Quarta-feira, Março 31

Too many fish in the sea?

("Díme o que é debido ou te devoro!")
A señora Dot anda contenta porque onte tivo ocasión de facer obxecto das súas atencións a un lindo rapaz. A vida do piranhão non é fácil. Por iso cando se albisca a posibilidade de ter un arranxo máis ou menos duradeiro, é momento de celebrar. Así e todo, a situación non semella perfecta, mais, ten que selo?. Nun episodio do Sex and the City a pija da Carrie preguntábase se debemos desbotar á primeira de cambio a posibilidade de ter unha relación amorosa por lle ver á persoa en cuestión algo que non nos gusta. É unha pauta moi frecuente, sempre debezando polo principe azul, ao que imaxinamos nalgún sitio lá fora. E claro, ademáis partimos da suposición de que hai moito peixe no mar. Haino?.

Mañá na Corunha e na sexta en Pontevedra!

"Duro e extraordinario". "Brutal".

Terça-feira, Março 30

Flamboyant

You live in a world of excess
where more is more
and less is much less
A day without fame
is a waste
and a question of need
is a question of taste

Segunda-feira, Março 29

Louka!

Andiven investigando un pouco no mundo da revista para a nosa parte da mocidade, antes de saber se poderei aceptar o reto de escribir en 'Rapazza'. Topeime con isto. A multinacional alemá que a edita di que é "unha revista urbana que responde ás necesidades dunha nova xeración, máis liberal, máis transgresora e coas ideas moi claras." Será. O destaque do último número non deixa lugar a dúbidas "Creamos un engendro feo como un culo con lo peor de los más guapos". Case serviría como lema para o próximo congreso dos conservadores.
O mellor de Loka é que di estar dirixida a toda unha xeración, nada menos, non a chicas ou a chicos, como fan outras. En realidade supoño que a lerán nenas hetero de 8 anos con furor uterino (como dí a muller grande Grace Morales) e os seus amigos gais cun furor semellante. Vaise mellorando no enfoque, agora só falta que a editen en galego-portugués, non si?
PS Señor Cesare podería vostede engadirlle un U a este logo?

Domingo, Março 28

Pan o que?

Chega a miña vez de presentar outra vaca no blomillo. Trátase do meu amigo turkoglu que baptizou o seu blo como pangalego. A moitos gustaríanos que ademáis fose pansexual, pero non se pode ter todo no mundo. Abonda coa súa agradable e intelixente compañía (e coa dos seus).

... Everything's Gone Green

Won’t you show me’ please show me the way
(New Order)

Un dos lugares máis belos da Gallaecia.

"O monte da Penha situa-se a cerca de 7Km do centro de Guimarães e a 607m. de altitude, de onde se pode desfrutar de uma vasta panorâmica. Este monte terá sido habitado desde tempos remotos, como comprovam os objectos aí encontrados e recolhidos pelo Museu da Sociedade Martins Sarmento."
Pasear polo labirinto de fendas entre enormes bloques de granito tapizados de musgo pode ser unha experiencia case mística. Ademáis o espacio circundante está ben coidado, non como acontecería se estivese na Gallaecia norte.


Sexta-feira, Março 26

Mondobrutto especial Punk.

Gracias ao J. xa caeu nas miñas mans o nº 31. E xa van tres artigos lidos: "Sangre y óvulos. La regla, revisitada", "Televisión Basura" y "¡Dios salve al Duque de Lugo!". Foron os que primeiro chamaron a miña atención. Seguiranlles: "Muñecas Putas", "Galletero Pop. El imperio de la ceja depilada" e "Siouxsie. Retrato de una mujer grande".
Cada número é un acontecemento.

"Ha llegado la hora...del respeto radical a las opciones sexuales...de la igualdad radical entre sexos" ZP

Ai, ai, ai, que nos queren meter na Europa, 'y yo con estos pelos'!

