma 'Tía das Agonías' a unha parlamentaria conservadora e católica. Supoño que para se rir das súas bizarradas.
E mirade que boa é a Wikipedia que ademáis ten links a temas relacionados. E foi así como coñecín estoutra 'Tía': Dan Savage. Escritor e columnista norteamericano, especializado en dar consellos sobre sexo. Coñecido polas súas opinións contrarias aos valores da moral tradicional. Cun ton humorístico, profano e en ocasións hostíl cos seus oponentes conservadores, como no affair 'Santorum'.

Domingo, Abril 11
Mugs

E para rematar a excursión, visita fugaz á cidade do Porto. Paseo pola Baixa. Parada (semella que obrigatoria) na FNAC. Tamén nunha franquía das que parasitan os lugares dos antigos cafés históricos. Percorrido motorizado pola Foz do Douro canda o solpor. E xa de volta, a recaída: sabemos que a xeración "odio los centros comerciales" non deixa só por iso de acudir a estas catedrais-cavernas. Sobre todo ás que teñen unha tenda Habitat, ideal para tres pijas coma nós (que só gastamos €10.30, non vaiades crer!). Así nos puxemos ao día sobre as últimas tendencias do deseño democratizante (para as camadas medias. Ás que seica debemos pertencer. Auténticas mugs)

Nin boas nin virtuosas
A Casa de Mateus, "exemplo do brilho da arquitectura barroca em Portugal", estaba fermosa rodeada polos seus xardíns en plena efervescencia. Eu, como son moi fina, cando cheguei á bilheteira e vin o que custaba a entrada, exclamei "Carallo, que caro!" díante de dous cidadáns da república, que por suposto comprenderon con toda claridade o que eu quería expresar. Foi entón cando me tapei a boca. Demasiado tarde.
Si, amigas, €6.30 por persoa, para pasear polos xardíns e asistir a unha visita guiada de media hora dentro do pazo (en portugués ou en inglés). A parte da casa que deixan visitar (outra parte está habitada), está chea de caras quincalladas doutra época, supoño que moitas con valor artístico e histórico, pero a min o que me chamou máis foi o lado kitsch, claro. A guía contábanos que si esto esta feito con pau do Brasil, que se isto é porcelana do Catão, que se isto é ouro, isto é prata, isto é cuncha de tartaruga,.... pero dentro do discurso das guías nunca entra mencionar da pel de quen sacaron tantas riquezas. Para que lle amargar a tarde a ninguén!.
O mellor sen dúbida, a colección de reliquias de santos (osos, dentes, cabelos... e ata un par de ollos!, de santas e mártires), e a nota de color que puxemos nós as tres cando unha das guías lle preguntou á outra 'que santa é esta que leva 'as partes da mulher'(sic) nunha bandexa?' ao que nós contestamos ao unísono: Santa Águeda. Nin que foramos expertas!

Finura polo chan.
Onte planexamos facer unha excursión de carro. Queriamos coñecer a Casa de Mateus en Vila Real. Vila Real non está lonxe daquí, o malo é que de Guimarães para alá non hai autoestrada e demoras moito. Non demos chegado dentro do horario de visitas matinal, así que decidimos facer unha parada na fermosa vila de Amarante. Aparte de poder visitala de novo, tivemos a mala e a boa sorte de que era día de feira. Mala sorte porque para entrar na vila e para aparcar botamos case unha hora. Boa sorte porque os Js repararon que nun posto vendian a mesma vaixela de porcelana de feldespato que nos mola, a metade de prezo do que en Ikea. Sabiamos que a facían nunha fábrica de Alcobaça, e incluso chegaramos a pensar en nos achegar ata alí para a mercar máis barata, pero Alcobaça fica moi lonxe. O que non se nos ocurriu foi que a venderan nas feiras. Claro que se trataba de exemplares non asinados polo fabricante, posiblemente restos desbotados ou que non pasaran o control de calidade (ou calquera outra razón pola que a fábrica non quera ou non poida asinalos). O caso é que alí estaba parte da vaixela, cos mesmos pequenos defectos que lle podes atopar á que venden no monstro sueco (onde vos recomendo que revisedes ben o que vos levades, para non vos decepcionar ao chegar á casa). Merquei 6 pratos planos e unha ensaladeira por €11.30. Agora sei que teño que ir a Valença na cuarta feira ou a Vila Nova de Cerveira nun sábado para completar esta parte importante do meu enxoival.