Gente quer se ver/no jornal, na geral/na radio, na Tv
Fatos e Fotos (Fernanda Abreu / Lucas Santtana)

Contraportada d'ANT desta semana: Entrevistan a unha membra da base social conservadora, con motivo do resultado das eleccións. Ela espraíase. Sempre me fascinou a capacidade que teñen algunhas persoas de topar a lóxica máis disparatada para explicar todo tipo de acontecementos. Non é que non lle falte razón á xente que vai máis alá da lóxica cartesiana, pero hai quen se pasa. Hai cerebros que son auténticos receptáculos de lendas urbanas e bizarrismos varios. Ademáis a ignorancia é moi atrevida. Non me quero imaxinar que pode chegar a pensar esa señora poñamos por caso, da comida ecolóxica. Que lle fagan unha entrevista en profundidade, por favor!
(Poñerse calada é sempre unha recomendable medida de prudencia. Aínda que eu tamén a desatenda cada vez que escribo no bló.)

Quinta-feira, Março 25

Curry, curry, my season(ing)

Inspirado pola tía Alicia eu tamén me vou aventurar na apoloxía da cociña fácil. Vou falar do curry. En primeiro lugar dicir que penso que debería usar o nome portugués deste condimento, caril. Despois de todo foi vía Portugal como chegou por primeira vez a estes lares. Que é o caril?. O caril segundo dí o meu mini-aurélio é un 'condimento indiano en pó, amarelo'. E tamén 'o molho feito con ele'. En realidade o caril é unha mestura dunha ducia de especias, case todas exóticas por aquí, que se poden combinar de mil maneiras. O máis común é toparnos directamente coa mestura xa preparada. Para descubrir as distintas variedades hai que acudir a clubes-de-non-sei-que-grumetes e sitios polo estilo. O mellor que ten o caril para min, aparte do rico que está, é o fácil que é cociñar con el. Botesllo ao que llo botes (polo, vitela, gambas, ovos, verduras, outras carnes...) quédalle ben a todo. O arroz branco é un acompañante ideal. Así de sinxelo. Normalmente unha base de cebola e allo, o ingrediente principal, o pó de caril, auga ou outro líquido, e xa está. Desas comidas que pode facer calquera en media hora, preparación e cocción incluida. Non vale a desculpa de que non se sabe cociñar. Experimentade queridas e queridos.

Quarta-feira, Março 24

O que máis me gusta é o nariz...

... e tamén a súa barba, e eses lunares na idem que seica teñen un nome pero xa non me acorda... Dentro dos brancos medio famosos gústame este. Guapo, ben feito, xuvenil, foi no seu tempo skateboarder profesional, logo actor (gañou o Independent Spirit Award como mellor actor de reparto en 1997), está casado cunha muller, ten unha compañía de skateboard, vive nos usa, sae no meu aparato de tv...
Ai, isto é como volver ser adolescente. Eu tamén quero ser redactor de 'Rapazza'!

A caída dun deus.

... Ou de como as fantasías sempre son máis potentes do que a realidade.

A nobre tarefa de molestar un pouco.

Voume perder as conferencias e os filmes no CGAC, pero aínda así non podo deixar de falar do Situacionismo.
Traduzo da contraportada da edición en castelán do libro 'Guy Debord' de Anselm Jappe (Anagrama, 1998): "En certas épocas créuse no poder do pensamento crítico. Polo contrario, na nosa época -i.e., nos últimos decenios da Europa occidental- considerouse aos seus pensadores, e xeralmente non sen razón, xente totalmente inofensiva. Entre as poucas persoas xulgadas de todo punto incaceptables tópase sen dúbida Guy Debord. Durante moito tempo despertou maior interese na policía que nos órganos que se encargan da difusión do pensamento. Pero, malía a todo, as teorías elaboradas por el e os seus amigos, os situacionistas, comezaron a espertar a atención da época. Desde entón obsérvase outra técnica de ocultación: a banalización. Hai poucas ideas de autores contemporáneos que foran utilizadas de maneira tan deformada, e polo xeral sen mencionar sequera o seu nome...
... o lugar de Debord no pensamento moderno: a súa volta aos conceptos marxianos máis importantes e máis esquecidos e a súa importancia fundamental no ámbito do pensamento crítico
."
E tamén traduzo do artigo titulado 'Humor no terrorismo cultural' que a Señorita Grace e o Señorito Galactus escribiron no número 30 do MondoBrutto: "... Digamos simplemente que o seu Movemento coñecido internacionalmente como "Situacionismo", viría a ser, con perdón, un 'patchwork' das correntes estéticas máis 'guays', as ideoloxías máis fascinantes e modernas e o pensamento máis disparatado. Unha escola de pensamento 'al calor del amor en un bar', como pouco. Porque a Guy lle pasaba como a tantos outros, que acostumamos estar máis lerchos cando alternamos. Daquela maneira, Guy e o seu círculo de chispas defendían unha posta en práctica dunha serie de conceptos como a "deriva", o ámbito do "psicoxeográfico", o "letrismo", os "mapas mentais" e a "acción directa", para provocar. Si, para provocer un cambio interior a escala social, unha especie de revolución de estetas, de campións de chamaren a atención, caracterizadas por unha serie de mises en scène de corte epatante-canalla, como cambiar os sinais de tráfico, o nome das rúas, facer pintadas estúpidas, aparecer en actos públicos facendo o parvo...Ben, isto é o que ficou de todo aquilo, agora que Debord e as súas cousas son extraordinariamente apreciadas polos máis novos, como unha tendencia de moda, tal como dicir que 'mola' a escatoloxía ou un bar, ou algo así... Non recorda ninguén que, nun principio, o Situacionismo foi un movemento esquerdista destructivo coa propia esquerda, de acoso e derrubamento da estructura social, de denuncia da cultura dominante e os seus necios productos, entre os que se topan as propias vangardas anteriormente mencionadas e, en resumo, unha cousa politica e como revolucionaria...."

Terça-feira, Março 23

Ostía, Situacionismo no CGAC.

Fico-'anonadada' (i.e. pampa)! (máis en breve)

Democracia en acción.

Perdoade por ser pesada. Vou falar outra vez da Beeb. Non só produce unha ampla variedade de programas de calidade, senon que ademáis presta servizos: ten un fantástico portal, e nel, aparte dunha chea de información de todo tipo... anima a protestar. Así como volo conto: iCan é unha páxina web da BBC deseñada para axudar á xente británica a facer cousas sobre asuntos que lles inquedan nas súas áreas. Axuda práctica para problemas comúns.
A Beeb sobre ela mesma: "A BBC existe para enriquecer as vidas da xente con bos programas e servizo que informan, educan e entreteñen. A súa intención é ser a organización máis creativa e creible do mundo". Se tan só, e digo tan só, algunha das organizacións que nós pagamos se achegara un pouquiño ao seu exemplo, xa sería por demáis. Pero non me quero facer ilusións.

Westerns

Onte á noite non tiña nada mellor que facer que tirarme no sofá e ver algo na tv. Botaban un western, coma os dos sábados pola tarde da miña infancia. Quixen miralo e non puiden. Non puiden porque todo se facía tan vello: racismo, sexismo, imperialismo, e demáis parvadas. E iso que o filme en cuestión foi un intento do carca do John Ford de reflexar á súa suposta consciencia social. Pero claro, xa choveu tanto (por nós) que xa non hai maneira de que tragar algo así. A pesar da promesa de posibles imaxes fermosas.
"It seems probable that Westerns simply no longer relate to the sociocultural conditions of the new millennium. They tend to be either irrelevant or simplistic". Agora prefiro pensar en 'The Man Who Fell in Love with the Moon' cando lembro o far west (verdade Puerquito?). Non dicían que alguén podía estar interesada en facer un filme con el?.

Segunda-feira, Março 22

Ô coisinha tão bonitinha...

Você vale ouro, todo o meu tesouro
Tão charmoso da cabeça aos pés
Vou lhe amando, lhe adorando
Digo mais uma vez
Agradeço á Deusa por que lhe fez
Charmoso, tão dengoso... que só me deixa prosa
Tesouro... que vale ouro
Agradeço á Deusa por que lhe fez
(De Jorge Aragao, Almir e Luis Carlos, "Coisinha do pai" foi gravada orixinalmente por Beth Carvalho no LP 'No Pagode', 1979. En 1997, a enxeñeira brasileira da Nasa, Jacqueline Lyra, programou esa gravación para activar o robot da sonda espacial Sojounerum, en Marte)

And now... the end of cool!