Sexta-feira, Abril 9
Quinta-feira, Abril 8
Terça-feira, Abril 6
Lama
"Se meu passado foi lama, hoje quem me difama viveu na lama também..." (Paulo Marques e Aguile Chaves)
Mais um fantástico programa de entretenemento e educación dos que a min me gustan. Este xa o miraba cando recibía directamente o sinal da BBC. Esta noite estrearon unha nova tempada na P&A (Deus!, xa parezo os seus PR, pero non o son. En realidade é unha canle horrible, cunha autopromoción feita por e para seres subnormais, repetida ata o vómito, e cunha programación absurda, pero é o único sitio onde podo ver estes productos). A BBC ten, e tivo, unha chea de programas de xardineiría, o máis veterano de todos, Gardeners' World, que incluso ten a súa propia e excelente revista. Ground Force é un deles, onde destaca por méritos propios a presentadora Charlie Dimmock, todo un personaxe, comezando por traballar duro diante das cámaras, levando o carretillo, sachando a terra, etc... en camiseta e sen suxeitador!. Iso sí que é women's liberation: non ter medo ao traballo físico, como non o tiñan certas mulleres que aínda chegamos a coñecer. "Quem foste tu, quem és tu?".

Where were you when...?
A típica pregunta que se fai a xente recordando algunha efeméride histórica da que foi coetánea. Eu non recordo os poucos magnicidios que aconteceron nos últimos vinte anos, nin onde estaba cando caeu o muro, nin qué facía cando caeron as torres... pero si cando escoitei as novas destas dúas mortes: chámame petarda, pero aínda recordo vivamente cando souben da morte de Kurt Cobain (escoitando a radio nunha tenda en Dublín), e da de Lady Di (por boca da miña irmá en Compostela). Non é que me importaran moito esas dúas persoas, nin era fan de Nirvana, nin moito menos de Diana de Gales, pero as dúas foron un recordatorio de que incluso os ricos e famosos poden morrer prematuramente. A do Cobain foi unha morte anunciada polos seus intentos de suicidio anteriores, e foi tamén todo un signo dos tempos (para moit@s). A da princesa, converteuse nun espectáculo mediático, como case toda a súa vida.
Volvemos ao mesmo: Carallo, e @s máis peores non morren, hostia!

Será que a paz tá fraca?
"De todas las visiones repulsivas de la realidad que hemos padecido en las últimas horas, la más anonadante –y probablemente la más trascendental, por desgracia– es ésa de las tropas españolas disparando en Irak contra la población civil...Algunos comentaristas se plantean hoy si los soldados españoles hubieran podido no disparar, en una situación como la que se encontraron. El dilema está mal planteado. Ellos no «se encontraron» en ninguna situación: fueron puestos. No se trató de una circunstancia casual. Si no estuvieran en Irak, no se habrían visto metidos en esa ratonera." Javier Ortiz, 5 de abril de 2004.
Repugna saber que nós pagamos ese exército dirixido por eses políticos.

Segunda-feira, Abril 5
That's the way, uh-huh uh-huh, I like it!
Moito disfrutei o outro día con estas mulleres. E iso que a min sempre me deu unha tremenda vergonza allea todo iso das bromas con cámara oculta, pero estas son tan xeniais, tan surrealistas e á vez tan reais! Facede por velas. Bótanas na P&A. Non quería adiantar nada, pero non podo evitar comentar parte das chanzas que fan: unha puta pregoando a mensaxe de Xesús Cristo nunha esquina, unha rapaza buscando consello para perder a virxinidade na información dun xopin, outra rapeando na tenda dunha vella... E, efectivamente, ningunha delas é loira.