Pechan The Face. Agora si que digo eu "Sic transit gloria mundi".
"...hay unos tipos, los cool-hunters, los “cazadores de lo guai”, que se dedican precisamente a eso, a buscar lo que mola pero que aun no genera beneficios a nadie, lo ven, lo cazan, y se lo venden al capital para que saque beneficio, para que se globalice aun un poco más... así ha pasado con el hip-hop, con el arte político, en fin... Claro, siendo esto así, hay gente que se echa las manos a la cabeza y dicen que no hay nada que hacer, que todo está tomado, comprado y vendido..." SCCP.org.
"In the early 1980s, it was de rigeur for anyone in the cool brigade. As well as championing every movement from the new romantics to avant garde artists, it revolutionised magazine publishing. At the time, the music market was dominated by Melody Maker and New Musical Express, but the Face made style and graphics as important as its journalism. Its founding art director, Neville Brody, became one of the world's most influential graphic designers." The Guardian.



Domingo, Março 21

Oh, yes!

Característica relaxación que acostuma suceder a unha intensa actividade física ou sexual.
(The oldest surviving example of monumental homoerotic art in existence)

Desde que o samba é samba.
.
O samba é pai do prazer,
O samba é filho da dor,
O grande poder transformador.

Sábado, Março 20

Cha, cha, chá!

Ata 45º ao norte e ao sur do ecuador. Camellia Sinensis e mulleres a apañar as súa follas. Unha das poucas actividades da agricultura industrial que aínda se fai a man. Non demanda moita imaxinación deducir que salarios de miseria terá esta xente, que traballan ata chegar a xuntar uns trinta quilos por día. Ao outro lado do enorme funil que nos separa aos haves dos have-nots aquí estou eu coa miña cunca de té. Marabillosa beberaxe que une aos pobos da terra (menos ao de aquí, que só a toma cando lle doe a barriga!).

The Golden Path.

As I walked along
The supposed golden path,
I was confronted,
By mysterious spectres.
They pointed to the graveyard,
Over on yonder hill.
I paused in cosmic reflection,
Confused and wondering
Of how I came to die.
(The Chemical Brothers)

Sexta-feira, Março 19

Bizarros!

«Hay más gozo en dar que en recibir»
Como sempre a realidade supera á ficción. Non sei, haberálle que preguntar á súa parella!

Diamante Verdadeiro

Meu ambiente é o que se instaura de repente
Onde quer que chegue, só por eu chegar
Como pessoa soberana nesse mundo
Eu vou fundo na existência
E para nossa convivência
Você também tem que saber se inventar
(Caetano Veloso)

Quinta-feira, Março 18

Chinesas felices!

Aínda non coñezo ben 'La fiambrera obrera de Madrid' pero me ten unha pinta estupenda. O seu 'Sabotaje contra el capital pasándoselo pipa' é impagable, e 'Yomango' saiu ata no Interviú, pero claro, como eu non leo eses medios (menos cando mo indica a señora María), non me entero. Particularmente agradecido estou á súa inciativa 'Desobediencia Peatonal'. Vivindo como (sobre)vivo en Cidade Monstr'osa, non podo menos que desexar que esta xente madrileña (ou murciana) se acorde e compadeza de nós.

Quarta-feira, Março 17

Condominio Fechado

A BBC estrea esta noite unha serie de documentais sobre a posible evolución da sociedade británica de aquí a dez anos. (Bendita BBC!). E así como leo con sorpresa que os condominios fechados xa existen no centro de Londres. Ata agora este tipo de urbanizacións, con rúas e equipamentos propios, rodeadas de muros para evitar que entre a xente pobre (coa súa violencia e o seu non-saber-estar), eran propios dos paises 3ºMundistas e das áreas suburbanas máis americanizadas, pero semella que xa están aquí. E o NewLabor-ista ministro do interior dálle a benvida: "Hai que extendelos alén das clases máis privilexiadas, para mellorar a seguridade e a cohexión social (sic)". É dicir, unha reproducción a pequena escala do que o 1ºMundo pretende facer co 3º: Deixalo da parte de fora do muro. Xa sabemos (e veremos) como mellora iso a seguridade e a cohexión social.
Pero hai unha cuestión tanxencial a esta na que estou moi interesada: as comunidades intencionais. Comunidade intencional é un termo que engloba desde aldeas ecolóxicas, cooperativas de vivendas, de estudantes, comunas, e outros tipos de proxectos polo estilo. O certo é que arrexuntarse e illarse sempre foi un bo método de supervivencia (á vez que perigoso) cando es perseguida: tanto a xente escrava (quilombos), como a xudea (guetos), como a gai (guetos) creou os seus propios espacios de liberdade. A xente rica tamén sempre se tivo que protexer. Agora semella que máis que nunca.
P.S. Para cando un gueto de xente consciente dentro do país-en-descomposición. Ou é certo que hai que marchar?

Feliz San Patricio

"I'm going back, going back/To my own ones/Back to talk, talk awhile/With my own ones./For the world is so cold./Don't care nothing for your soul/You share with your own ones." (Van Morrison, Irish Heartbeat)

Terça-feira, Março 16

Glacier Express.

O percorrido en tren máis perfecto do mundo? (Como saben en Suiça facer as cousas. Para algo levan séculos tendo conta dos cartos roubados noutras latitudes!)

Pimentinha.

Tiro ao Álvaro (Adoniran Barbosa e Oswaldo Moles)
De tanto levar frechada do teu olhar
Meu peito até parece, sabe o que?
Táubua de tiro ao álvaro, não tem mais onde furar
Teu olhar mata mais do que bala de carabina
Que veneno estriquinina
Que peixeira de baiano
Teu olhar mata mais
Que atropelamento de automóver
Mata mais que bala de revórver

Segunda-feira, Março 15

Funkeir@s.

Entérome finalmente (vía Inglaterra), e por mor dun anuncio dun carro, do que é o Funk do Rio: "Para moitos observadores, o funk remprazou ao samba como sonido oficial do Rio. 'O samba era moi importante cando comezou porque lle daba un sentimento de comunidade ao bairros pobres... O funk -como o Samba- é o orgullo da Favela. Música da xente pobre, e das bandas armadas que controlan as favelas. Non é o que se entende por funk no resto do mundo, é unha collage de baixo à la Miami (un son espartano, sincopado e cun baixo latexante) mesturado con rap. Unha anti-música feita con máquinas moi simples, case sempre cos mesmos ritmos e sons, e cunha interpretación sen gracia. Letras cruas e de temática sexual.
O Funk é unha cousa do Rio, non se extendeu a outras grandes cidades do Brasil... en Sao Paulo, @s rappers falan da pobreza e da cuestión racial. No Rio sobre drogas e sexo.
A tv brasileira botou hai pouco unha serie sobre o Funk, feita pola mesma xente que dirixiu 'Cidade de Deus'.
O xénero incluso ten representación política: unha tal Mother Blonde ficou terceira nas eleccións locais do Rio defendendo os dereitos d@s funkeir@s."

A baiana dança e se diverte... e a senhora Dot também!

"...
Apesar de você
Amanhã há de ser
Outro dia
Inda pago pra ver
O jardim florescer
Qual você não queria
Você vai se amargar
Vendo o dia raiar
Sem lhe pedir licença
E eu vou morrer de rir
Que esse dia há de vir
Antes do que você pensa
..."
(Apesar de Você, Chico Buarque)

Domingo, Março 14

Vaite co demo!

Ten razón o señor Suso: Agora tócalle marchar á momia.

Luz ao final do túnel?

Pensar que había de chegar o día no que me alegrase de que gañen os sociatas!

Durmir e soñar cun cambio de réxime.
.
Paralelismos?

Sábado, Março 13

A súa guerra, as nosas mortes.

Á xente que protesta en Madrid: Gracias!

Sexta-feira, Março 12

Matar na 'Góndola do Pobo'

Non hai lóxica posible no horror do que aconteceu, fora da tolemía dalgunha xente que está en guerra. Pero sempre hai explicacións, e por suposto, hai quen debera estar obrigado a dalas: 'Quén e por qué atenta nun tren suburbano, e porqué non se evitou que isto pasase? Non están as autoridades para nos protexer (xa non digamos para non nos expoñer a máis riscos)?
Apaixóname o transporte urbano. Madrid ten unha das mellores redes que eu coñezo. O transporte colectivo é o sistema de transporte máis democrático, xusto e ecolóxico que existe. A xente que o usamos somos, polo xeral, a xente con menos poder na sociedade. Os poderosos acostuman usar o seu propio sistema de transporte privado, desde o coche (blindado) ata o jet. Matar á xente menos poderosa sempre foi o máis fácil. E o máis vil que existe. En Madrid ou en Bagdad. Non aturo a conmiseración dos poderosos, sobre todo cando nas súas mans estivo e está, en grande medida, evitar que cousas así acontezan.
Volta e dalle: Non á guerra.