Fcuk!
Onte vin o famoso documental sobre o emporio inditex. Dentro do sorprendente do seu éxito, sorpendeume tamén algunha outra cousa: a abundancia de mulleres e gais no entramado, ata onde chega a súa capacidade de globalización (as imaxes gravadas en Dubai son moi simpáticas), e sobre todo, sobre todo, ese castelán e ese inglés con acento coruñés que gastan @s yuppies que traballan en Arteixo. Supoño que vivirán e se moveran pola Corunha. Ten que dar xenio velos. En canto a senhor Ortega, o home-máis-rico-do-estado:"y, ¿quién es él?, ¿a qué dedica el tiempo libre?".
Máis pertinente me parece a pregunta de canto de esforzo galego hai no seu éxito, e canto se reverteu no país?. Alguén sabe?

Domingo, Abril 4
Yonqui pur.
A sexta feira á noite saín con sensacións encontradas da actuación de Albert Pla. O espectáculo estivo ben, pero o tema (desamor-droga-enfermidade-morte) non era moi bonito. A verdade é que non me interesa moito o malditismo, aínda que sexa gai. Prefiro outros enfoques da vida. De todas maneiras celebro que haxa bardos para todo.

Sábado, Abril 3
"El que con niños se acuesta, meado se levanta"
Aínda non comezou a SS, pero xa rematou a miña semana de paixón. Aquilo que eu (mal)interpretei como o comezo dunha linda ilusão, acabou por se converter nun tremendo pain in the ass (non literalmente, non teñan tanta malicia!). Gústame o entusiasmo e o ben feitiña que está algunha xente nova, pero non aturo altas doses de inmadureza, que semellan tan comúns. O meu complexo de Pig-malión ten os seus limites. Ai, xente nova e leña verde!
PS Moit@s diredes, carallo como cambiou o conto!. É certo.

Sexta-feira, Abril 2
Aínda non morreu o pop?
("Lola, la que siempre va sola por barcelona buscando follón")
Un breve contacto cos media musicais, e varias sorpresas agradables: estes Pastora, finalmente coñecerlles algo ás tan publicitadas Scissor Sisters e disfrutar do video anti-belicista do 'Surfing on a rocket' dos Air.

Quinta-feira, Abril 1
O mellor sitio que coñezo para un día de sardiñada!
A cidade é un desatino. Insufrible. Foi, e esta a ser, máis bombardeada pola avaricia e a ignorancia do que moitas outras cidades no continente o foron polas bombas.("Come, Come, Come - nuclear bomb"). Mais hai algo insuperable. O que lle chaman 'o seu marco natural'. Aínda que con un pouco de tempo e maquinaria pesada todo se andará. Mentres iso non aconteza e non coñezamos o noso destino definitivo en lugares onde son máis guapos, disfrutemos do que hai. Mirar as Cies desde a mesa, debaixo dun carballo. Beleza!

Fogareiro.
Tes razón Pépi, "Barbecue, yeeees!". Non vai ser nun xardín, que servidora vive na favela-vertical e non ten xardín, mais ten terraza, desde onde dá aulas prácticas que resultan do máis desconcertantes para quen se molesta en mirar. Logo comentan, que ben o sei eu!. (De paso aprenden).

Esperando que chegue o bo tempo de verdade.
Son a orgullosa propietaria desta picnic table. Aínda a teño que tratar para que resista este clima. Espero poder disfrutar dos seus servicios xunto coa miña xente moi pronto. Estades tod@s invitad@s.

April Skies.

Malía miña alma ser negra, estes foron os meus favoritos roc-poqueiros de sempre. (Xa vin eu tamén a 'Perdida na Traducción').