Quinta-feira, Março 11

Barbarie e Luto.

A primeira vez que sinto como propio un luto nacional. De calquera nación.

No pasarán! A defender as nosas liberdades (comezando pola vida)!

Os fascistas (sexan os que sexan) volven matar entre o pobo de Madrid. No transporte público. Cobardía sen límite. O que nos espera!

Quarta-feira, Março 10

French & Saunders.

As boas cómicas. (E as boas músicas). Benditas sexan! Gracias a elas vívese mellor. Procurémolas alá onde estean! Estas dúas mulleres son xenios. Como é posible que se nos prive delas?
Só na defunta RPT2 se podían ver de madrugada comedias británicas. Agora no Canal2, pero só en Portugal e áreas de influencia. Que pasa no resto da Ispania? Acaso o humor intelixente entorpece o normal funcionamento do seu capitalismo? E que senon, non o entendo.
Non disfrutamos todas coa 'Vívora Negra', cos 'Novos', e as que imos máis vellas, con 'Os Roper' e 'O auxe e caída de Reginal Perry'? Porque ás tv galegas ou spañolas xa non lles interesan estas series?. Os seus directivos pensan que son demasiado inintelixibles para as espectadoras?. Recoñecidas en medio mundo e ignoradas aquí. Autarquía e raquitismo cultural.
A excepción: están a botar Absolutely Fabulous en Localía, os sábados á tarde. Para non perder. E hoxe 'Hay motivo' ás 23.30. Isto xa non é de chiste.

Where did you get those eyes?

Maña de chuvia. Hoxe Gótico.

Terça-feira, Março 9

C'est comme ça!

(Falloume o 'borramento'. Menos mal que teño a miña propia cabeza borradora.)
Hoxe acordeime da música desta xente. Excepcionais! Marabillosos!
Eu son dos que non saben francés. Pero alguén xa me dixo que as súas letras son moi boas. A Catherine encántame. E o Fred tamén. Se o outro día falaba que apenas sei nada do pop galego, pouco máis sei do francés. Ou si?. Nos tempos nos que eu estaba atento, cheguei a escoitar algo de Étienne Daho, La Fiancée du Pirate, Guesch Patti, Niagará e xente así, gracias a Rafael Abitbol, que iluminaba daquela as colonias do mundo exterior. Agora só coñezo a Alizee.
Incluso despois de Daft Punk, Air e demais, Les Rita Mitsouko seguiron a ser os mellores. Por certo, teñen novo disco este mes.

Segunda-feira, Março 8

"Borramentos" e psicólogos.

Con este estraño nome seica se engloban moitos dos meus contactos sexuais: "Algúns **** buscan relacións sexuais fugaces..., que teñen como características principais o anonimato e a imposibilidade de continuidade. Evítase coñecer o nome, as señas ou calquera outro dato das persoas que interactuan: non se identifican." Ou usan nomes falsos, como o do outro día. O artigo aparece na sección de psicoloxía da Zero. Número interesante este de marzo. Por un lado fan apoloxía do ligoteo por internet, e polo outro falan deses 'borramentos' con ton de desaprobación (angustia, depresión, mala racha, armario, narcisismo, sensación de vacio, necesidade afectiva, utilización...). De todo iso pode haber, pero non neceariamente.
Agradezo que se fale destes temas (e a información profesional), pero boto en falta que se fale do aspecto que me parece máis positivo, e que fai que esa interacción sexa tan popular, máis alá da "satisfacción de necesidades narcisistas": Cada día a xente ten menos ganas de que a outra xente lle dea a bara. Iso é bo ou malo?.
P.S. Como se nota que mañá teño unha cita cun "borramento". E que no test de 'que muller de Sex and the city es ti?' me deu Samantha.

Domingo, Março 7

KGB

Díse que ninguén está a máis de seis graos de separación de calquera outra persoa neste planeta. Neste país pequeno, debemos estar a tres cuartos de grao. O caso é que, sendo pouco prudente, a señora Dot preguntou, a fontes normalmente ben informadas, se alguén vira a crista de Cesare onte á noite, antes de se poñer a preguntar a todo 'cristano' que topara diante: "Perdoa, ti es Cesare?". Simple curiosidade.
A pesquisa: Datos de partida: crista+Aturuxo. Resultados: nome, apelido e número de teléfono. Moito mellor que o Google. Onde vai parar!
Exímome de calquera responsabilidade (agás da de apuntalo raudo e veloz) polo feito de ter ese número persoal.

Sábado, Março 6

...everything that you said rings true!

"Cuarenta millones de esp*ñ*les y esp*ñ*las no pueden vivir el sexo a través del coño ortodoxo de Ana Botella. ¡Basta ya!".Xa lín o artigo da Zero. Aínda non lin o que dín @s opinador@s, agás a Mili e o cura (suspendido a divinis) Mantero. A Mili sempre fala ben.

Sexta-feira, Março 5

Y a mi me habló la televisión...! (Malditos actores)

Unha é tan exquisita, que pretende que non é deste mundo, i.e., que non vive no maremagnum cultural do estado spañol (ughhh!). Non lle presta atención a case nada, e claro, depois pasa o que pasa.
Esta é a historia:
Sae soa unha noite. Bebe máis g&t do que acostuma. Fai o parvo cun ex-auxiliar de vó, e cando xa están todas as instruccións dadas para despegar, vai e decide que non. Non, porque en terra hai algo moito mellor que lle dí: "Ola". A partir de aí, non recorda ben como se desenvolven os acontecementos. Só recorda esforzarse en lle dar correctamente o enderezo ao taxista e, voilà, está cun antropólogo e aprendiz de actor chamado X.
Na despedida estaba un pouco bébeda, pero non o suficiente como para non lle solicitar o número do móbil a aquel interesante galán. (Non llo deu.)
Pasan os días, as semanas, e non fica máis que un leve recordo do antropólogo. E de súpeto, se topa con el na tv. 'Non! Pero este non era aprendiz? Que fai aí?'. Haberá que esperar aos créditos para averiguar se é certo que é el. Ao final do episodio non hai créditos. Programa o video para non perder a repetición, e á maña seguinte: 'Gravou todo en negro!'. Ata que descubre que o aprendiz de actor é en realidade un experimentado actor que nen se chama X., nen se sabe que sexa antropólogo, nin santiagués, nin gai, nin nada.
Aínda así, unha prefire que lle pasen estas cousas, a saber do maremagnum ese.
Atentamente, Feliz na Ignorancia.
P.S. Deixade que o vexa outra vez!

The last of the famous international playboys!

O corpo do playboy Jorginho Guinle foi enterrado no final da manhã desta sexta-feira no cemitério São João Batista, em Botafogo...Guinle sempre esbanjou muito e não trabalhou.

Moito Les McQueen?
Supoño que é o que ten vivir nun país pequeno e do segundo mundo. E ademaís gobernado por quen goberna. Que produccións musicais temos? Teño que recoñecer que non son un experto, nen estou moi atento. Mellor debería poñerme calado, pero non. Gústoume moito o artigo que escribiu o outro día a señora María. Eu tamén, 'en calidade de público, que outra non teño', pregúntome: Existe esa demanda da que fala? Gustaríame pensar que si. Pero, alguén consultou as pirámides poboacionais e os datos socioeconómicos? En vista deles, quizais a demanda xa estea cuberta coas excelsas produccións spañolas. A señora María queixase da regurxitación, pero parece optimista. Eu non. Eu son como os do Mondobrutto, e confórmome: 'Isto é o que hai'. E non constrúo país. E miro para outro lado. Abandono. Sei que non é moi edificante, pero antes de esperar a que mellore a triste realidade de Monte Medulio, escapo e vou (sobre)vivir coa xente escrava da Roma (negra). Efectivamente, alí si que vai un sol de carallo!.

Quinta-feira, Março 4

O que temos que facer algunhas para nos sentir queridas!

Atopei instructivo e interesante hoxe un artigo no Guardian, que comeza así: "It's common to assume that what motivates people to work hard is principally money. But it might be fairer to say that the most powerful of all our motivations is a search for a rather elusive and rarely mentioned quality: status!. To have status is to feel "loved". Perhaps we could define love, at once in its familial, sexual and worldly forms, as a kind of respect, a sensitivity by one person to another's existence."
En canto ao dano que nos poden facer os blós, estoutro.

Huapo.

Eu quero ser coma ela. (Pero hai que ser moi lista!)
Esta é Germaine Greer. A foto é de hai unha morea de anos. Agora xa ten 65. Estoulle a ler 'O Rapaz'.

Quarta-feira, Março 3

I'm black and proud! Non coma outros?

Esta é a nova portada dese medio, editado por unha empresa. É raro ver facer política progresista ás empresas, pero xa hai tempo que a Naomi Klein nos avisou que incluso parte do patriarcado se pode tornar funky. Parabens polo funk, entón!
A conto disto non podo deixar de volver citar ao meu recente e felizmente descuberto Vale de Almeida (espero que a el non lle importe): "Há certos assuntos, normalmente de ordem legislativa relacionada com os direitos, que constituem autênticas "charneiras sociais", i.e., dilemas ou debates cujo desfecho pode ser decisivo para uma sociedade ir num sentido ou noutro. O casamento entre pessoas do mesmo sexo e a possibilidade de adopção por casais do mesmo sexo são um deles. Mas outros há, noutros campos (e penso em Portugal, sobretudo): o direito de voto para imigrantes ou de obtenção imediata de nacionalidade para os seus filhos; a obrigação de paridade de género e a descriminalização do aborto; e tantos outros no domínio dos direitos do trabalho, sociais e de implementação do estado providência.
Mas o que é especialmente fulcral nos direitos lgbt é que mexem directamente na teia mais apertada das mentalidades: porque mexem com o sexo, o género, os afectos, o corpo, a reprodução, a família... o "assunto" está a tornar-se central na política contemporânea"
Eu concordo totalmente.
Non teño unha postura moi sólida sobre o outing. Supoño que me inclinaría por el, como fixo Outrage coa igrexa anglicana, cando se trata dunha personaxe que elexiu ser pública, e que ten actitudes homófobas, ou que actúa de maneira contraria aos dereitos da xente rara. Claro que enfrontar a esa xente ás súas propias contradicións, á súa hipocresía e ao seu auto-odio, pode acabar só beneficiando ao resto da xente homófoba, como os que se rín co comentario de 'mariposón', e non á liberación. Ou si?. Complicada cuestión esta tamén.
Aínda así moi pertinente a portada. O especial aínda non o lin.

Terça-feira, Março 2

Asociacionismo elegebeté en Cidade Monstr'osa.

Antigo asociacionismo elegebeté en Cidade Monstr'osa.
.
O asunto de nos asociar para tentar mudar o estado das cousas daría para moito que falar. De feito ("Zero á esquerda"+comentarios). Agora coas boas novas da constitución da primeira federación de grupos lgbt nesta parte decadente da Europa, non podo evitar volver reflexionar sobre a miña experiencia, breve mais intensa, no tema. A triste conclusión foi descubrir un grande déficit democrático no funcionamento interno deses grupos. A grande decepción foi comprobar como para algunhas persoas, o interse máis alto ao participar nesas organizacións, era o interese propio (acrecentar curriculums, rídiculas cotas de poder, velados intereses económicos, igualmente ridículos...). Moita xente reaccionaria travestida de progresista, e moita falta de educación democrática... o suficiente como para desalentar a calquera. E iso, xusto en organizacións que pretenden defender a igualdade de dereitos. É un mal xeral, supoño. Non quero pensar como son os partidos políticos. Que facer entón, se un quere facer algo. Nin idea. Supoño que como dí o Vale de Almeida: "O meu ideal de um movimento lgbt...é um ideal de diversidade e múltiplas funções: grupos de ajuda, grupos em partidos, grupos apartidários, grupos de acção directa, grupos culturais, grupos académicos, corais, equipas de futebol, condomínios, cooperativas, lojas, you name it." Benvida sexa a diversidade na loita pola diversidade!

This page is powered by Blogger. Isn't yours?